Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera
 









 
 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZOCOOP
 
[ 28 de marzo de 2025 ]
 
                                                                            
                                                   
 
 

Presentada a Academia Factoría da Economía Social "EspazoCoop-Impulsa"

A xornada de presentación da Academia Factoría da Economía Social, organizada pola Unión de Cooperativas EspazoCoop, celebrouse no Polo de Emprendemento de Vilanova de Arousa cunha notable participación e interese por parte do público asistente. O evento serviu para dar a coñecer este novo programa da programación da Rede Eusumo, que busca fortalecer as habilidades das persoas emprendedoras no ámbito do cooperativismo e da economía social en Galicia.

O acto tamén contou coa presenza da directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social da Xunta de Galicia, Marta Mariño, do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, e o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán.

 
Saber máis


 

EspazoCoop participa na Feira de Ideas 2025 do Concello da Coruña

Un ano máis Inicia, o proxecto de difusión da cultura emprendedora, organiza a Feira de Ideas no Fórum Metropolitano da Coruña o vindeiro luns 31 de marzo a partir das 10 h., en horario de mañá e tarde.

A Unión de Cooperativas EspazoCoop, que participa na Feira deste ano, intervirá nas actividades da tarde e na entrega dos Premios Formación para Emprender. Trátase dun evento impulsado dende o Concello da Coruña.

A Feira estará aberta ao público xeral e especialmente á comunidade educativa da Coruña que participa no Programa Inicia.

Saber máis



 

"Emprendementos que inspiran. Industrias culturais e creativas"
Ciclo de webinars de CULTSOS

No marco do proxecto CULTSOS -cultura social e sostible- , do que EspazoCoop fai parte, e en colaboración con REDEL, GARAPEN organízase un ciclo de webinars dirixido ao sector cultural e creativo co obxectivo de ofrecer a oportunidade ao sector de coñecer novos proxectos, promover a aprendizaxe para mellorar a competitividade do sector e poñelo en valor.

O vindeiro webinar celébrase o xoves 10 de abril de 10 a 11 h. e presentarán os seguintes proxectos Roser de Foc e ElectrART.


Saber máis


 

Subcríbete ao boletín do proxecto Ec4Rural


Ec4Rural é o programa europeo no que participa EspazoCoop para fomentar a transición enerxética limpa no rural a través de comunidades enerxéticas, liderado pola Universidade de Vigo, e integrado ademais pola Universidade de Tartu (EE), a Federación Galega de Municipios e Provincias (ES), a Asociación de Cidades e Municipios de Estonia (EE), a Axencia Rexional da Enerxía de Tartu (EE), Sapiens Enerxía (ES), a Unión Leader de Estonia (ELU), EspazoCoop Unión de Cooperativas Galegas (ES), Fundación Juana de Vega (ES) e a Asociación Europea Leader para o Desenvolvemento Rural (BE).
 
O papel de EspazoCoop no proxecto é contribuír a sensibilizar, dinamizar, formar e acompañar ás persoas dos concellos rurais de Galicia que promovan comunidades enerxéticas organizadas baixo modelos cooperativos e de economía social.

Suscríbete á newsletter e non te perdas as últimas novas, eventos, publicacións e outras actividades de EC4RURAL. Suscríbete aquí



 


Axudas


Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas. As asociadas podedes consultar as diversas referencias de axudas e acceder ás súas bases neste enlace: Axudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).

 

 



Licitacións
 
Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).
 

 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Praza do Papagaio s/n (Accede Papagaio). 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|República do Salvador 3, 2º D. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Marqués de Valladares 14, 2º. Oficinas 4-5. 36201|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO