O rexistro ao Día da Economía Social Galega continúa aberto
ForoESGal, o Foro pola Economía Social Galega, do que EspazoCoop fai parte, celebrará o vindeiro 16 de xuño, un ano máis, o Día da Economía Social Galega, unha xornada para pór en valor o sector e analizar os retos e desafíos futuros.
O Día da Economía Social Galega, organizada por ForoESGal, reunirá en Santiago de Compostela no Hotel Puerta del Camino ás familias máis representativas do sector para compartir, reflexionar e poñer en valor a economía social.
Prazo de inscrición: antes do 13 de xuño 2025.
Saber máis

Xornada: Talento Cooperativo, 19 de xuño Vigo
A Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop celebrará o xoves 19 de xuño a Xornada Talento Cooperativo, no Salón de Actos da Facultade de Comercio da Universidade de Vigo en horario de 10 a 12.30 h., e inscrición á mesma xa está aberta.
O evento, aberto ao público, tratará e informará sobre Talento Cooperativo, un programa de fortalecemento para mellorar as áreas de xestión das empresas de economía social galegas, que se artella a través da concesión de bolsas de apoio xerencial aos colectivos destinatarios do programa.
Talento Cooperativo facilitará a incorporación de persoas formadas en xestión empresarial, con coñecementos específicos sobre cooperativas e outras fórmulas da economía social de cara a fortalecer a xestión empresarial e a función xerencial das organizacións beneficiarias dunha bolsa.
Programa no marco do programa de actuación 2024-2025 da Rede Eusumo (Xunta de Galicia) e do Proxecto Poctep ES_Factory (FSEplus - Cepes).
Saber máis

O programa Consolida+ de EspazoCoop xa ten dispoñible a súa formación en liña
O Programa Consolida+ Consolidando ás Cooperativas da Unión de Cooperativas EspazoCoop, realizado no marco da programación 2025-2026 da Rede Eusumo, asesora e acompaña en procesos de consolidación e mellora de cooperativas que integran a base social da Unión de xeito gratuíto.
O programa ten a disposión un recurso formativo na plataforma de teleformación da Unión de Cooperativas, o curso en liña “Ferramentas Básicas de Xestión Cooperativa” (20 horas), sobre organización societaria e xestión empresarial en cooperativas, co que as usuarias de Consolida+ refrescarán aspectos básicos do modelo cooperativo, sempre que sexa recomendada a súa realización polo persoal técnico do Programa. O curso tamén estará aberto a outras cooperativas interesadas, sempre que haxa prazas dispoñibles.
Saber máis

EspazoCoop asistirá a vindeira semana ás Misións Comerciais en Bilbao e Madrid do proxecto CULTSOS
Xa están en marcha os eventos que se celebrarán este mes de xuño no marco do proxecto CULTSOS: Cultura Social y Sostenible. CULTSOS é un proxecto que busca impulsar a innovación, a competitividade e a resiliencia do sector cultural a través do fomento da Economía Social e a aliñeación cos Obxectivos do Desenvolvemento Sostible (ODS) da Axenda 2030.
Os días 10 e 12 xuño, en Bilbao e Madrid respectivamente, participará unha delegación de cooperativas asociadas á Unión: O Cable Inglés S. Coop. Galega, Tako Group S. Coop. Galega, Urdime S. Coop. Galega, 7H Cooperativa Cultural e Xeitura S. Coop. Galega.
Saber máis

Reserva data!
Encontro Networking cooperativo "Tecendo Rede"
1 de xullo en Coruña
Un ano máis, EspazoCoop desenvolverá un convenio de colaboración co Concello da Coruña para fomentar o cooperativismo e a economía social. Neste marco, o vindeiro 1 de xullo organizamos o Encontro Networking cooperativo "Tecendo Redes" cuxos obxectivos son: fomentar o coñecemento mutuo e os vínculos entre cooperativas do territorio, explorar posibles sinerxías e vías de colaboración realistas, reflexionar colectivamente sobre dúas temáticas estratéxicas de intercooperación (colaboración entre cooperativas) e a colaboración coas administracións públicas (licitacións, contratos menores, convenios, etc.).
O encontro será conducido por unha dinamizadora con ampla experiencia. A partires das 12:45 servirase un petisco para continuar co networking informal.
Reserva data e praza!, xa está aberta a inscrición aquí

Axudas