Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera

 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
 
[ 25 de Novembro de 2022 ]
 


 

ES-MENTORING [Rexistro aberto]
[ Acompañamento á economía social ]

ES-MENTORING diríxese ás empresas e organizacións que teñen unha necesidade específica e están interesadas en recibir orientación ou asesoramento.O rexistro para solicitar Mentoría está aberto ata completar as prazas do servizo. O rexistro para ser Mentora na 1ª edición de ES-Mentoring está aberto ata o 25 de novembro de 2022 ás 14 h. 
O programa é unha iniciativa de mentorización novidosa desenvolvida conxuntamente entre Agaca e EspazoCoop, co apoio da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade co fin de apoiar e consolidar ás cooperativas e entidades de economía social galegas.  Ler máis




Axudas a Pemes e ao emprendemento no PEL da Deputación da Coruña
[ Xornada online ]

Xoves 1 de decembro | EspazoCoop convida a participar na Xornada "Axudas a Pemes e ao Emprendemento no PEL da Deputación da Coruña", que se celebrará o xoves 1 de decembro de 10 a 13 horas en modalidade online.

Nesta Xornada vanse  presentar as liñas de axudas para pequenas e medianas empresas que se promoven no Plan de Emprego Local (PEL) da Deputación da Coruña, tratando as oportunidades que representan para as cooperativas, as necesidades de mellora que se teñen detectado para as mesmas, boas prácticas e un networking. A inscrición xa está aberta. Ler máis




A economía social amosa no Culturgal a súa aposta por un futuro sostible

Do 24 ao 27 de novembro, no Pazo da Cultura en Pontevedra, e baixo o lema "15 anos cos fíos da cultura", a Feira das Industrias Culturais de Galicia 2022 volve cunha completa programación, destacando que acollerá o Stand Economía Social de Galicia promovido dende a Secretaría Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social. No expositor nº 66 terán presenza conxunta cooperativas e empresas de economía social coas súas ofertas e propostas culturais (11 cooperativas e 1 sociedade laboral): DezdeDez s.l.l. e as nosas asociadas 7H Cooperativa Cultural, Ben Curiosa, Catro Ventos Editora, Cru Producións, Maga de Voz, Miraxe, Miudiño, Noso, Suseia, Urdime e Xarda.
Ademais, a Sectorial de Cultura de EspazoCoop organizará neste Stand un encontro profesional para as súas integrantes, será o venres 25 en horario de mañá. Ler máis





Enquisa | Proxecto "Xuventude e Cooperativismo"

Dende a nosa Confederación estatal Coceta, animan ás persoas xóvenes tanto de cooperativas socias de EspazoCoop como doutras cooperativas a participar na enquisa do proxecto Xuventude e Cooperativismo: traballar no futuro dende o noso presente, cuxo obxetivo é fomentar a presenza da mocidade nas cooperativas de traballo asociado ao mesmo tempo que difundir o modelo empresarial cooperativo entre a xuventude, para ter información sobre a realidde das persoas novas nas mesmas.
Deixámosvos o enlace á enquisa aquí para a súa cumprimentación ata o 9 de decembro para persoas que sexan socias de cooperativas. Grazas pola colaboración.

 





Asóciate! A Unión fai a forza

Queremos estimular entre as cooperativas galegas o interese por asociarse a EspazoCoop, por integrarse na asociación de cooperativas máis grande de Galicia en canto a número de socias, que actualmente conta cunha rede de máis de 235 empresas cooperativas.

Asóciate! A Unión fai a forza quere contribuír a incrementar o nivel de afiliación das cooperativas galegas, e en todo caso aumentar a visibilidade e o coñecemento sobre o labor e a función da Unión no cooperativismo da comunidade. Ler máis


 



Axudas 

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas.  As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste enlaceAxudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).  


 




Licitacións 

Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).

 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Travesía de San José 10, Ent.A. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104, baixo, esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Taboada Leal 15, entreplanta. 36203|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO