Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera
 



 

 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
 
[ 30 de Xuño de 2023 ]
 



Este sábado celébrase o `Día do Cooperativismo Galego´ en Narón
 

A celebración do Día Internacional do Cooperativismo, organizado pola Xunta de Galicia a través do acto do Día do Cooperativismo Galego, será este sábado 1 de xullo na cooperativa Agroflor de Narón, coincidindo coa súa celebración en todo o mundo. Con tal motivo a Consellería de Promoción do Empregro e Igualdade convida a asistir ao acto a tódalas cooperativas socias da Unión de Cooperativas. Durante o evento entregaranse os Premios á Cooperación e os premios do Certame de Cooperativismo no Ensino, que este ano recaeron en 5 cooperativas socias de EspazoCoop, ademais, contará con actuacións lúdicas e un aperitivo final. Este ano o lema escollido é “Cooperativas polo desenvolvemento sostible”. Ler máis


 




101 `Día Internacional das Cooperativas´ [ACI]

A Declaración da Alianza Cooperativa Internacional polo 101 Día Internacional das Cooperativas convida a pensar un Mundo con equidade e sostibilidade, a celebrar e amosar ao Mundo como as cooperativas veñen contribuíndo ao cambio de paradigma económico, a través do paradigma cooperativo, e mostrar do que é capaz o poder cooperativo.
Ler máis




O impulso que nos falta ás cooperativas
[ Ana Olveira Blanco, Presidenta de EspazoCoop]

O pasado mes de abril a Organización das Nacións Unidas adoptou a primeira resolución na súa historia de Economía Social, todo un fito e máis aínda se temos en conta que foi iniciativa de España. Na práctica, esta resolución insta os Estados membros a incorporar a Economía Social nos seus plans nacionais, ademais de reclamar a organismos financeiros internacionais a impulsala e reforzala, indo máis aló da mera teoría. A Presidenta de EspazoCoop manifesta que "as cooperativas en Galicia réxense pola Lei 5/1998, esta lexislación non recolle a evolución e cambio que viviu o cooperativismo galego nestes 25 anos. Temos unha lei do século pasado para empresas chamadas a ser vangarda e panca do cambio de paradigma económico". Ler máis



 




Roteiro Cooperativo por Santiago de Compostela

O Concello de Santiago de Compostela e a Unión de Cooperativas EspazoCoop promoven o Roteiro Cooperativo, unha iniciativa que se desenvolve dentro do programa `Impulsando un ecosistema emprendedor na economía social´, dando continuidade á alianza que ambas entidades manteñen nos últimos anos para fomentar o cooperativismo.

A actividade, que inicia o próximo 6 de xullo, consiste nunha ruta guiada por Santiago de Compostela para coñecer 4 cooperativas da cidade e achegarse ao cooperativismo e a economía social. A través dela identifícanse cooperativas que están presentes no día a día da cidadanía, ao tempo que se promociona o modelo cooperativo. Ler máis


 




Xornada `Tecendo Redes´ para o emprendemento na economía social

O próximo 6 de xullo terá lugar a Xornada Tecendo Redes, no Cersia Empresa de Santiago de Compostela, actividade dirixida a aquelas persoas que realizen labores de recomendación, orientación e asesoramento ao emprendemento da área de Santiago. Búscase con ela reforzar as redes de traballo colaborativo e pór en valor e a dispór servizos e recursos para o emprendemento no cooperativismo e a economía social. A Xornada inclúe a opción de realizar unha ruta guiada para visitar cooperativas de Santiago. Ler máis




Oferta de emprego: A cooperativa Númax busca Desenvolvedor/a web

Númax é unha cooperativa de traballo asociado sen ánimo lucro. Ten dúas áreas enfocadas ao público, o Cinema e a Libraría, e unha terceira, o Laboratorio, que ofrece servizos profesionais de produción e posprodución de vídeo, deseño (enfocado en identidade gráfica, deseño editorial e web) e desenvolvemento web.  Buscan unha Desenvolvedora ou Desenvolvedor web para incorporar ao seu equipo de traballo do Laboratorio. Con elo queren mellorar a súa capacidade de resposta ante a clientela e o mantemento dos seus proxectos. Prazo de candidaturas, 10 de xullo de 2023. Ler máis

 

 

Axudas 

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas.  As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste enlaceAxudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).  




Licitacións 

Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).


 

 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Travesía de San José 10. Entreplanta dereita. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104. Baixo esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Marqués de Valladares 14, 2º. Oficinas 4-5. 36201|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO