Últimos días para solicitar o Bono Consolida Economía Social 2023
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia mantén aberta a convocatoria de subvencións para o apoio á consolidación de cooperativas e demais entidades da economía social de Galicia “Bono consolida economía social” para a anualidade 2023. A finalidade das axudas, segundo a orde, é apoiar a consolidación das empresas deste sector e reforzar a súa presenza no tecido económico de Galicia co fin de incrementar a súa competitividade e manter empregos de calidade. Está destinada a empresas cunha antigüidade mínima de 42 meses. Subvenciona servizos e investimentos que as empresas leven a cabo entre o 1 de novembro de 2022 e o 31 de outubro de 2023.
O procedemento de adxudicación é mediante concorrencia non competitiva, prazo de solicitudes: 15 de setembro de 2023, ou ata esgotar crédito. Ler máis
En setembro inicia o primeiro curso do Itinerario de teleformación para o Emprendemento Cooperativo na área de Santiago
O 13 de setembro iniciará o primeiro dos cursos programados no Itinerario de Teleformación para o Emprendemento Cooperativo na área de Santiago, son de carácter gratuíto e continúa aberta a inscrición!
Están organizados por EspazoCoop en colaboración co Concello de Santiago de Compostela:
- Emprendendo en cooperativa | Do 13 ao 27 de setembro de 2023.
- Habilidades para o traballo en equipo nas cooperativas | Do 3 ao 17 de outubro de 2023.
- Desenvolvendo a idea cooperativa | Do 18 ao 31 de outubro de 2023.
Cada un ten unha duración de 20 h. Ler máis
Xoves cooperativos: `Normativa e Lexislación Cooperativa´
O 14 de setembro celebramos a próxima sesión dos Xoves cooperativos, organizados por EspazoCoop en colaboración co Concello da Coruña e abordará a temática "Normativa e Lexislación Cooperativa", unha pílula formativa impartida por Xedega s. coop. galega.
Reserva a túa praza para participar! ben presencialmente na Coruña, ben vía Streaming.
Inscrición. Ler máis
Encontros Sectoriais | 14 setembro, Vigo
Cooperativas: Cultura, Turismo, Ocio, Patrimonio e Medio Ambiente
[Itinerario de Intercooperación de EspazoCoop]
Dentro do programa de EspazoCoop que busca impulsar procesos de intercooperación, e estimular a práctica deste Principio cooperativo fundamental, celébrase o xoves 14 de setembro de 10 a 13 horas en Vigo, o Encontro Sectorial das cooperativas da Cultura, Turismo, Ocio, Patrimonio e Medio Ambiente. A intercooperación distingue especialmente a economía cooperativa e a súa cultura empresarial, polo que a través destes encontros as cooperativas poderán exercer a colaboración e a abordaxe en común de calquera tema que lles afecte ou que queiran desenvolver. Ler máis
Oferta de emprego. A cooperativa Enraizando busca Psicológo/a
Enraizando s. coop. galega, cooperativa que desenvolve a súa actividade no sector dos servizos sociais, asistenciais e sanitarios, acaba de lanzar unha oferta de emprego para un perfil de psicoloxía dentro do seu proxecto "Equipo de Apoio Social e Comunitario de Barbanza". Ler máis
Axudas
Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas. As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste enlace: Axudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).
Licitacións
Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).