O Foro pola Economía Social Galega -Foroesgal- organiza un acto para celebrar o Día da Economía Social Galega que terá lugar o vindeiro 31 de maio, a partir das 12.00 horas, no Hotel NH Collection de Santiago de Compostela. Con tal motivo o Foro convida ás cooperativas socias de EspazoCoop e a tódalas persoas interesadas na economía social a asistir a dita celebración, que se realizará despois das asembleas xerais 2024 de EspazoCoop, Aeiga, Aesgal, Cegasal e Agaca. Ler máis
Encontro da Sectorial Asesorías e Consultoras, 24 de maio
[ Programa de Intercooperación ]
EspazoCoop celebrará o venres 24 de maio a partir das 9.30 h. un Encontro da Sectorial Asesorías e Consultoras, en modalidade en liña. Dito encontro constará de dúas partes, a primeira aberta a tódadas cooperativas da sectorial para tratar temas de interese común, e a segunda destinado ás cooperativas adheridas á marca da Unión Expert Coop.
Esta actividade está no marco dun programa que busca impulsar procesos de intercooperación, e promocionar a práctica deste Principio cooperativo fundamental que distingue especialmente a economía cooperativa e a cultura empresarial que poden exercer as cooperativas, sumando valor, diferenciándose doutras formas de economía competitivas e excluíntes para as persoas e a sostibilidade da vida. Ler máis
Encontros coa veciñanza en concellos galegos en maio:
Como formar comunidades enerxéticas?
Os socios do proxecto europeo EC4RURAL continúan avanzando nas fases de traballo para dar forma ao Piloto Galego. Nos meses de abril e maio terán lugar novas reunións das que manterán cos 22 concellos galegos que formalizaron a súa colaboración e interese en promover a creación de comunidades enerxéticas rurais nos seus territorios.
- Concello de Palas de Rei | xoves 16 de maio
- Concello de A Pobra de Brollón | luns 27 de maio
Son reunións abertas a toda a veciñanza, na que a Unión de Cooperativas EspazoCoop participará como integrante do grupo de socios do proxecto liderado pola Universidade de Vigo. Ler máis
A cooperativa Catro Ventos Editora lanza "A pegada dixital"
Catro Ventos informa do inminente lanzamento da obra A pegada dixital, que leva por subtítulo Repensar as tecnoloxías para avanzar cara á sustentabilidade. Pensan que é un título acaído dentro do debate no que se tende a confundir a evolución cara á dixitalización cunha menor pegada ecolóxica, nun escenario no que estamos supeditados ás xigantescas corporacións tecnolóxicas e no que o dixital entrounos pola porta en forma de smartphone, streaming e intelixencia artificial.
A obra aínda está en prevenda e as cooperativas socias de EspazoCoop contan cun desconto vixente durante este ano. Ler máis
Formación continua e gratuíta de Coceta. Ampliación de prazo, novas edicións!
Desde Tagen Ata e en colaboración con COCETA, a Confederación de cooperativas de traballo, presentan varios cursos na modalidade de teleformación, 100% gratuítos para ti se traballas nunha cooperativa ou entidade de economía social. Tamén hai prazas para persoas en situación de desemprego.
O 23 de maio darán comezo os cursos "Xestión de cooperativas de traballo", "Acreditación docente para teleformación" e "Réxime económico e fiscal en cooperativas". Fórmate gratis e consegue o teu diploma acreditativo!, inicio 23 de maio de 2024. Ler máis