Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera
 






 
 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZOCOOP
 
[ 26 de abril de 2024 ]
 



Xa en marcha a web de EspazoCoop Emprende

Desde a Unión habilitouse a páxina específica desta iniciativa para todas as persoas interesadas en emprender en cooperativa. EspazoCoop Emprende é un proxecto que busca aumentar as competencias emprendedoras, a creación de empresas cooperativas, e garantir a supervivencia empresarial, mediante o asesoramento e o acompañamento a grupos de persoas promotoras que queiran pór en marcha novos proxectos empresariais de autoemprego. Ler máis


 

 

Lanzamos actividades co Concello da Coruña a prol da economía cooperativa

EspazoCoop e o Concello da Coruña van a colaborar un ano máis para lanzar un programa de actividades e servizos que promova a economía cooperativa no concello, no marco dos programas de emprendemento empresarial en materia de economía social, e en colaboración co servizo municipal de Promoción Económica. Ofrecerá 3 actividades:

- EspazoCoop Acompaña: asesoramento e acompañamento, tanto para crear, como para consolidar cooperativas.
- Roteiro Cooperativo: percorridos para visitar cooperativas do concello.
- Xornada As cooperativas empresas sustentables: para visibilizar o cooperativismo.

Amais, EspazoCoop da Coruña cambia a sede e trasládase ao centro municipal de empresas Accede Papagaio de xeito permanente a partir do 2 de maio de 2024, grazas á colaboración co concello nos últimos anos. Ler máis

 


Formación en competencias dixitais: Espazocoop colabora con Ilunion no seu proxecto formativo para eliminar a fenda dixital nas cooperativas

ESPAZOCOOP acordou colaborar con ILUNION na promoción e difusión das súas accións formativas sobre competencias dixitais, promovidas por FUNDAE para eliminar a fenda dixital entre as persoas cooperativistas e traballadoras das cooperativas socias da Unión, así como doutras empresas da economía social.

A área de Formación Ilunion e Fundae impartirán ata xuño de 2025 un total de 7 accións formativas en competencias dixitais. Estarán dirixidas prioritariamente a persoas que traballan en empresas e entidades do sector da Economía Social, como son as coopererativas, co obxectivo de eliminar a fenda dixital detectada neste ámbito. Ler máis




Programa Consolida+ | Consolidando Cooperativas
 

O Programa Consolida+ Consolidando ás Cooperativas da Unión de Cooperativas EspazoCoop ten por obxecto asesorar en procesos de consolidación e mellora a cooperativas que integran a base social da Unión de xeito gratuíto, contando cun fondo de 720 horas de asesoramento ata setembro de 2024. Convidamos ás cooperativas a usar os servizos gratuítos de Consolida+. Esta iniciativa está no marco do programa 2023-2024 da Rede Eusumo (Xunta de Galicia). Ler máis




Programa de teleformación "Muller, a cooperativa é para ti"

A Unión de Cooperativas EspazoCoop continúa coas inscricións abertas ao programa formativo "Muller, a cooperativa é para ti". Trátase de teleformación, gratuíta, realizada dende a Aula Virtual de EspazoCoop, cunha duración de 25 h. cada curso, aínda pódese optar a participar na última actividade que iniciará o 13 de maio:

Curso: Desenvolvendo a idea cooperativa, inicio 13 de maio

A fórmula cooperativa é unha eficaz ferramenta para conseguir a integración e a igualdade no mundo laboral para as mulleres, en condicións dignas e estables, e con amplas posibilidades de desenvolvemento profesional. Ler máis


 




Escola 50PÉS: a cooperativa 50Pés lanza unha formación para aprender sobre o traballo en equipo de forma áxil e efectiva

50Pés s. coop. galega lanza o curso en liña Somos un equipo! Fundamentos do traballo en grupo. Xestionas ou es parte dun equipo de traballo, ou estás prestes a selo?. Queres gañar habilidades para sentirte á vontade interacionando co resto de compañeiras ou coas persoas que tes a cargo?. Neste curso en liña aprenderás as bases fundamentais para poder manexarse de forma colaborativa, eficaz e coidadosa coas persoas, tanto se es ti a persoa a coordinar un equipo, como se es parte del. Datas: 9,16, 23 e 30 de maio de 2024. Ler máis



Axudas 

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas. 
As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste  enlace: Axudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).


 

 
Licitacións 
 
Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).

 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Travesía de San José 10. Entreplanta dereita. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104. Baixo esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Marqués de Valladares 14, 2º. Oficinas 4-5. 36201|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO