Ana Olveira Blanco, reelixida presidenta de EspazoCoop
A Unión de Cooperativas de Galicia EspazoCoop, entidade de referencia do cooperativismo en Galicia, celebrou esta semana a súa asemblea anual. Nela foi elexido o novo consello reitor da Unión para os vindeiros 4 anos, que estará presidido de novo por Ana Olveira Blanco. Na asemblea presentáronse os resultados e principais fitos de 2022, así como o plan de xestión de 2023, e constatouse que EspazoCoop medra nos últimos 4 anos en preto dun 50% en número de socias, sendo todo un referente da economía social en Galicia.
Ler máis
A nosa Memoria Social 2022
A Memoria da xestión social 2022, presentada na Asemblea do 14 de xuño, dá conta da actividade e da xestión económica desenvolvida en 2022, presentando os principais fitos e logros. EspazoCoop asocia actualmente a 247 empresas cooperativas e a 2.839 cooperativistas, que se sitúan nunha cultura de traballo fundamentada nos valores e principios cooperativos, na xestión democrática das súas empresas poñendo como centro as persoas. Conta con varias sectoriais e grupos de traballo, Ensino, Cultura, Asesorías-Consultorías, ou Consumo, e presta servizo en toda a comunidade galega con 3 oficinas en Galicia, na Coruña, Santiago e Vigo.
Agora podes consultar a Memoria no informe dixital ou no vídeo resumo. Ler máis
Benvida ás 40 novas socias de EspazoCoop chegadas en 2022
EspazoCoop nos últimos 4 anos EspazoCoop medrou en preto nun 50% en número de cooperativas socias ata chegar na actualidade a un total de 247 socias, o que converte á Unión nun dos axentes representativos máis importantes do cooperativismo en Galicia. Desde EspazoCoop quixemos dar a benvida na Asemblea do pasado 14 de xuño ás 40 novas socias que se achegaron á Unión no ano 2022. Ler máis
Premios á Cooperación 2023: 3 socias da Unión recoñecidas nas tres categorías
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade promove os Premios á Cooperación 2023 en Galicia, que foron resoltos nos últimos días. Xa se coñecen as cooperativas ás que a Consellería otorgou os Premios, que teñen como finalidade fomentar e difundir os valores do cooperativismo na comunidade a través de proxectos útiles e de vocación social. Nesta edición resultaron gañadoras tres cooperativas que fan parte da Unión de Cooperativas EspazoCoop: Enraizando, Alén e Cofepa. Moitos parabéns ás tres!. Ler máis
Teleformación: Habilidades e competencias para o traballo en equipo en cooperativas
A Unión de Cooperativas EspazoCoop organiza un curso sobre habilidades e competencias para desenvolver traballo en equipo en empresas cooperativas e noutros contextos colaborativos. A formación realízase en modalidade de teleformación, ten carácter gratuíto e está no marco do itinerario formativo "A cooperativa alternativa de emprego para a mocidade galega". Inicio 27 de xuño, a inscrición continúa aberta. Ler máis
"Cooperativas e sostibilidade"
Xoves de cooperativismo no Papagaio [As cooperativas contan]
O 13 de xullo nova cita dos "Xoves de Cooperativismo no Papagaio". Unha liña de acción que EspazoCoop realiza para dinamizar o cooperativismo en colaboración co Concello da Coruña.
Neste ocasión coa actividade As Cooperativas Contan, que abordará a sostibilidade nas cooperativas. A sesión será impartida por Cem s. coop. galega e Alén s. coop. galega, no Centro de Empresas Accede Papagaio, A Coruña, de 9.30 a 11.30. Asistencia gratuíta previa inscrición. Ler máis
Axudas
Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas. As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste enlace: Axudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).
Licitacións
Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).