Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera
 









 
 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZOCOOP
 
[ 4 de abril de 2025 ]
 
                                                                            
                                                   
 
 

O Concello de Santiago e EspazoCoop fortalecen o cooperativismo no seu ano clave

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e a concelleira de Dereitos e Servizos sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, visitaron hoxe a nova sede de EspazoCoop. Unha vez rematada esta visita, ambas dúas entidades mantiveron unha xuntanza para analizar e propoñer actividades e accións para este ano.

O encontro serviu para poñer en valor a traxectoria e o traballo de EspazoCoop no fortalecemento do cooperativismo e a economía social, especialmente neste 2025, declarado Ano Internacional das Cooperativas.
 
Saber máis


 

EspazoCoop e o Concello da Coruña reúnense para impulsar actividades de apoio ao cooperativismo

Representantes da Unión de Cooperativas EspazoCoop mantiveron unha xuntanza co Concello da Coruña esta semana para abordar a programación de actividades no marco do Convenio de colaboración deste ano. Na reunión participaron Diana Sobral, Concelleira de Emprego, Comercio e Mercados, e Mª del Carmen García Méndez e Mar Pernas Márquez, por parte de EspazoCoop.

EspazoCoop e o Concello da Coruña desenvolven convenios de colaboración desde a creación da organización continuando co traballo impulsado dende anteriores unións. Para este ano, o convenio conta cun orzamento asignado de 15.000 euros, destinados a impulsar diversas accións de apoio ao cooperativismo e ao emprendemento.

Saber máis


Programa de teleformación: Coopera Rural

A Unión de Cooperativas EspazoCoop preséntavos o Programa formativo: “Coopera Rural. Fortalecendo o tecido cooperativo no rural” que se imparte nos meses de abril, maio e xuño de 2025 e que ofrece 3 cursos de teleformación, GRATUÍTOS, que se desenvolven na Aula Virtual de EspazoCoop.

- Emprendendo en cooperativa. Inicio 22 de abril
- Habilidades para o traballo en equipo nas cooperativas. Inicio 15 de maio.
- Desenvolvendo a idea cooperativa. Inicio 9 de xuño.

Estas actividades formativas contan co apoio da Rede Eusumo, e do programa EspazoCoop Emprende (Efeso).

Saber máis


 

EspazoCoop asiste á Feira das Ideas do programa Inicia: o talento emprendedor dos centros de FP da Coruña

EspazoCoop participou no desenvolvemento da Feira das Ideas do programa Inicia celebrada o 31 de marzo no Fórum Metropolitano e impulsada polo Concello da Coruña co que vén colaborando a Unión nos últimos anos. Inicia é un programa que fomenta a cultura emprendedora nos centros de ensino e para o concello é importante amosar o talento e o traballo que levan a cabo os centros de Formación Profesional da cidade a través desta Feira.

Saber máis

 

Aberto o prazo de inscrición para a terceira edición do curso sobre Comunidades de Enerxía Renovables

Durante todo o mes de abril (do 1 ao 30/04) estará aberta a inscrición para a terceira edición do programa de formación gratuíto sobre Comunidades de Enerxías Renovables (CER), organizado no marco do proxecto EC4RURAL, do que a Unión de Cooperativas EspazoCoop fai parte. Nesta edición, só se ofertarán 20 prazas, que se asignarán por rigorosa orde de inscrición. O curso impártese en galego e inglés e dará inicio o 5 de maio de 2025.

Saber máis



 

Pontevedra acollerá a próxima charla sobre emprendemento cooperativo

O primeiro paso para dinamizar e impulsar o emprendemento en cooperativa é sensibilizar sobre esta alternativa de autoemprego colectivo. A través do Programa de Sensibilización do Emprendemento Cooperativo de EspazoCoop achegamos ás persoas como é a realidade dunha cooperativa, as súas particularidades e as potencialidades deste modelo a nivel laboral. A actividade divulgativa que propón EspazoCoop consta dunha exposión divulgativa e da participación de experiencias reais de cooperativas en funcionamento.

A próxima cita será na Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia de Pontevedra, o luns 7 de abril de 2025, na que intervirá un Técnico de EspazoCoop e unha socia da cooperativa Xeitura - xestión integral do patrimonio-.

Saber máis



 


Axudas


Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas. As asociadas podedes consultar as diversas referencias de axudas e acceder ás súas bases neste enlace: Axudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).

 

 



Licitacións
 
Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).
 

 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Praza do Papagaio s/n (Accede Papagaio). 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|República do Salvador 3, 2º D. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Marqués de Valladares 14, 2º. Oficinas 4-5. 36201|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO