EspazoCoop convida a asistir á xornada: "Trasformando a cidade dende o cooperativismo"
EspazoCoop, no marco do convenio co Concello de Santiago de Compostela e do Ano Internacional das Cooperativas 2025 (AIC2025), organiza a xornada "Transformando a cidade dende o Cooperativismo" o vindeiro 24 de setembro no Treatro Principal de Santiago a partir das 9.30h.
Desde a Unión de Cooperativas comprácenos convidarvos a asistir a esta xornada de celebración do cooperativismo galego con motivo do AIC2025 en colaboración do Concello de Santiago de Compostela.
Abordaremos o debate sobre o papel transformador do cooperativismo, trala representación da obra de teatro "As que limpan" a cargo da compañía A Panadaría S. Coop. Galega. O Concello de Santiago de Compostela súmase aos actos de apoio ao AIC25 con esta representación e coa participación na mesa de debate que terá lugar a continuación.
Asistencia libre, previa reserva de entradas neste enlace
Saber máis

Xornada en Pont Up Store 2025 "EspazoCoop Emprende"
Desde EspazoCoop comprácenos convidarvos a asistir á Xornada do programa «EspazoCoop Emprende. O teu futuro é cooperativa», no marco da Feira de Emprendemento Pont Up Store 2025.
O próximo venres 19 de setembro en colaboración con Pont-Up Store descubrirás as oportunidades que ofrece o cooperativismo para converter as túas ideas en realidade empresarial. Abriremos unha xanela práctica sobre como poñer en marcha unha cooperativa: condicións, pasos clave e recursos dispoñibles.
Ademais, compartiremos casos de éxito que poñen en valor o potencial innovador, social e económico deste modelo de empresa, así como a súa gobernanza participativa.
Asistencia libre, previa inscrición.
Saber máis

Catálogo de servizos de EspazoCoop 2025
As asociacións de cooperativas xogamos un papel esencial na consolidación e apoio do cooperativismo. A Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop desenvolvemos e colaboramos en programas e estratexias que consoliden o cooperativismo e especialmente os que fagan máis fortes ás súas cooperativas socias.
En EspazoCoop actuamos como axente de intermediación, entre as administracións públicas, o tecido socioeconómico e as persoas interesadas co obxetivo de mellorar a visibilidade e o impacto que ten o cooperativismo na sociedade, acompañar ás cooperativas socias na súa consolidación, prestar soporte na creación de novas cooperativas, e promover e difundir o cooperativismo entre a cidadanía.
Con estes obxectivos elaboramos o Catálogo 2025 de EspazoCoop con distintas actividades e servizos, que podes consultar.
Saber máis
Paradoxo preséntanos o documental "Os Valores no Camiño"
Dende a cooperativa socia Paradoxo S. Coop. Galega chéganos o documental "Os Valores no Camiño" que están interesadas en difundir entre as asociadas e o sector da economía social para dalo a coñecer e mesmo abrir oportunidades para realizar algunha presentación do mesmo, o traballo está vinculado á Asociación Protetora de Animais do Camiño.
“Os Valores no Camiño” é un documental reivindicativo que nos achega á realidade do Camiño de Santiago en Galicia, abordando temáticas como o movemento dog friendly, a peregrinación con can e o fenómeno do mascotismo, a situación dos animais, especialmente os considerados “de compañía” na nosa sociedade e nas poboacións rurais que atravesa o Camiño de Santiago, os valores do Camiño e os da nosa sociedade e a súa aplicación para cos animais, e a turistificación.
*Imaxe: Trailer Os Valores no Camiño"
Saber máis

Enquisa de Cepes sobre o impacto da contratación pública na economía social
Desde a Confederación española para a economía social (CEPES) chéganos unha petición de colaboración para un estudo do Ministerio de Traballo e Economía Social. Solicitan a cumprimentación dunha breve enquisa ás cooperativas e entidades de economía social co obxectivo é analizar o impacto real da contratación pública na Economía Social, o grao de incorporación de cláusulas sociais (emprego e inserción), e o volume de contratos reservados adxudicados en 2024. A colaboración nesta enquisa beneficiará ao conxunto da economía social.
Enquisa: neste enlace

A próxima semana EspazoCoop celebra a xornada «Consolida+: Cooperativas máis fortes»
EspazoCoop desenvolveu o programa Consolida+ Consolidando ás cooperativas na súa edición 2024-2025 que prestou servizos de asesoramento e acompañamento a cooperativas en distintos ámbitos e áreas que inciden na mellora e consolidación empresarial das cooperativas usuarias. O programa conta co apoio da Rede Eusumo-Xunta de Galicia.
Para pechar esta edición, o vindeiro martes 16 de setembro ás 10 horas, en Vigo, terá lugar a Xornada do Programa Consolida+ na sede da cooperativa A Morada.
Na sesión presentaranse o servizo Consolida+ e os resultados, daranse a coñecer boas prácticas de cooperativas consolidadas, informarase sobre liñas de apoio e axudas á consolidación, e se facilitará un espazo para facer redes de colaboración e intercooperación.
Asistencia libre, previa inscrición.
Saber máis

«Accede a contratos públicos » unha xornada para coñecer claves que axuden a licitar ás cooperativas
Estratexias para cooperativas e empresas de economía social nas contratacións públicas das Administracións.
EspazoCoop impulsa a xornada «Accede a contratos públicos » que se celebrará o martes 16 de setembro de 2025 en Vigo, nas instacións de A Morada S. Coop. Galega a partir das 15.30 h.
É unha iniciativa realizada dentro da programación da Rede Eusumo, que busca promocionar a chamada Contratación Pública Responsable, e divulgar estratexias e claves que axuden ás cooperativas e empresas de economía social nos procesos de contratacións públicas das Administracións, e no acceso ás licitacións.
Saber máis
