Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera
 






 
 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZOCOOP
 
[ 28 de xuño de 2024 ]
 



Xornada de presentación do proxecto ES-Factory economía social

ES-Factory: Rede de Aceleradoras de economía social para impulsar e consolidar empresas en novas actividades emerxentes de Galicia e o Norte de Portugal.

O proxecto ES Factory foi aprobado no marco do programa Interreg España-Portugal (POCTEP) 2021-2027, o cal promove proxectos de cooperación transfronteiriza co apoio da Unión Europea. ES FACTORY está liderado pola Xunta de Galicia e composto por un consorcio de organizacións no que están integrados, ademais da Xunta, Agaca, EspazoCoop, Aesgal, USC, Utad, TecMinho, e In Cubo.

Desde as entidades socias de ES-Factory, entre as que está EspazoCoop, convidan á xornada de lanzamento do proxecto ES-Factory economía social que terá lugar o 3 de xullo no Museo do Mar de Vigo. Ler máis.


 




Xornada de presentación de resultados do programa +COOP en Galicia
+COOP: Forma cooperativas con EspazoCoop

A Unión de Cooperativas EspazoCoop vén desenvolvendo o programa +COOP en colaboración coa Rede Eusumo- Xunta de Galicia, Cepes e o FSE, co fin de prestar servizos de apoio á cidadanía para crear empresas cooperativas e acceder ao emprego mediante unha fórmula do autoemprego colectivo.

EspazoCoop convida ás interesadas á xornada de presentación de resultados o vindeiro luns 8 de xullo ás 10 horas, no Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego de Silleda (en “La Moda” Rural Lab), trataremos os programas de apoio ao emprendemento, contarán as súas historias cooperativas beneficiarias de +COOP, teremos debate, intercambio, redes... A inscrición para participar está aberta. Ler máis


 



A próxima semana! curso «Xestión laboral de cooperativas»

A Unión de Cooperativas Espazocoop, dentro do seu programa de Formación Especializada de Cooperativas, celebra o curso gratuíto Xestión laboral de Cooperativas, unha sesión de 5 horas presenciais que se imparte nas instalacións de Cersia Empresa en Santiago de Compostela o próximo mércores 3 de xullo.

A sesión estará dinamizada por profesionais do sector, nesta ocasión por Isabel García de Xedega s. coop. galega, asesoría e consultora experta en cooperativismo cunha traxectoria de máis de vintecinco anos asesorando a cooperativas, ademais é unha asesoría ExpertCoop. A inscrición a esta actividade permanece aberta.
Ler máis
 

 


Celebra o Día do Cooperativismo Galego 2024

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración convida ás cooperativas socias da Unión de Cooperativas EspazoCoop ao acto de celebración do Día do Cooperativismo Galego, o vindeiro sábado 6 de xullo ás 12 h., unha conmemoración que, como cada ano, terá lugar o primeiro sábado de xullo, coincidindo co Día Internacional das Cooperativas, e que este 2024 se proclama baixo o lema “As cooperativas constrúen un futuro mellor para todas as persoas”.

O acto celebrarase na sede do colexio cooperativo C.P.R. Plurilingüe Ángel de la Guarda (Sociedade Cooperativa Galega A Medoña), no lugar de A Medoña, s/n, Priegue (Nigrán).

Dentro da programación do acto, entregaranse os premios do “Certame Cooperativismo no Ensino” e os “Premios á Cooperación” que este ano galardoan a 3 cooperativas socias de EspazoCoop da cidade de Vigo: Árbore Consumo Consciente, A Morada, e o Colexio Mendiño.  Convite neste enlace. Ler máis


 




O programa de teleformación "Coopera Rural" continúa coa formación para emprender no rural baixo o modelo de empresa cooperativo

A Unión de Cooperativas EspazoCoop organiza o programa formativo “Coopera Rural. Fortalecendo o tecido cooperativo no rural” que se imparte nos meses de xuño e xullo de 2024, trátase de teleformación, gratuíta, que se desenvolve na Aula Virtual de EspazoCoop. Este é o último dos cursos, para o que a inscrición continúa aberta:

«Desenvolvendo a idea cooperativa» | Do 17 de xullo ao 2 de agosto, 25 h. Ler máis

 

Benvida ás 34 novas socias de EspazoCoop chegadas en 2023

EspazoCoop nos últimos 5 anos EspazoCoop medrou en preto nun 60% en número de cooperativas socias ata chegar na actualidade a un total de 265 socias, o que converte á Unión nun dos axentes representativos máis importantes do cooperativismo en Galicia. Desde EspazoCoop quixemos dar a benvida na Asemblea do pasado 31 de maio ás 36 novas socias que se achegaron á Unión no ano 2023. Ler máis



Axudas

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas As asociadas podedes consultar as diversas referencias de axudas e acceder ás bases neste enlace: Axudas    (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).


 


 
Licitacións 
 
Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).

 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Praza do Papagaio s/n (Accede Papagaio). 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104. Baixo esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Marqués de Valladares 14, 2º. Oficinas 4-5. 36201|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO