Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera
 






 
 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZOCOOP
 
[ 7 de maio de 2024 ]
 



EspazoCoop celebra a súa asemblea anual presentando cifras récord

Nos últimos 5 anos EspazoCoop medrou en preto dun 60% en número de socias. O 31 de maio a Unión de Cooperativas de Galicia, EspazoCoop, celebrou a súa asemblea anual, onde se presentaron as destacadas cifras e logros do ano 2023. EspazoCoop, entidade de referencia en Galicia, agrupa a 265 cooperativas de distintos sectores e inspírase nos principios e valores cooperativos de apertura, autonomía, participación, interese pola comunidade, solidariedade, transparencia, formación continua, igualdade de xénero e defensa da cultura e lingua galega. Ler máis




Desde EspazoCoop mostramos o noso agradecemento a Celso Gándara polo seu traballo e compromiso

Desde EspazoCoop queremos agradecer o traballo e compromiso que Celso Gándara Carnero desenvolveu ata xuño de 2024 como presidente de FOROESGAL, entidade de referencia no ámbito da Economía Social en Galicia.

Durante o seu mandato, Celso traballou con implicación e xenerosidade, logrando que, por primeira vez en Galicia, o sector da economía social fose representado na súa totalidade. O seu esforzo e compromiso foron fundamentais para visibilizar e fortalecer as nosas cooperativas e entidades de economía social no ámbito rexional e nacional. Ler máis


 



EspazoCoop presenta á Xunta as súas demandas para a mellora do ensino cooperativo

Na mañá do 6 de xuño representantes da sectorial de ensino da Unión de Cooperativas de Galicia, EspazoCoop, mantiveron unha xuntanza con Mª Eugenia Pérez Fernández, Directora Xeral de Formación Profesional, na que abordáronse diversos temas de gran relevancia para a mellora das condicións do ensino concertado en Galicia, que é o réxime de ensino no que se atopan as nosas escolas cooperativas. Ler máis
 

 



VI Premios PEL: Premios ás mellores iniciativas transformadoras da provincia da Coruña

Convocáronse os VI Premios a Iniciativas Transformadoras da Provincia de A Coruña, a iniciativa da Deputación da Coruña que premia a innovación, a calidade e o compromiso empresarial. Os proxectos gañadores de cada categoría recibirán un premio de 18.000 eurosCategorías:

- Mellor Iniciativa Transformadora Nova:  para proxectos nados nos anos 2023 ou 2024.
- Mellor Iniciativa Transformadora Consolidada: para aqueles proxectos que xa teñen construído un legado e unha traxectoria ao longo do tempo (antes de 2019).
- Mellor Iniciativa Verde: para proxectos relacionados co medio ambiente e a sostibilidade.
- Proposta do Xurado: para proxectos que deixan unha pegada positiva nas zonas rurais.

Prazo: 18 de xuño de 2024 ás 14 h. 
Ler máis



 




Formación especializada de cooperativas para este 2024

A Unión de Cooperativas Espazocoop lanza o programa de Formación Especializada de Cooperativas realizado co apoio do Concello de Santiago de Compostela, entidade coa que Unión asinou un convenio de colaboración para desenvolver un programa máis amplo de actuacións a favor do cooperativismo, denominado “Impulso dun Ecosistema Emprendedor na Economía Social”. No programa de formación especializada ofrece 4 cursos gratuítos presenciais que se desenvolverán nas instalacións de Cersia Empresa en Santiago de Compostela os meses de xuño e xullo de 2024:

- Xestión de cooperativas: facturación e fiscal.
- Xestión laboral de cooperativas.
- Intercooperación: poñendo en valor a cultura de intercooperar.
- Organización e xestión societaria en cooperativas.

Ler máis


 


II Feira do Mercado Social de Cangas, sábado 8 de xuño

Este sábado 8 de xuño celébrase a II Feira do Mercado Social de 10 a 20 h. , organizada polo Concello de Cangas e da man de REAS Galicia. Un espazo para celebrar a economía social e solidaria no que haberá obradoiros, música e narración oral para público familiar e postos de venda onde mercar dun xeito máis solidario e consciente coa contorna. Estarán as cooperativas socias de EspazoCoop: Árbore Consumo Consciente, Nosa Enerxía, 13 Grados, Alalá, Catro Ventos Editora, Cuarto de Inverno, Milhulloa e Ribeiregas, entre outras organizacións. Ler máis




Da man da nosa socia 50pés Consultoras:
Queres ser parte dunha rede de mulleres emprendedoras?

Da mán da nosa socia a cooperativa 50pés Consultoras preséntase na Galicia a Escuela de Emprendedoras Juana Millán, unha plataforma en liña de ámbito estatal, que ofrece formación especializada en xestión empresarial para mulleres emprendedoras en calquera fase do proceso emprendedor, xa sexa no momento inicial de arranque, ou en negócios xa consolidados. Conta cunha programación financiada e contínua durante todo o ano, que inclúe itinerários formativos, mentorías individuais, asesorías especializadas, webinars con temáticas concretas e actuais, así como os Premios da escuela Juana Millán. Ler máis
 
 

 

Xornadas Impacto Positivo e Emprendemento
18 - 19 xuño [Alén s. coop. galega]

Alén, cooperativa socia, colaboran nun ciclo de sesións sobre Impacto positivo e emprendemento organizadas para a Rede de Polos de Emprendemento en O Barco e O Porriño, nas que afondarase na importancia de integrar a sostibilidade nos proxectos de emprendemento e coñecer máis sobre as iniciativas locais de impacto positivo.

Se buscas integrar a sostibilidade no teu proxecto de emprendemento ou organización podes participar nestas actividades organizadas dende a Rede de Polos de Emprendemento, onde falarase da importancia da sostibilidade e profundarase nas iniciativas locais de impacto positivo. Aproveita estas oportunidades para establecer conexións e sinerxías con persoas coa intención de impulsar e apoiar este tipo de proxectos!. Ler máis


 


Iniciamos a xornada de verán en EspazoCoop

Informamos ás cooperativas socias, usuarias e público en xeral que na Unión de Cooperativas a partir do próximo 1 de xuño e ata o 30 de setembro estaremos en horario de verán. A atención pública será de 8.30 a 15.30 horas de luns a venres. 

 


Axudas

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas As asociadas podedes consultar as diversas referencias de axudas e acceder ás bases neste enlace: Axudas    (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).


 


 
Licitacións 
 
Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).

 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Praza do Papagaio s/n (Accede Papagaio). 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104. Baixo esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Marqués de Valladares 14, 2º. Oficinas 4-5. 36201|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO