Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera

 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
 
[ 13 de xaneiro de 2023 ]
 


 

O 3 de febreiro celebramos a Asemblea de Planificación anual 

Iniciamos nova etapa, e queremos avanzar que o próximo mes de febreiro celebraremos a Asemblea xeral extraordinaria de Planificación Anual á que as socias de EspazoCoop serán convocadas a participar, queremos  contar coa súa presenza e aportacións para organizar e planificar o novo ciclo. Pronto contaredes con máis información para esta cita, que será o venres 3 de febreiro de 2023 na Coruña en horario de tarde.
 




Plans estratéxicos en seis sectores para impulsar o cooperativismo

A Unión de Cooperativas EspazoCoop elaborou varios estudos e informes sobre oportunidades de implantación para o cooperativismo en Galicia. Tratan de identificar oportunidades para a fórmula cooperativa a través de 6 estudos, ideados para orientar políticas públicas e dispositivos de apoio ao emprendemento nos ámbitos do Cohousing, Coidados, Coworking, Cultura, Economía Circular e Novo Rural. Ler máis
 




Programa Impacto Autónomo 2023

Axudas para facer fronte á situación económica xerada pola suba dos custos en materias primas e subministracións, que afectan e condicionan a actividade económica. Poderán ser beneficiarias as persoas traballadoras autónomas e microempresas, entre elas fórmulas xurídicas da economía social. Intensidade dos apoios para sociedades: entre 1.200 € e 1.500 €. Prazo: 09/02/23. 
Ler máis.

 


 

 



Asóciate! A Unión fai a forza

Queremos estimular entre as cooperativas galegas o interese por asociarse a EspazoCoop, por integrarse na asociación de cooperativas máis grande de Galicia en canto a número de socias, que actualmente conta cunha rede de máis de 235 empresas cooperativas.

Asóciate! A Unión fai a forza quere contribuír a incrementar o nivel de afiliación das cooperativas galegas, e en todo caso aumentar a visibilidade e o coñecemento sobre o labor e a función da Unión no cooperativismo da comunidade. Ler máis


 



Axudas 

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas.  As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste enlaceAxudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).  


 




Licitacións 

Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).

 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Travesía de San José 10, Ent.A. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104, baixo, esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Taboada Leal 15, entreplanta. 36203|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO