Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera
 












 
 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZOCOOP
 
[ 10 de abril de 2026 ]
                                                                         

EspazoCoop e Edelvives alíanse para poñerllo máis doado ás nosas cooperativas de ensino

A Unión de Cooperativas EspazoCoop e a Editorial Luis Vives-Edelvives veñen de asinar un convenio de colaboración que beneficiará ás escolas cooperativas. A alianza está centrada na provisión de material e libros da editorial, ademais de soporte para facilitar persoas expertas en xornadas, cursos, ou encontros, en materia educativa, co fin de impulsar a innovación e a mellora, así como apoiar a actividade docente dos centros de ensino, valéndose dos convenios como fórmula de intercooperación.

Saber máis


Aprende a elaborar un Regulamento de Réxime Interno para cooperativas


Aínda hai prazas dispoñibles para o próximo webinar do 16 de abril de 2026: Regulamento de réxime interno en cooperativas.

Neste webinar aprenderás a elaborar un regulamento de réxime interno na cooperativa, para establecer normas  claras de comportamento, responsabilidades e convivencia na organización, previr conflitividade, e marcar un funcionamento operativo que garanta unha xestión de calidade.

Imparte: A sesión virtual estará guiada e dinamizada por Ana Lorenzo Vila, socióloga experta en economía social, cooperativismo, e participación social.

Os webinars realízanse no marco do programa Consolida+ da Unión de Cooperativas EspazoCoop, e da programación da Rede Eusumo, que é un servizo gratuíto de asesoramento en procesos de consolidación e mellora das cooperativas. 

Saber máis


Presentación en Galicia do proxecto "GuardaBosques". Reimaxinar o rural galego

O próximo 22 de abril de 2026, ás 19:00h en casa RIA (Santiago de Compostela) terá lugar a primeira presentación pública en Galicia de Gardabosques, un proxecto que nace para abrir unha conversación profunda sobre o futuro do territorio e sobre como queremos habitalo.

No encontro intervirá Ana Olveira, presidenta da Unión de Cooperativas EspazoCoop, para achegar a visión do cooperativismo, e queremos trasladarvos o convite da organización ás cooperativas socias para que poidades asistir á cita.

Saber máis


Enquisa sobre necesidades da formación na Economía Social 2026

Desde a nosa Confederación COCETA impulsan a Enquisa de Detección de Necesidades de Formación na Economía Social 2026, cuxo obxectivo é identificar prioridades formativas do sector e mellorar a planificación da oferta formativa dirixida ás entidades e persoas traballadoras.

Para garantir a representatividade do estudo precísase alcanzar cincocentas enquisas, polo que a vosa colaboración é fundamental. Diríxese a todas as persoas que traballan na Economía Social, independentemente do seu cargo, sector de actividade, tipo ou tamaño da entidade.

Cantas máis persoas participen, máis axustadas estarán as futuras accións formativas ás necesidades reais do noso ámbito.

Enlace á enquisa:
https://encuestas.empleoyformacion.coop/encuesta-2026


Moitas grazas pola colaboración para fortalecer a formación na economía social.


 

Queres formarte en Economía Social e Emprendemento Cooperativo en Galicia?

Últimos días! para solicitar o curso organizado pola Universidade de Santiago de Compostela, USC, en colaboración coa Unión de Cooperativas EspazoCoop. Unha acción de 20 hs en modalidade de teleformación, que é a primeira microcredencial universitaria específica en materia de cooperativismo e economía social na nosa comunidade, para adquirir coñecementos básicos sobre o noso modelo económico, as cooperativas.

O curso Economía Social e Emprendemento Cooperativo en Galicia será impartido do 20 de abril ao 20 de maio, consta de 2 créditos, e aínda se pode realizar a preinscrición e matrícula ata o 16 de abril de 2026.
 
📍No caso de ser persoa desempregada estará bonificado 100%, gratuíto.
 
Saber máis



 



Axudas


Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas. As asociadas podedes consultar as diversas referencias de axudas e acceder ás súas bases neste enlace: Axudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).
 

 



Licitacións
 
Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).
 


 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Praza do Papagaio s/n (Accede Papagaio). 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|República do Salvador 3, 2º D. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Marqués de Valladares 14, 2º. Oficinas 4-5. 36201|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO