EspazoCoop, entidade impulsora dunha axenda histórica para o cooperativismo cultural
EspazoCoop logra que os Ministerios de Cultura e de Traballo e Economía Social se comprometan a construír a Axenda de Economía Social na Cultura, un marco de apoio específico para cooperativas e sociedades laborais culturais en todo o Estado.
O pasado 16 de abril celebrouse en Madrid o encontro 'Conectando Cultura e Economía Social: bases para unha axenda común', un espazo de diálogo no que no que EspazoCoop e Coceta participaron activamente como entidades promotoras xunto ao ministro de Cultura, Ernest Urtasun, e a vicepresidenta segunda e ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz.
Representando a EspazoCoop estiveron Emi Candal, de Urdime, e Nacho Fungueiriño de Culturactiva, que trasladaron directamente a voz e as necesidades do cooperativismo cultural galego ao máis alto nivel institucional do Estado. Non foi unha presenza calquera: EspazoCoop e Coceta estiveron na mesa onde se sentaron as bases desta axenda, xunto a máis de vinte entidades do sector de todo o Estado.
Saber máis
Cita para intercooperar na Sectorial de Consultoras no Día da ES
GARDA O DÍA!
A Unión de Cooperativas EspazoCoop prepara un Encontro de Intercooperación da Sectorial de Consultoras para o vindeiro 29 de maio en sesión matinal en Santiago de Compostela, facéndoo coincidir coa celebración do Día da Economía Social Galega 2026 organizado polo Foroesgal, na mañá dese mesmo día a partir das doce. A actividade será no Hotel Puerta del Camino, a partir das 9.30 h.
Neste formulario podes reservar a túa praza, moi pronto informaremos do programa do encontro da Sectorial de Consultoras.

Nova edición do Día da Economía Social Galega
O Foro pola Economía Social Galega, o vindeiro 29 de maio volverá a reunir nun evento moi especial e significativo, un enriquecedor espazo de encontro, reflexión e impulso colectivo arredor dun modelo económico máis xusto, sostible e centrado nas persoas.
Desde o ForoESGal convida ás cooperativas socias de EspazoCoop a participar nun evento que reunirá a entidades, profesionais e persoas comprometidas coa Economía Social para compartir experiencias, coñecemento e boas prácticas, así como para poñer en valor o papel transformador deste sector en Galicia.
O programa incluirá a presentación do informe “Diagnose da economía social en Galicia: retos e oportunidades”, elaborado pola Universidade de Vigo por encargo do ForoESGal. Elena Rivo, coautora do estudo, achegará todos os detalles dun traballo que ofrece unha visión actualizada e operativa do sector no noso país.
A cita, que conta coa colaboración da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, constituirá, un ano máis, unha excelente oportunidade para fortalecer redes, xerar sinerxías e avanzar cara un futuro máis inclusivo e solidario.
Anotade na axenda! 29 de maio ás 12 h. no Hotel Puerta del Camino. Podedes inscribirvos xa a través deste formulario.

ES-Factory Pop Up: Mostra de Economía Social
ES-Factory Pop Up é un programa deseñado para impulsar proxectos de economía social mediante a creación de espazos comerciais efémeros. Estos espazos permiten aos proxectos participantes avaliar e testar de forma eficiente seus produtos, servizos ou modelos de negocio. Seleccionaranse 8 proxectos, o peche de inscricións é o 30 de abril de 2026.
O programa tamén facilita unha contorna para probar novas ideas, consolidar produtos existentes e fomentar a visibilidade de iniciativas na Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal.
A quen se dirixe?
Persoas emprendedoras da Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal interesadas en crear e impulsar proxectos empresariais de economía social.
Proxectos de economía social existentes na rexión transfronteiriza que buscan consolidar o seu crecemento, explorar novos produtos, modelos de negocio ou procesos de xestión.
Empresas de Galicia e do Norte de Portugal baixo fórmulas xurídicas de economía social que queiran experimentar con novos enfoques comerciais.
Ao longo do evento farase unha supervisión e análise de mellora ás participantes no Pop Up. Tamén levaranse a cabo accións de difusión e actos de atracción para lograr unha maior afluencia e participación da cidadanía.
Convocatoria aberta en Vigo. Celebración dos espazos expositivos prevista para o mes de xuño.
Saber máis

Abertas as inscricións ao XXI Congreso de Cooperativas de Ensino de Uecoe
Premios á Cooperación 2026
Lembrade a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración convocou os Premios á Cooperación 2026. A convocatoria conta cun prazo de presentación de solicitudes aberto desde o 26 de xaneiro ata o 30 de abril de 2026.
A medida contribúe a visibilizar o papel do cooperativismo como motor de crecemento económico sustentable, que crea emprego de calidade, integrador e asentado no territorio contribuíndo a xerar actividade e a fixar poboación no rural.
Poderán concorrer todas as cooperativas galegas que destaquen pola súa traxectoria ou iniciativas, que estean ao día das súas obrigas e que non fosen recoñecidas en edicións anteriores. Igual que en anos previos —como o último, no que participaron 15 cooperativas—, establécense tres modalidades:
- Valores cooperativos
- Mellor proxecto cooperativo novo
- Traxectoria cooperativa
Saber máis

Axudas