Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera
 









 
 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZOCOOP
 
[ 5 de setembro de 2025 ]
 
                                                                            
                                                   
 

Representantes de EspazoCoop participaron en Ourense nun encontro con Yolanda Díaz para abordar o impacto dos incendios

Representantes de EspazoCoop participaron en Ourense nun encontro con Yolanda Díaz e outras entidades da economía social galega para abordar as consecuencias dos recentes incendios forestais en Galicia.

Na reunión presentáronse datos concretos sobre os danos sufridos por cooperativas socias de EspazoCoopincluíndo perdas en instalacións, infraestruturas e actividade produtiva. Tamén se puxeron de relevo as dificultades organizativas e sociais que os lumes están a provocar nas persoas cooperativistas afectadas e nas súas comunidades, así como a necesidade de respostas rápidas e coordinadas que permitan recuperar a normalidade canto antes.

Saber máis


 


Xornada do programa EspazoCoop Emprende: impulso ao cooperativismo galego

Desde EspazoCoop comprácenos convidarvos a asistir á Xornada do programa «EspazoCoop Emprende. O teu futuro é cooperativa», no marco da Feira de Emprendemento Pont Up Store 2025.

O próximo venres 19 de setembro en colaboración con Pont-Up Store descubrirás as oportunidades que ofrece o cooperativismo para converter as túas ideas en realidade empresarial.  Abriremos unha xanela práctica sobre como poñer en marcha unha cooperativa: condicións, pasos clave e recursos dispoñibles.

Ademais, compartiremos casos de éxito que poñen en valor o potencial innovador, social e económico deste modelo de empresa, así como a súa gobernanza participativa.

Asistencia libre, previa inscrición.


Saber máis


Invitación a participar na campaña "Mulleres que transforman o cooperativismo" da ACI

Desde o Comité de Xénero da Alianza Cooperativa Internacional convidan a participar nunha nova campaña de visibilización internacional titulada “Mulleres que transforman o cooperativismo”.

A iniciativa busca destacar historias reais de mulleres que, desde as súas cooperativas, están a impulsar procesos de transformación económica, social e/o comunitaria nos seus territorios. A campaña consistirá na presentación de 8 casos representativos que serán difundidos de forma continua ao longo do ano tanto na web oficial da ACI como nas redes sociais.

A acción enmárcase no contexto do Ano Internacional das Cooperativas, o que representa unha excelente oportunidade para poñer en valor o impacto concreto do cooperativismo na vida das persoas, especialmente a través do liderado e a contribución das mulleres.


Saber máis


 

Axudas para apoiar as empresas de economía social do Concello de Santiago 

Publicáronse as bases da convocatoria das axudas destinadas a apoiar as empresas de Economía Social de Santiago, entre elas as cooperativas do concello, o prazo para a súa solicitude estará aberto ata o 1 de outubro de 2025.

A finalidade destas axudas é contribuír á consolidación e desenvolvemento do tecido empresarial no Concello apoiando a empresas de economía social mediante axudas ao gasto corrente no que incorren para desenvolver a súa actividade empresarial.

Prazo de solicitudes: 1 de outubro de 2025.

Saber máis



 


Continúa aberto o prazo de inscrición para a 4ª edición do curso "Comunidades Enerxéticas Renovables" 

A 4ª edición do Curso EC4RURAL de comunidades enerxéticas, prevista inicialmente para o 8 de setembro, dará comezo finalmente o 29 de setembro de 2025. En consecuencia, amplíase o prazo de inscricións ata o 26 de setembro. 

Xa podes inscribirte nesta formación online e gratuíta do proxecto EC4RURAL, dirixida a calquera persoa interesada (público xeral, persoal técnico de concellos e Grupos de Desenvolvemento Rural) interesada en impulsar as Comunidades de Enerxía Renovable no medio rural.

Saber máis


Estudo de necesidades de formación 2025 de Coceta

Dende a nosa Confederación chéganos esta petición para colaborar na enquisa de necesidades formativas das cooperativas socias que axudará a crear programacións a medida da demanda.

En COCETA traballamos cada día para fortalecer a formación no sector das Cooperativas e a Economía Social. Para iso, é fundamental coñecer de primeira man as necesidades reais do noso sector. A súa opinión é clave para deseñar unha oferta formativa máis útil, actualizada e adaptada aos retos que enfrontamos nunha contorna en constante cambio.

Convidámoslle a dedicar uns minutos para completar este cuestionario (non lle levará máis de 15 minutos). Coa súa participación, contribúe directamente a mellorar as oportunidades de formación para todo o sector. 

Saber máis



Conferencia europea sobre Comunidades Enerxéticas Rurais organizada por Ec4rural

Organizada polo proxecto Ec4rural terá lugar o 1 de outubro de 2025 na Universidade de Vigo no campus As Lagoas-Marcosende, baixo o título "Comunidades Enerxéticas Rurais: Tendendo pontes entre a acción local e a transición cara a enerxías limpas".

O proxecto Ec4rural, liderado pola UVigo do que a Unión de Cooperativas EspazoCoop é socia, financiado polo programa LIFE, ten como obxectivo profundar e transformar a relación entre as autoridades locais e rexionais e as comunidades rurais para contribuír á transición enerxética limpa de Europa a través dunha participación activa e xusta.

Saber máis


 

Xornada «Consolida+: Cooperativas máis fortes» 

EspazoCoop desenvolveu o programa Consolida+ Consolidando ás cooperativas na súa edición 2024-2025 que prestou servizos de asesoramento e acompañamento a cooperativas en distintos ámbitos e áreas que inciden na mellora e consolidación empresarial das cooperativas usuarias. O programa conta co apoio da Rede Eusumo-Xunta de Galicia.

Para pechar esta edición, o vindeiro martes 16 de setembro ás 10 horas, en Vigo, terá lugar a Xornada do Programa Consolida+ na sede da cooperativa A Morada.

Na sesión presentaranse o servizo Consolida+ e os resultados, daranse a coñecer boas prácticas de cooperativas consolidadas, informarase sobre liñas de apoio e axudas á consolidación, e se facilitará un espazo para facer redes de colaboración e intercooperación.

Asistencia libre, previa inscrición.


Saber máis
 


Xornada «Accede a contratos públicos » 

Estratexias para cooperativas e empresas de economía social nas contratacións públicas das Administracións.

EspazoCoop impulsa a xornada «Accede a contratos públicos » que se celebrará o martes 16 de setembro de 2025  en Vigo, nas instacións de A Morada S. Coop. Galega a partir das 15.30 h.

É unha iniciativa realizada dentro da programación da Rede Eusumo, que busca promocionar a chamada Contratación Pública Responsable, e divulgar estratexias e claves que axuden ás cooperativas e empresas de economía social nos procesos de contratacións públicas das Administracións, e no acceso ás licitacións.

Saber máis


 




Axudas


Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas. As asociadas podedes consultar as diversas referencias de axudas e acceder ás súas bases neste enlace: Axudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).

 

 



Licitacións
 
Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).
 


 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Praza do Papagaio s/n (Accede Papagaio). 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|República do Salvador 3, 2º D. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Marqués de Valladares 14, 2º. Oficinas 4-5. 36201|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO