EspazoCoop e o Concello de Santiago protagonizan a primeira declaración institucional en Galicia sobre o Ano Internacional das Cooperativas
A presidenta de EspazoCoop, Ana Olveira Blanco, participou a pasada semana no pleno do Concello de Santiago de Compostela para ler a Declaración Institucional do Concello de Santiago de Compostela polo Ano Internacional das Cooperativas 2025, convertendo a Compostela no primeiro concello galego en realizar esta histórica lectura.
Esta declaración institucional, a primeira que se le en Galicia con motivo do Ano Internacional das Cooperativas 2025, pon en valor a importancia do cooperativismo como modelo empresarial e social fundamental para o desenvolvemento sostible e equitativo da sociedade.
Saber máis

EspazoCoop consolida a colaboración co Concello de Santiago para o fomento do cooperativismo na cidade
A xornada “Transformando a cidade dende o Cooperativismo”, celebrada o 24 de setembro no Teatro Principal, reforza o compromiso institucional coa economía social no marco do Ano Internacional das Cooperativas. Unha cita que combinou cultura e reflexión sobre o papel transformador do cooperativismo na construción dunha cidade máis participativa e xusta.
Saber máis

O Concello da Coruña apoia o Ano Internacional das Cooperativas 2025 cunha declaración institucional
O pleno do Concello da Coruña celebrado esta semana contou coa lectura da Declaración Institucional do Concello da Coruña polo Ano Internacional das Cooperativas 2025, un recoñecemento institucional ao movemento cooperativo.
Esta declaración institucional pon en valor a importancia do cooperativismo como modelo empresarial e social fundamental para o desenvolvemento sostible e equitativo da sociedade, e dá visibilidade ao cooperativismo coruñes.
Saber máis

A xornada "Cultura no Ano Internacional das Cooperativas 2025", celebrarase na Cidade da Cultura en novembro
AXENDA OS DÍAS!. Con motivo do Ano Internacional das Cooperativas, co apoio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a través de AGADIC, e a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, EspazoCoop organiza un encontro do cooperativismo cultural, que se extende ata o 28 de novembro.
O programa comezará coa primeira xornada do 26 de novembro de 2025 na Sala Eisenman, Cidade da Cultura (Santiago de Compostela), ás 10.30h, cun encontro promovido por EspazoCoop en colaboración coa Confederación Española de Cooperativas de Traballo Asociado -COCETA-, para tratar a relevancia do cooperativismo no eido cultural e social para a dinamización do sector, na xornada denominada "Cultura no Ano Internacional das Cooperativas 2025". A inscrición á mesma xa está aberta.
Saber máis

Especialistas de vinte países debaten en Vigo o papel das comunidades enerxéticas rurais na transición enerxética en Europa
A conferencia organizada esta semana polo proxecto europeo EC4RURAL, do que EspazoCoop fai parte, permitiu xerar sinerxías, intercambiar experiencias e fortalecer novas redes para fomentar a colaboración entre representantes de comunidades enerxéticas rurais de toda Europa, así como grupos de acción local, investigadores, asociacións e autoridades públicas a nivel europeo.
Saber máis

Coceta impulsa GEN.Coop un programa de mentorización para a mocidade líder do cooperativismo
Dende Coceta están poñendo en marcha un proxecto dirixido a xente moza, cooperativistas de entre 20 e 35 anos: GEN.Coop. A través de tres estancias presenciais, que darán comezo este mes de outubro en Bilbao, acompañarán a 16 personas seleccionadas mediante un programa de mentoría en áreas estratéxicas, co obxectivo de fortalecer o seu liderado e fomentar unha maior implicación no ecosistema empresarial e organizativo das cooperativas.
Coceta está na fase de selección de candidaturas, e o interese en participar no programa pode manifestarse contactando con EspazoCoop.
Saber máis

Fortia Cardinal: un proxecto plurirrexional para o fortalecemento da Economía Social
A nosa socia, Xedega S. Coop. Galega anuncian a súa participación no proxecto FORTIA CARDINAL, unha iniciativa innovadora de intercooperación entre entidades de economía social que busca fortalecer o tecido de micro e pequenas cooperativas en catro comunidades autónomas: Andalucía, Euskadi, Galicia e Comunitat Valenciana.
FORTIA CARDINAL nace da alianza de catro cooperativas: GEDES (grupo Autonomía Sur), INBIKU, XEDEGA e TRANSVERSAL. Comparten unha misión común: construír un ecosistema de apoio a través do intercambio de coñecemento, a asistencia técnica especializada e a capacitación adaptada á realidade das entidades participantes.
Se formas parte dunha entidade da Economía Social e estás interesada en recibir acompañamento, segue as súas redes e ponte en contacto.
Saber máis

Feira ESDOMAR 2025 | Sábado 4 de outubro, Vigo
EspazoCoop colabora con Fundamar na Feira ESDOMAR 2025, xunto á Confraría de Pescadores de Vigo, para impulsar un espazo de promoción da actividade de entidades da economía social vinculada ao mar, que nesta edición presta especial atención ao cooperativismo coa presenza de 11 cooperativas galegas.
Será este sábado 4 de outubro de 2025 na Lonxa de Canido en Vigo, e trátase dunha iniciativa realizada co apoio da Rede Eusumo da Xunta de Galicia.
A Feira é un espazo de encontro da economía social para o emprendemento, a inclusión e a promoción da economía circular e os produtos locais da pesca artesanal, e tamén un lugar de intercambio para tecer rede entre entidades e cidadanía, co obxectivo de fortalecer o ecosistema da Economía Social e o Mar en Galicia. O programa inclúe: Presentacións, Obradoiros e actividades, Exposicións, Espazo de difusión e encontro, Música e Gastronomía.
Saber máis

Guía á túa cooperativa cara ao futuro dixital: Lidera o cambio na túa organización
Galicia Business School convídate ao Programa Xeración Dixital PEMES: Cooperativas y Economía Social, impartido por Galicia Business School en colaboración coa Xunta de Galicia e a Consellería Xeral de Emprego e Relacións Laborais xunto con EspazoCoop.
Este programa, gratuíto para persoas empresarias, responsables cooperativistas e persoas autónomas participantes, está deseñado para que cada alumno e alumna desenvolva o Plan de Transformación Dixital da súa propia entidade, acompañados de titorías individuais de persoas expertas da escola.
Saber máis