Comezan as bolsas de xerencia "Talento Cooperativo" en catro cooperativas de EspazoCoop
EspazoCoop ven de iniciar en 4 cooperativas a súa 12ª edición do programa bolsas de xerencia en cooperativas galegas. “TALENTO COOPERATIVO” arranca nos centros de traballo das empresas seleccionadas trala incorporación do persoal técnico de apoio en cada cooperativa, que nesta convocatoria son as nosas socias: Miudiño, A Talangreira do Beque, Simbiosis, e COFEPA. Ler máis

Anuncio: Contratación dun servizo de auditoría externa para EspazoCoop no Proxecto ES-Factory
EspazoCoop convoca un concurso público, baixo os principios de publicidade, transparencia e concorrencia competitiva, para a designación do controlador para a realización do servizo de auditoría externa do proyecto ES- FACTORY: Rede de Aceleradoras de economía social para impulsar e consolidar empresas en novas actividades emerxentes de Galicia e do Norte de Portugal (0259_ES_FACTORY_1_E), aprobado no marco do programa de Cooperación Territorial Europea Interreg VI A España – Portugal (POCTEP) 2021-2027, financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), que será o responsable de realizar as verificacións establecidas no artigo 74.1.a do Regulamento (UE) nº 2021/1060 e artigos 46 apartados do 3 ao 9 do Regulamento (UE) nº 2021/1059.
O período de execución do proxecto é do 01/10/20023 ao 30/09/2026. Ler máis

Faite mentora! Entra na Rede ES-Mentoring para acompañar á economía social
ES Mentoring é un proxecto promovido pola Xunta de Galicia co que EspazoCoop colabora, os servizos deste programa prestan asesoramento e acompañamento especializado, mentoring na economía social para mellorar as empresas e entidades deste sector, a súa meta é apoiar e consolidar cooperativas e outras entidades de economía social do tecido económico de Galicia, que poden ser beneficiarias dos servizos de ES Mentoring de xeito gratuíto cando as súas convocatorias están abertas.
Se eres unha profesional do sector e estás interesada en facer parte deste Catálogo e da Rede para realizar mentoring a cooperativas e outras empresas da economía social, faite mentora, en especial se contas con experiencia en sociedades laborais, empresas de inserción, comunidades de montes, empresas de economía alternativa e solidaria, entre outras, xa que son tipos de entidades da economía social galega nas que aínda quedaría marxe para contar con perfís profesionais expertos na Rede e no Catálogo.
FAITE MENTORA ! Ler máis

EspazoCoop quere felicitarte o Nadal
O consello e o equipo da Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop, desexámosvos
MOI BOAS FESTAS de Nadal e o mellor para o ANINOVO 2025.
Esperando compartir momentos, experiencias e aprendizaxes que arrequezan en nós, sen deixar de lado a tenrura e o cariz humanista nas relacións e no quefacer cooperativista...
Unha APERTA ❤️
