Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera
 






 
 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZOCOOP
 
[ 4 de outubro de 2024 ]
 


Éxito na xornada "Mulleres líderes na economía social" celebrada en Santiago de Compostela

Esta semana, o martes 1 de outubro, tivo lugar a exitosa xornada “Mulleres líderes na economía social” na Casa Xohana Torres, organizada pola Unión de Cooperativas EspazoCoop en colaboración co Concello de Santiago de Compostela. Este evento, que se enmarca dentro do programa de colaboración que ambas as dúas institucións desenvolveron ao longo de 2024, centrouse en destacar o papel das mulleres na creación e xestión de proxectos empresariais dentro da economía social e cooperativa.  Ler máis

 

 
EspazoCoop e Xunta colaboran na consolidación de preto de medio centenar de cooperativas

A pasada semana celebrouse en Vigo a xornada de presentación dos resultados do programa CONSOLIDA+, unha iniciativa desenvolta por EspazoCoop no marco das subvencións da Rede Eusumo (Consellería de Emprego, Comercio e Igualdade) co obxectivo de fortalecer o cooperativismo en Galicia.

O programa CONSOLIDA+, que se levou a cabo entre outubro de 2023 e setembro de 2024, brindou un apoio fundamental ás cooperativas galegas, axudándoas a consolidar as súas actividades, mellorar a calidade do emprego e garantir a súa supervivencia a medio e longo prazo. Ler máis


 


EspazoCoop lanza a segunda campaña SOMOS COOP poñendo en valor o impacto das cooperativas

A Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop, lanza a segunda campaña Somos Coop, unha iniciativa destinada a visibilizar e poñer en valor o cooperativismo en Galicia. A campaña terá unha duración de tres meses e busca fomentar o orgullo cooperativo e resaltar o impacto positivo deste modelo empresarial na sociedade galega.

A campaña lánzase baixo a mensaxe “Somos Coop, somos Top!” e ten como fin principal destacar os valores das cooperativas e o seu papel na construción dun modelo económico sostible e responsable. Ademais de dar a coñecer o traballo que realizan as cooperativas, esta iniciativa tamén pretende implicar ás socias da Unión e a outras entidades, animándoas a sumarse e compartir o orgullo de formar parte do movemento cooperativo.
Ler máis

 



"Talendo Cooperativo" abre a súa convocatoria!
Consolídate e mellora a túa entidade de economía social

A Unión de Cooperativas Galegas Espazocoop abre a convocatoria para participar no programa Talento Cooperativo, destinada a cooperativas e entidades da ES con necesidades de perfís profesionais en postos de xerencia e dirección. É un programa de consolidación e formación para a mellora no funcionamento das cooperativas e entidades de economía social.

Talento Cooperativo ten como obxectivo apoiar ás entidades participantes, mediante a facilitación de recursos humanos formados en xestión empresarial e con coñecementos específicos sobre cooperativas e outras fórmulas da economía social de cara a fortalecer as súas competencias en xestión empresarial ao tempo que se achega unha alternativa de remuda xeracional para as empresas beneficiarias. Prazo de solicitude: 16 de outubro 2024.
Ler máis



Participa na identificación de oportunidades de negocio na economía prateada do Proxecto ES Factory

Lanzamos unha chamada á identificación de oportunidades de negocio do sector da economía prateada do Proxecto ES Factory, liderado pola Xunta de Galicia e do que fai parte EspazoCoop.

Dentro da acción A1.-
Unidade transfronteiriza para a vinculación da economía social con outros ecosistemas emerxentes no territorio transfronteirizo, e en colaboración co socio luso TECMINHO, realizamos esta chamada á identificación de oportunidades de negocio no sector da economía prateada (servizos de atención e/ou dirixidos ás persoas maiores, como servizos sanitarios, coidados, turismo, tecnoloxía e transformación dixital, vivenda, lecer, igualdade, dependencia, actividades da vida diaria, etc.), que servirá, entre outras para contribuír á prospección de novas oportunidades de negocio neste sector, cuxos resultados se materializarán nun informe nos próximos meses. Ler máis




Encontro "Sector coidados: necesidades e potencialidades"

A Unión de Cooperativas EspazoCoop quere convidarvos a participar no encontro «Sector coidados: necesidades e potencialidades» que se celebrará o martes 8 de outubro en formato telemático, vía Zoom de 17 a 20 h. Dando continuidade ao traballo de análise de necesidades e detección de potencialidades do sector dos coidados, en EspazoCoop estamos desenvolvendo un proceso prospectivo que nos permita orientar o camiño a seguir a prol do emprendemento cooperativo e da consolidación das empresas e profesionais deste sector.

Trátase dunha acción da actividade “Consolidación do nexo entre a economía dos coidados e a economía social”, realizada no marco dos programas da Rede Eusumo 2024, e de ES-Factory Interreg España-Portugal (Poctep) 2021-2027. Ler máis



Axudas

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas As asociadas podedes consultar as diversas referencias de axudas e acceder ás bases neste enlace: Axudas    (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).


 


 
Licitacións 
 
Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).


 
 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Praza do Papagaio s/n (Accede Papagaio). 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104. Baixo esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Marqués de Valladares 14, 2º. Oficinas 4-5. 36201|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO