Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera
 



 

 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
 
[ 23 de Xuño de 2023 ]
 



Convite ao Día do Cooperativismo Galego

Celebración do Día do Cooperativismo Galego que está organizado pola Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade, será o sábado 1 de xullo coincidindo coa celebración en todo o mundo do Día Internacional das Cooperativas, na cooperativa Agroflor de Narón. Con tal motivo a Consellería envía un Convite para asistir ao acto extensible a tódalas cooperativas socias da Unión de Cooperativas. Este ano o lema escollido é “Cooperativas polo desenvolvemento sostible”. Ler máis


 




Aberto o rexistro para a Rede de Mentoras ES-MENTORING, edición 2023

O Proxecto ES-MENTORING, é unha iniciativa desenvolvida conxuntamente entre Agaca e EspazoCoop, en colaboración coa Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, co fin de apoiar e consolidar ás cooperativas e entidades de economía social galega a través de procesos de mentorización.
Acaba de abrir o prazo para rexistrarse como Mentora do programa na edición de 2023, ademais, aquelas Mentoras que xa fan parte da Rede, poden confirmar a súa continuidade e participar na formación do programa os días 27 de xuño e 5 de xullo, que lles habilitará para exercer en ES-Mentoring. Ler máis


 


As cooperativas de ensino de ACES Galicia, sindicatos e a Xunta, asinan un primeiro acordo para incentivar a recolocación do profesorado

O director xeral de Centros e Recursos Humanos da Xunta de Galicia, Jesús Álvarez, e representantes dos sindicatos e dos centros educativos concertados, entre eles as cooperativas de ensino de EspazoCoop, asinaron o pasado 14 de xuño o primeiro acordo para incentivar a recolocación do profesorado. O obxectivo é facilitar que as persoas docentes que se vexan afectadas pola modificación de unidades concertadas nestes colexios, por mor da caída da natalidade, poidan empregarse nos que manteñan ou incrementen o número de aulas con concerto, por razóns de matrícula, ou que rexistren xubilacións. Ler máis


 




Os colexios cooperativos Mendiño e Luis Vives premiados no certame `Cooperativismo no Ensino´
 

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade promove o Certame de Cooperativismo no Ensino en Galicia, que foi resolto nas últimas semanas. O certame busca difundir e promover o cooperativismo entre o alumnado dos centros de educación infantil, primaria, secundaria, educación especial, formación profesional e ensinanzas de réxime especial de Galicia, a través do impulso de actividades de fomento do cooperativismo nos centros educativos. Nesta edición de 2023, dúas cooperativas de ensino foron recoñecidas, os colexios Mendiño de Vigo e Luis Vives de Ourense. Ler máis


 




Obradoiros de Subvencións e Fondos Next Generation
[MedAtlantia s. coop. galega]

 

A nosa socia, a cooperativa MedAtlantia organiza e imparte dous obradoiros en liña e gratuítos sobre subvencións e fondos Next Generation, no marco de PEL Axenda Emprende Accións de Apoio ao Emprendemento, dos proxectos PEL Relevo e PEL Rurinnova.
Serán os días 3 e 7 de xullo. Ler máis




"Cooperativas e sostibilidade"
Xoves de cooperativismo no Papagaio [As cooperativas contan]

 

O 13 de xullo nova cita dos "Xoves de Cooperativismo no Papagaio". Unha liña de acción que EspazoCoop realiza para dinamizar o cooperativismo en colaboración co Concello da Coruña.
Neste ocasión coa actividade As Cooperativas Contan, que abordará a sostibilidade nas cooperativas. A sesión será impartida por Cem s. coop. galega e Alén s. coop. galega, no Centro de Empresas Accede Papagaio, A Coruña, de 9.30 a 11.30. Asistencia gratuíta previa inscrición.
Ler máis


 




Teleformación: Desenvolvendo a Idea Cooperativa

A Unión de Cooperativas EspazoCoop organiza un curso para coñecer que debemos analizar e ter en conta á hora de facer da nosa idea un proxecto cooperativo viable. A formación realízase en modalidade de teleformación, ten carácter gratuíto e está no marco do itinerario formativo "A cooperativa alternativa de emprego para a mocidade galega". Inicio 17 de xullo, a inscrición continúa aberta. Ler máis



 

Axudas 

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas.  As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste enlaceAxudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).  




Licitacións 

Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).


 

 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Travesía de San José 10. Entreplanta dereita. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104. Baixo esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Marqués de Valladares 14, 2º. Oficinas 4-5. 36201|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO