Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera
 






 
 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
 
[ 16 de febreiro de 2024 ]
 



Impacto positivo do programa de fomento cooperativo implementado co apoio da Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña e a Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop levan a cabo un convenio de colaboración para fomentar o cooperativismo na provincia, o traballo conxunto entre ambas entidades é a continuación da colaboración establecida dende hai varios anos. O convenio permite desenvolver 3 liñas de traballo ao redor do Emprendemento Cooperativo, a Consolidación de Cooperativas e a Xeración de Coñecemento para o sector. Ler máis

 


Encontro coa veciñanza de Outes para informar sobre a creación dunha comunidade enerxética rural

Os socios do proxecto europeo EC4RURAL continúan avanzando nas fases de traballo para dar forma ao Piloto Galego. A próxima semana terá lugar a primeira das reunións que manterán cos 22 concellos galegos que formalizaron a súa colaboración e interese en promover a creación de comunidades enerxéticas rurais nos seus territorios. Este primeiro encontro, será no Concello de Outes o luns 19 de febreiro ás 18:00 horas. É unha reunión aberta a toda a veciñanza, na que a Unión de Cooperativas EspazoCoop participará como parte integrante dos socios de Ec4Rural. Ler máis

 


Encontro virtual: "Axudas a Cooperativas 2024", Programa Consolida+
 

O próximo martes 20 de febreiro a partir das 9 da mañá EspazoCoop organiza o encontro virtual `Axudas a Cooperativas 2024´, para informar de varias axudas en vigor destinadas a cooperativas. Esta actividade fai parte do Programa Consolida+ Consolidando ás Cooperativas, e trataranse as axudas do Programa APROL Economía Social, o Bono Consolida Economía Social, e as subvencións de Apoio a Iniciativas de Emprendemento. Contaremos con representantes da Xunta de Galicia para informar e aclarar as dúbidas, a inscrición aínda está aberta. Ler máis



 


Encontro: "Sectorial das Cooperativas de Ensino", Programa Consolida+
 

O sábado 24 de febreiro a partir das 10 da mañá EspazoCoop organiza o encontro `Sectorial de Ensino´, que se celebra nas instalacións do colexio cooperativo Guillelme Brown en Pereiro de Aguiar (Ourense). Para este encontro coas cooperativas de ensino da Unión está previsto tratar diversos temas do seu interese e compartir cal e a situación actual do ensino concertado en Galicia e as perspectivas no medio prazo para os centros cooperativos e de economía social neste ámbito. O encontro finalizará cunha visita ao Colexio Guillelme Brown. Esta actividade fai parte do Programa Consolida+ Consolidando ás Cooperativas, a inscrición aínda está aberta. Ler máis


 

 
Espazocoop colabora con Ilunion no seu proxecto formativo para eliminar a fenda dixital nas cooperativas

ESPAZOCOOP acordou colaborar con ILUNION na promoción e difusión das súas accións formativas sobre competencias dixitais, promovidas por FUNDAE para eliminar a fenda dixital entre as persoas cooperativistas e traballadoras das cooperativas socias da Unión, así como doutras empresas da economía social.

A área de Formación Ilunion e Fundae impartirán ata xuño de 2025 un total de 7 accións formativas en competencias dixitais. Estarán dirixidas prioritariamente a persoas que traballan en empresas e entidades do sector da Economía Social, como son as coopererativas, co obxectivo de eliminar a fenda dixital detectada neste ámbito. Ler máis



 


Oferta de contratación
Servizo de comunicación do proxecto EspazoCoop Emprende

EspazoCoop lanza unha oferta para a contratación dun servizo de comunicación. Agardamos que sexa de interese para as cooperativas socias que realizan estes servizos e actividades, que poderán candidatarse e presentar unha proposta ata o 21 de febreiro de 2024 ás 14 horas. Obxeto do contrato: servizo de realización, desenvolvemento e avaliación dunha campaña de comunicación para o proxecto “EspazoCoop Emprende. Servizo de dinamización, apoio e acompañamento para emprender en cooperativa”. Ler máis


 


Axudas 

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas. 
As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste  enlace: Axudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha). 


 

 
Licitacións 
 
Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).

 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Travesía de San José 10. Entreplanta dereita. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104. Baixo esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Marqués de Valladares 14, 2º. Oficinas 4-5. 36201|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO