Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera
 






 
 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
 
[ 8 de marzo de 2024 ]
 



8 de marzo: cooperativismo motor económico en feminino

O papel das mulleres no cooperativismo é fundamental, desde o momento de creación de cooperativas ata a súa presenza nos consellos reitores, cunhas cifras salientables de mulleres presidentas das súas cooperativas. Neste Día Internacional da Muller, é fundamental recoñecer e celebrar o papel vital que as mulleres desempeñan no movemento cooperativo. Ler máis

 


EspazoCoop lanza o programa "Muller, a Cooperativa é para Ti"

A Unión de Cooperativas EspazoCoop preséntavos o Programa formativo: “Muller, a cooperativa é para ti” que se imparte nos meses de abril e maio de 2024 ofrecendo 3 cursos de teleformación, GRATUÍTOS, impartidos dende a Aula Virtual de EspazoCoop. A fórmula cooperativa é unha eficaz ferramenta para conseguir a integración e a igualdade no mundo laboral para as mulleres, en condicións dignas e estables, e con amplas posibilidades de desenvolvemento profesional. Ler máis



 

Ilunion invita ás cooperativas socias de EspazoCoop a unha nova oferta formativa

EspazoCoop acordou colaborar con Ilunion na promoción e difusión das súas accións e proxectos formativos. Ilunion invita ás cooperativas de socias de EspazoCoop a participar nos seus cursos gratuítos, online e cunha persoa titora experta. O proxecto ten máis de vinte accións formativas, son cursos que duran entre 10 horas e 60 horas, desenvolvidos especialmente para o sector da economía social, sobre distintas materias e  competencias. Ler máis

 


Programa para a promoción do emprego autónomo e a cota cero

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade convocou o programa de axudas para a Promoción do Emprego Autónomo e a Cota Cero para 2024.
Liña 1) Axuda para o inicio da actividade económica e mantemento do emprego como persoa traballadora autónoma.
Liña 2) Axuda equivalente a 12 meses da cota reducida á Seguridade Social por continxencias comúns e profesionais.
Serán beneficiarias aquelas persoas que causen alta definitiva no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, entre o 30 de setembro de 2023 e o 29 de setembro de 2024, ambos incluídos. Ler máis




Chamada ás escolas cooperativas: Mostra de Arte, dentro do 20º Congreso da UECoE

En relación ao 20º Congreso de UECoE a celebrar en Valencia os días 23, 24 e 25 de outubro de 2024, anúnciase que neste evento quérese dar cabida a unha MOSTRA de proxectos desenvoltos nas escolas cooperativas onde a ARTE sexa un eixo central no proceso de aprendizaxe. No caso daquelas cooperativas de ensino que queiran participar nesta exposición. A data límite para enviar o formulario é o 15 de marzo. Ler máis

 


Axudas 

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas. 
As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste  enlace: Axudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha). 


 

 
Licitacións 
 
Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).

 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Travesía de San José 10. Entreplanta dereita. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104. Baixo esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Marqués de Valladares 14, 2º. Oficinas 4-5. 36201|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO