Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera
 



 

 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
 
[ 25 de Maio de 2023 ]
 



Chega a Asemblea 2023 de EspazoCoop, con eleccións ao Consello


Celebramos a Asemblea 2023 da Unión de Cooperativas EspazoCoop.o mércores 14 de xuño ás 10.00 horas en Santiago.Como cada Asemblea, repaso da “Xestión Social 2022”, aprobación das contas e distribución dos resultados económicos. Tamén, o “Plan de Xestión 2023” e as cotas asociativas deste ano serán presentadas para debate e aprobación.Este ano destacamos que abrirá co desenvolvemento do Proceso Electoral para a elección do Consello reitor para o período 2023-2027 e poderanse recibir candidaturas ata o 8 de xuño. Ler máis




Mulleres e cooperativismo, conversa cunha socia de Andaina e unha socia de Aventeira


O cooperativismo é unha fórmula empresarial que ten a igualdade entre mulleres e homes como un dos seus principios, mais, mudou nos últimos anos a situación das mulleres nas cooperativas? Aumentou o seu peso nos consellos reitores?. Para facer unha retrospectiva da evolución da igualdade no cooperativismo falamos con Miren Alonso, socia da cooperativa Aventeira, creada en 2018, e Elisa Núñez, socia da cooperativa Andaina, constituída en 1987. Ler máis


 




Eu Avalo a EspazoCoop
Campaña para subscribir avais e acceder a financiamento de Coop57


A Unión de Cooperativas Espazocoop lanza unha subscrición de avais mancomunados, poñendo en práctica un modelo de financiamento alternativo, de maior implicación social que apoia proxectos da economía social. Entre os requisitos para poder ter acceso a financiamento de Coop57 está a subscrición de avais mancomunados por un importe igual ao que se solicita. Para que a campaña sexa exitosa precisamos amosar que a economía social e solidaria é unha rede colaborativa e que actúa como tal, por iso EspazoCoop solicita o apoio para subscribir avais e tamén para facer difusión da campaña, extendendoa a todas as redes e persoas vinculadas a elas. Ler máis


 



Cota cero en 2023
Asóciate! A Unión fai a forza


Queremos estimular entre as cooperativas galegas o interese por asociarse a EspazoCoop, por integrarse na asociación de cooperativas máis grande de Galicia en canto a número de socias, que actualmente conta cunha rede de 247 empresas cooperativas. Durante 2023 as novas socias terán Cota Cero, polo que animamos a afiliarse a tódalas cooperativas galegas que non formen parte dunha asociación de cooperativas, e empezar a beneficiarse das vantaxes que esto implica.

Asóciate! A Unión fai a forza quere contribuír a incrementar o nivel de afiliación das cooperativas galegas, e en todo caso aumentar a visibilidade e o coñecemento sobre o labor e a función da Unión no cooperativismo da comunidade. Ler máis


 



Curso: Contabilidade Cooperativa Pro

Inicio 1 de Xuño | Convidámoste a participar no curso gratuíto de contabilidade cooperativa que inicia o 1 de xuño de 2023 en modalidade de teleformación. Está dirixido a colectivos interesados no modelo de empresa cooperativa, tamén para cooperativas en funcionamento, e público interesado en xeral: Contabilidade Cooperativa, nivel Pro, Supostos Prácticos de 20 h., para o que é preciso contar con coñecementos previos de contabilidade. Ler máis
 




"Axudas e Apoios ao Cooperativismo"
Xoves de Cooperativismo no Papagaio [Pílula formativa]:


O 8 de xuño nova cita dos "Xoves de Cooperativismo no Papagaio". Unha liña de acción que EspazoCoop realiza para dinamizar o cooperativismo en colaboración co Concello da Coruña.
Neste ocasión a Pílula Formativa tratará sobre "Axudas e Apoios ao Cooperativismo".
A actividade será impartida por 50pés Consultoras s. coop. galega, no Centro de Empresas Accede Papagaio, A Coruña, de 9.30 a 11.30, con opción de seguilo vía streaming. Asistencia gratuíta previa inscrición.
Ler máis


 



Iniciamos a xornada de verán en EspazoCoop

Informamos ás cooperativas socias, usuarias e público en xeral que na Unión de Cooperativas a partir do próximo 1 de xuño e ata o 30 de setembro estaremos en horario de verán. A atención pública será de 8.30 a 15.30 horas de luns a venres. 


 




Axudas 

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas.  As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste enlace: Axudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).  




Licitacións 

Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).



 


 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Travesía de San José 10. Entreplanta dereita. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104. Baixo esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Marqués de Valladares 14, 2º. Oficinas 4-5. 36201|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO