Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera
 



 

 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
 
[ 19 de Maio de 2023 ]
 



Proximamente nova convocatoria do Bono Consolida Economía Social

A convocatoria do Bono Consolida Economía Social 2023 abrirase nas próximas semanas, a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia publicará as súas bases reguladoras. É unha axuda destinada a prestar apoio á consolidación das entidades da economía social cunha antigüidade mínima de 42 meses, con especial incidencia na transformación dixital e na mellora da eficiencia enerxética. Busca reforzar a presenza de cooperativas e outras empresas de economía social galegas no tecido económico para incrementar a súa competitividade e manter empregos de calidade.

A dotación económica da convocatoria subvencionará servizos e investimentos que as empresas beneficiarias leven a cabo entre o 1 de novembro de 2022 e o 31 de outubro de 2023.




A sectorial do ensino de EspazoCoop, na manifestación en contra do desmantelamento do ensino concertado


ACES Galicia, FeUSO e o SNEP dG foron as entidades convocantes da manifestación celebrada este pasado sábado 13 de maio en contra do desmantelamento do Ensino Concertado en Galicia, baixo o lema "O Enterro do Ensino Concertado". A sectorial de ensino de EspazoCoop, e os seus colexios cooperativos fan parte da Asociación de Centros de Economía Social de Galicia (Aces Galicia) e das reivindicacións defendidas en Santiago de Compostela. Ler máis
Imaxe: Xoán Rey



 



 

Encontro: Cooperativas de Ensino, 23 de maio

Itinerario de Intercooperación

Dentro do programa de EspazoCoop que busca impulsar procesos de intercooperación, e estimular a práctica deste Principio cooperativo fundamental, celébrase o martes 23 de maio de 17 a 20 horas o Encontro Sectorial - Ensino. A intercooperación distingue especialmente a economía cooperativa e a súa cultura empresarial, polo que a través destes encontros as cooperativas poderán exercer a colaboración e a abordaxe en común de calquera tema que lles afecte ou que queiran desenvolver. Ler máis


 



 

Curso: Contabilidade Cooperativa, nivel Pro

Convidámoste a participar no curso gratuíto de contabilidade cooperativa que inicia o 1 de xuño de 2023 en modalidade de teleformación. Está dirixido a colectivos interesados no modelo de empresa cooperativa, tamén para cooperativas en funcionamento, e público interesado en xeral: Contabilidade Cooperativa, nivel Pro, Supostos Prácticos de 20 h., para o que é preciso contar con coñecementos previos de contabilidade. Ler máis
 




2ª edición do Programa formativo "A cooperativa alternativa de emprego para a mocidade galega"

A Unión de Cooperativas EspazoCoop preséntavos a 2ª edición do Programa: “A cooperativa alternativa de emprego para a mocidade galega”. Ofrece tres cursos de teleformación gratuíta que se desenvolven na Aula Virtual de EspazoCoop. Inician o 6 de xuñoa inscrición aos cursos xa está aberta. Ler máis


 



Xoves de Cooperativismo no Papagaio [Pílula formativa]:
"Axudas e Apoios ao Cooperativismo"

 

O 8 de xuño nova cita dos "Xoves de Cooperativismo no Papagaio". Unha liña de acción que EspazoCoop realiza para dinamizar o cooperativismo en colaboración co Concello da Coruña.
Neste ocasión a Pílula Formativa tratará sobre "Axudas e Apoios ao Cooperativismo".
A actividade será impartida por 50pés Consultoras s. coop. galega, no Centro de Empresas Accede Papagaio, A Coruña, de 9.30 a 11.30, con opción de seguilo vía streaming. Asistencia gratuíta previa inscrición.
Ler máis


 




Axudas 

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas.  As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste enlaceAxudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).  




Licitacións 

Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).


 




Asóciate! A Unión fai a forza

Queremos estimular entre as cooperativas galegas o interese por asociarse a EspazoCoop, por integrarse na asociación de cooperativas máis grande de Galicia en canto a número de socias, que actualmente conta cunha rede de máis de 240 empresas cooperativas.

Asóciate! A Unión fai a forza quere contribuír a incrementar o nivel de afiliación das cooperativas galegas, e en todo caso aumentar a visibilidade e o coñecemento sobre o labor e a función da Unión no cooperativismo da comunidade. Ler máis

 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Travesía de San José 10. Entreplanta dereita. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104. Baixo esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Marqués de Valladares 14, 2º. Oficinas 4-5. 36201|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO