Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera
 









 
 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZOCOOP
 
[ 16 de xaneiro de 2026 ]
                                                                         

O Cocello de Santiago resolveu as axudas a empresas da economía social: as cooperativas as máis beneficiarias

A Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais do Concello de Santiago de Compostela vén de resolver a convocatoria de axudas destinadas a apoiar as empresas de economía social, cun total de 29 entidades beneficiarias que recibirán preto de 115.000 euros no seu conxunto. 

Entre elas 21 cooperativas, socias da Unión, recibirán axudas. As axudas convocáronse finalidade de contribuír á consolidación e desenvolvemento do tecido da economía social no Concello apoiando ás empresas deste sector, poñendo o foco no ecosistema da economía social co que conta a capital galega.

Saber máis



A Unión abre a inscrición ao programa formativo FORMACOOP

A Unión de Cooperativas EspazoCoop lanza o Programa de formación en xestión: FORMACOOP que se celebra nos meses de febreiro a maio de 2026 ofrecendo 4 cursos especializados de teleformación, gratuítos, impartidos dende a Aula Virtual de EspazoCoop.

O programa créase como unha iniciativa integral para mellorar as competencias e o desempeño profesional en xestión cooperativa nos ámbitos económico, comercial, societario, e de planificación estratéxica de empresas cooperativas.

Saber máis

 


9ª edición do Premio "Emprendemos. Fomento do emprendemento cooperativo na escola"

A Unión Española de Cooperativas de Ensino, UECoE, e Grupo Cooperativo Cajamar convocaron a novena edición do Premio “Emprendemos. Fomento do emprendemento cooperativo na escola”, dirixido ao fomento da cultura emprendedora entre os escolares que estean a cursar 3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria e Formación Profesional.

Con esta iniciativa ambas entidades queren contribuír a fomentar e compartir desde a escola os principios e valores que identifican o cooperativismo e a economía social, así como dar visibilidade e recoñecemento a proxectos que veñen desenvolvendo os centros educativos para impulsar a cultura emprendedora e a aptitute empresarial.

Animamos ás escolas e centros cooperativos a participar na convocatoria que estará aberta ata o 6 de febreiro de 2026, e a partir desa data e ata o 24 de abril de 2026 poderanse enviar os proxectos a concursar.

Saber máis



Curso: Impulsar e xestionar Comunidades Enerxéticas Renovables 

Formación especializada para liderar a transición enerxética!

O curso “Impulsar e Xestionar Comunidades Enerxéticas Renovábeis” é un título oficial de posgrao da Universidade de Vigo, dispoñible como microcredencial (MCU) a través do Centro de Posgrao e Formación Permanente (CPFP), recoñecido e avalado pola Xunta de Galicia, o Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades (MCIU) de España e a Unión Europea.

Este título ofrece formación especializada orientada á capacitación de persoal para acompañar e dinamizar a creación e desenvolvemento de Comunidades Enerxéticas Renovábeis (CER), con especial foco no ámbito rural.

O curso destaca pola súa orientación multidisciplinar e comunitaria, promovendo a participación da cidadanía e das entidades locais na transición enerxética sostible. O seu programa permite adquirir as competencias necesarias para xestionar de forma completa unha Comunidade Enerxética Renovable.

Ten unha duración de 83.2 h. e representa 3 créditos. O prazo de pre-inscrición estará aberto ata o 20 de xaneiro 2026.


Saber máis


Dispoñible o videopodcast Vivir no Cooperativismo: Clausura do Ano Internacional das Cooperativas 2025

O 11 de decembro de 2025 celebrouse o evento que peche en Galicia e a nivel institucional do Ano Internacional das Cooperativas 2025 declarado pola ONU. Celebrado na Praza da Quintana en Santiago de Compostela foi promovido pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e o Consello Galego de Cooperativas do que a Unión de Cooperativas EspazoCoop fai parte.

A cita estivo convocada baixo o lema: “Pódese vivir dentro do cooperativismo”, e foi unha celebración aberta a cooperativistas e a toda a cidadanía, especialmente ás persoas máis novas que buscan alternativas reais e transformadoras de vivir e acceder ao emprego.

Agora está dispoñible o videopodcast do acto de clausura do Ano Internacional das Cooperativas 2025, o evento puxo en valor o papel esencial das cooperativas no desenvolvemento económico e social de Galicia, a través de intervencións, experiencias e reflexións arredor do modelo cooperativo.

Saber máis



 

Axudas


Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas. As asociadas podedes consultar as diversas referencias de axudas e acceder ás súas bases neste enlace: Axudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).
 



Licitacións
 
Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).
 


 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Praza do Papagaio s/n (Accede Papagaio). 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|República do Salvador 3, 2º D. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Marqués de Valladares 14, 2º. Oficinas 4-5. 36201|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO