A xornada «Mulleres líderes na economía social» que organiza EspazoCoop o martes 1 de outubro na Casa Xohana Torres de Santiago a partir das 9.45 h., é unha iniciativa realizada dentro do programa de colaboración que mantén co Concello de Santiago de Compostela. O encontro busca visibilizar as capacidades das mulleres para emprender e dirixir proxectos empresariais exitosos, presentando recursos e boas prácticas favorecedoras do liderado das mulleres en empresas cooperativas e da economía social. Ao mesmo tempo visibilizará a contribución do cooperativismo para facilitar oportunidades de exercer a igualdade no ámbito laboral e profesional. Ler máis
EspazoCoop viaxa a Estonia: O consorcio de EC4Rural organiza a segunda reunión presencial en Tartu
Un ano despois do inicio do proxecto que impulsa a creación de comunidades enerxéticas, o consorcio de EC4RURAL organiza esta semana en Tartu (Estonia) o seu segundo encontro xeral no que participan as dez entidades socias. Do 26 a 27 de setembro, as xornadas de traballo dedicaranse a facer unha posta en común de temas organizativos, así como da evolución do proxecto, fitos cumpridos e próximas metas. O terceiro día, opcional, está reservado para coñecer esta cidade universitaria declarada Capital Europea da Cultura 2024 coincidindo cos 800 anos da súa fundación. Ler máis