Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador |
|
|
:
|
BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZOCOOP
[ 13 de setembro de 2024 ]
Xornada Consolida+. Somos cooperativas consolidadas?
A Unión de Cooperativas EspazoCoop vén desenvolvendo no período 2023-2024, en colaboración coa Rede Eusumo e a Xunta de Galicia, o programa Consolida+ Consolidando ás cooperativas, co obxectivo principal de prestar servizos de asesoramento e acompañamento a cooperativas en funcionamento, en distintos ámbitos e áreas do seu interese para a mellora e consolidación empresarial.
O venres 27 de setembro de 9.30 horas a 14 h. na cooperativa A Morada en Vigo, terá lugar a Xornada do Programa Consolida+ edición 2023-2024. Contaremos coa asistencia da Subdirectora Xeral de Economía Social, Farrah Lisa Meghazi e o Director Territorial de Pontevedra, José Antonio Rodríguez Fachado. A inscrición á mesma xa está aberta.
Presentaranse os resultados de Consolida+, daranse a coñecer boas prácticas de cooperativas consolidadas, informarase sobre liñas de apoio e axudas á consolidación, e se facilitará a xeración de redes para a colaboración e a intercooperación entre as cooperativas e o todo o público asistente á xornada. Ler máis

Encontros Sectoriais, o venres 27 de setembro
[ Programa de Intercooperación de EspazoCoop ]
EspazoCoop celebrará o venres 27 de setembro de 15.30 a 18 horas na cooperativa A Morada en Vigo dous encontros sectoriais de intercooperación:
- Encontro da sectorial Asesorías e Consultoras.
- Encontro das sectoriais Cultura, Turismo, Ocio, Patrimonio, Medio Ambiente e Ensino.
Ambas actividades están no marco dun programa que impulsa procesos de intercooperación, e promociona a práctica deste principio cooperativo que distingue especialmente a economía cooperativa e a súa cultura empresarial que pode ser exercida polas cooperativas, sumando valor, diferenciándose doutras formas de economía competitivas e excluíntes para as persoas e a sostibilidade da vida. A inscrición está aberta. Ler máis

O Concello de Sada e EspazoCoop colaboran para celebrar a sesión divulgativa « E ti, coñeces a fórmula cooperativa?»
O primeiro paso para dinamizar e impulsar o emprendemento en cooperativa é sensibilizar sobre esta alternativa de autoemprego colectivo. A través do Programa de Sensibilización do Emprendemento Cooperativo de EspazoCoop achegamos ás persoas que participan como é a realidade dunha cooperativa, as súas particularidades e as potencialidades.
No Concello de Sada, o martes 24 de setembro, de 9.30 a 13.30 h. realizamos a sesión "E ti, coñeces a fórmula?", que se realiza co apoio da Rede Eusumo. A inscrición permanece aberta. Ler máis
Este mes fomentamos o cooperativismo na USC a través do convenio co Centro de Estudos Cooperativos
Entre os fins da Unión de Cooperativas EspazoCoop está a promoción e fomento do cooperativismo como fórmula de desenvolvemento económico e social. Para acadar este obxectivo, contamos con acordos de colaboración con distintas entidades e organismos, entre os que está o convenio co Centro de Estudos Cooperativos (CECOOP) da USC.
Este novo curso académico temos en marcha iniciativas dirixidas ó alumnado do 1º e 4º curso do grao en Administración e Dirección de Empresas da USC, integrando diversas actividades, xornadas, talleres e un caso práctico no marco da ApS no que poden colaborar as cooperativas socias que estén interesadas en contar cun informe financeiro. Ler máis
Axudas a empresas de economía social do Concello de Santiago de Compostela, convocatoria 2024
O Concello de Santiago convocou as axudas destinadas a apoiar ás empresas de Economía Social de Santiago de Compostela, ás que poden optar aquelas cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego e empresas de inserción que teñan iniciada a súa actividade o 1 de xaneiro de 2024, ou que a inicien dentro do período subvencionable, tamén que as empresas teñan a súa sede social, fiscal e, polo menos, un centro de traballo, no concello de Santiago. Terán a consideración de gastos subvencionables os considerados como correntes. Prazo de solicitude: 1 de outubro de 2024. Ler máis
REAS Galicia abre o prazo de solicitudes para participar na II Feira do Mercado Social de Ribadeo
REAS Galicia convida a participar na II Feira do Mercado Social de Ribadeo o vindeiro 12 de outubro de 2024. Este mercado está impulsado polo Concello de Ribadeo e cofinanciado pola Rede Eusumo, Xunta de Galicia.
A feira desenvolverase na praza do Campo da Vila (parque se San Francisco) e estará aberta ao público de 11 a 20 h. Contará cos espazos para mostra de produtos e servizos de entidades e con programación de actividades. O espazo estará organizado en zonas temáticas: economía dos coidados; agroalimentación, produtos locais e alimentación sostible; economía circular e xestión de residuos; enerxías renovables e transición enerxética; industrias culturais.
Lembrade que participar co voso posto non ten custe algún. Prazo de solicitude 26 de setembro. Ler máis
Webinar de información e reflexión sobre a oferta de formación subvencionada na Economía Social
Nos últimos meses apareceron novas convocatorias de formación profesional para o emprego no ámbito das cooperativas e as empresas da economía social que son unha gran oportunidade para as entidades deste sector.
Únete ás persoas expertas da Fundae e Coceta para coñecer estas novas convocatorias de formación subvencionada e reflexionar sobre as súas claves de éxito. Participa na xornada prevista para o 18 de setembro de 10 a 11.30 en liña. Ler máis
Axudas
Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas As asociadas podedes consultar as diversas referencias de axudas e acceder ás bases neste enlace: Axudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).
Licitacións
Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).
|
|
|
|
ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop
A Coruña|Praza do Papagaio s/n (Accede Papagaio). 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104. Baixo esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Marqués de Valladares 14, 2º. Oficinas 4-5. 36201|+ 34 986 866 149
|
|