2ª convocatoria 
						 
						 
						Bolsas "Talento Cooperativo" 2024
						 
						
Ata o 22 de novembro de 2024 
						 
						(Como parte do proceso de selección as aspirantes terán que realizar unha acción formativa de curta duración en liña) 
						 
						  
						  
						 
						 
						O programa “Talento Cooperativo” 2024 lanza a 2ª convocatoria para seleccionar 2 persoas con estudos empresariais para 2 Bolsas de EspazoCoop en cooperativas galegas de Ferrol e A Coruña. 
						A Unión de Cooperativas EspazoCoop, abre a 2ª convocatoria do programa Talento Cooperativo 2024, na súa 12ª edición, para persoas menores de 30 anos, con preferencia a mulleres, en desemprego e con estudos en áreas da xestión empresarial. 
						EspazoCoop convoca 2 bolsas xerenciais 
						en cooperativas de Ferrol e A Coruña
						EspazoCoop convoca 2 bolsas que darán a posibilidade de realizar unha estadía en prácticas nunha cooperativa galega durante 6 meses para impulsar e apoiar o ámbito xerencial e procesos de mellora, estas bolsas están dotadas cunha axuda económica mensual bruta de 700 €. 
						A estadía en prácticas é para analizar, deseñar, planificar e desenvolver accións de mellora na xestión da cooperativa. A persoa bolseira e a cooperativa contan ademais co apoio da mentoría e titorización de EspazoCoop, que se realiza en cordinación coa cooperativa apoiando as súas necesidades e demandas. A previsión da duración da estadía é do 1 de decembro de 2024 ao 7 de maio de 2025 a razón de 25 horas semanais. As bolsas están vinculadas a un programa formativo que vai paralelo á estadía. 
						Estas son as localidades das cooperativas nas que se realizarán as estadías das bolsas: 
						
							- Ferrol (1 bolsa)
 
							- A Coruña (1 bolsa)
 
						 
						Realizar unha acción formativa como parte do proceso de selección
						Sinalar que como parte do proceso de selección as aspirantes a bolseiras, unha vez recibamos a súa solicitude, terán que realizar unha acción formativa de curta duración sobre cooperativismo e economía social en modalidade teleformación. A superación desta acción formativa será requisito imprescindible para continuar no proceso de selección. 
						A selección final das bolseiras realízase cos resultados da formación realizada, seleccionaranse as candidatas finais que pasarán unha entrevista, para seleccionar ás 2 persoas que se incorporarán ao programa de bolsas o 1 de decembro de 2024.  
						Antes de enviar a túa solicitude, consulta e revisa as bases da convocatoria
						É importante que se coñezan os obxectivos da bolsa, os compromisos que adquire a bolseira, e as demais condicións do programa Talento Cooperativo, para valorar de antemán si se poderá levar adiante o proceso formativo previo á selección, e despois a propia bolsa no caso de ser seleccionada. 
						
						PRAZO DE SOLICITUDES: para candidatarse e solicitar unha bolsa poden realizarse solicitudes dende o luns 11 de novembro ata o venres 22 de novembro de 2024. 
						 
						>> 26 NOVEMBRO | Resultado do proceso de selección: o día 26 de novembro de 2024 comunicarase ás candidatas o resultado do proceso de selección. 
						>> 28 NOVEMBRO | Xuntanza do programa Talento Cooperativo: as seleccionadas están convocadas o día 28 de novembro de 2024 ás 10 h. a unha xuntanza do programa en Santiago de Compostela (Edificio Cersia Empresa). 
						>> 01 DECEMBRO | Comezo das estadías nas cooperativas: as estadías nas cooperativas iniciarán o día 1 de decembro de 2024. 
						 
						Xa foron beneficiarias dunha estadía en prácticas nunha cooperativa 58 persoas bolseiras ao longo do conxunto de tódalas edicións. As súas valoracións son moi positivas, contribuíndo á mellora da súa formación e a acadar experiencia que facilita a incorporación ao mundo laboral. Ademais de ser un programa diferenciador, xa que as persoas se especializan en materia cooperativa e nalgúns casos quedan vinculadas profesionalmente ao sector cooperativo e da economía social. Poderíase dicir que é un programa que crea “canteira” para o mundo cooperativo. 
						Información: Unión de Cooperativas EspazoCoop | 986 866 149 – roberto@espazo.coop | de luns a venres de 9-14 h. 
						 
						Información tamén na web da Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop aquí 
						 
						Cordiais saúdos! 
						 
						--- 
						 
						Estas bolsas contan co apoio do programa 2024-2025 da Rede Eusumo, Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Xunta de Galicia, co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social do Goberno de España. E tamén, está no marco do Proxecto 0259_ES_Factory_1_E , que está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional FEDER no marco do programa Interreg VI A España – Portugal 2021-2027. 
						 
						  
						 |