Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera
 






 
 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
 
[ 3 de Novembro de 2023 ]
 



Os Programas europeos POISES 2020-2023 de EspazoCoop pechan con datos positivos no tocante á creación e consolidación de cooperativas
 

A través de POISES, Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social cofinanciado polo Fondo Social Europeo e convocado por Cepes, EspazoCoop ofreceu servizos de emprendemento e consolidación para cooperativas galegas no período 2020-2023. Poises é un dos instrumentos que o goberno de España deseñou para contribuír ao logro dos obxectivos marcados pola Estratexia Europea, especialmente os relacionados co crecemento integrador. En concreto, EspazoCoop desenvolvéronse tres Poises:

  • Programa `Consolida a túa Cooperativa´: Servizo de Apoio á Mellora Competitiva das Cooperativas Galegas.
  • Programa `Emprender en Cooperativa´: Apoio ao Emprendemento Cooperativo en Galicia.
  • Programa `Platform Coops´: Apoio á Creación de Cooperativas de Plataforma.
40 cooperativas participantes en procesos de consolidación e mellora, e 52 cooperativas apoiadas na súa creación e posta en funcionamento, son algúns dos resultados dos servizos e actividades desenvolvidas pola Unión no marco destes programas. Ler máis


 


`Financiamento Alternativo´, 9 de novembro
 
[Xoves Cooperativos, na Coruña, e vía Streaming, unha pílula formativa no marco do convenio de colaboración entre o Concello da Coruña e EspazoCoop]  
 
A próxima sesión dos Xoves cooperativos organizados por EspazoCoop en colaboración co Concello da Coruña celebrarase o 9 de novembro de 10.30 a 12.30 h., abordando a temática "Financiamento Alternativo", unha pílula formativa que será impartida por Coop57 Galicia. Reserva a túa praza para participar, ben presencialmente na Coruña, ben vía Streaming. Inscrición. Ler máis


 



Convite ás cooperativas do ámbito cultural para participar no Stand da economía social en CULTURGAL 2023
 

Dende a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade convidan ás cooperativas do ámbito cultural de EspazoCoop a participar no Stand conxunto da Economía Social en Culturgal 2023, que se celebrará do 1 ao 3 de decembro. Como cada ano disporán de xeito gratuíto dun espazo expositivo colectivo desde onde visibilizar a economía social galega, así como a diversidade de produtos e servizos das entidades culturais participantes. Recepción de intereses en participar en Culturgal 2023 ata ás 14 h. do venres 10 de novembro de 2023. Ler máis


 


A formación xerencial de EspazoCoop inicia este mes de novembro
A partir do día 7 de novembro, a Unión celebra 3 cursos gratuítos dentro do seu Programa Especializado de Formación Xerencial que realiza en colaboración co Concello da Coruña. Abordaranse materias especializadas sobre cooperativas co fin de mellorar a formación xerencial de socias e traballadoras de empresas cooperativas, ou doutras persoas e colectivos interesadas. A inscrición continúa aberta e se realizan na Coruña:

"Fiscalidade cooperativa avanzada" | 7 e 14 novembro 2023, dez horas. Impartido pola cooperativa Xiama.
"Xestión societaria e laboral nas cooperativas" | 21 e 28 novembro 2023, dez horas.  Impartido pola cooperativa Xedega.
"Transformación de empresas mercantís en cooperativas" | 5 e 12 decembro 2023, dez horas. Impartido polas cooperativas Xedega, Cerne, Abeluria, e a Federación Andaluza de Empresas Cooperativas de Traballo Asociado (Faecta) 
Ler máis

 



Axudas 

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas. As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste  enlace: Axudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha). 

 


Licitacións Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).

 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Travesía de San José 10. Entreplanta dereita. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104. Baixo esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Marqués de Valladares 14, 2º. Oficinas 4-5. 36201|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO