EspazoCoop e a Oficina Económica de Galicia colaborarán para promover a implantación de empresas cooperativas na Comunidade
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, visitou as instalacións da sociedade cooperativa Maier Ferroplast, onde se formalizou este acordo coa presidenta da Unión de Cooperativas EspazoCoop, Ana Olveira Blanco.
“Nun momento e nun sector en que tanto se fala de deslocalizacións, é moi positivo reivindicar o modelo contrario: o dunha empresa que non só produce, senón que constrúe; que xera industria, emprego e riqueza aquí”, dixo a conselleira.
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, anunciou que a Oficina Económica de Galicia vai colaborar con EspazoCoop, a entidade que agrupa as cooperativas galegas, para promover o desenvolvemento e axilizar a implantación na Comunidade de iniciativas empresariais de carácter cooperativo.
Saber máis

A xestión económica, clave para o empoderamento das socias nas cooperativas
[Curso online de 30h] As cooperativistas precisan contar con coñecementos que aporten claves para comprender a xestión económica e financeira da súa cooperativa de traballo, saber como aplicar ferramentas de planificación e análise que impacten na mellora da cooperativa, e tomar as mellores decisións, esto fai parte do seu papel como socia dunha empresa cooperativa.
Se estás interesada en contar cunha base de coñecemento e formarte en Xestión Económico-Financeira da Cooperativa de Traballo a Universidade de Santiago de Compostela lanzou un curso de formación específica (Microcredencial universitaria), en colaboración coa Unión de Cooperativas EspazoCoop.
O curso celébrase do 7 de abril ao 29 de maio de 2026 para persoas de entre 25 e 64 anos, trátase dun curso de 30 h. e 3 créditos que para acceder ao mesmo non é preciso titulación universitaria.
Webinar o 16 de abril:
"Regulamento de Réxime Interno", do programa Consolida+
O Programa Consolida+ da Unión de Cooperativas EspazoCoop, realizado no marco da Rede Eusumo, é un servizo gratuíto de asesoramento en procesos de consolidación e mellora das cooperativas. As usuarias do programa teñen á súa disposición un ciclo de webinars para tratar aspectos de organización e xestión cooperativa co que complementarán o acompañamento que están recibindo.
Aínda hai prazas dispoñibles para o próximo webinar de abril de 2026:
Regulamento de réxime interno en cooperativas > xoves 16 de abril
Neste webinar aprenderás a elaborar un regulamento de réxime interno na cooperativa, para establecer normas claras de comportamento, responsabilidades e convivencia na organización, previr conflitividade, e marcar un funcionamento operativo que garanta unha xestión de calidade.
Imparte: A sesión virtual estará guiada e dinamizada por Ana Lorenzo Vila, socióloga experta en economía social, cooperativismo, e participación social.
Saber máis

Como acompañamos proxectos cooperativos paso a paso
[Proxecto EspazoCoop Emprende] Novo artigo na web: Como acompañamos proxectos cooperativos paso a paso.
Desde a idea inicial ata o primeiro ano e medio de vida da cooperativa.
Se queres entender como funciona o proceso real, explicámolo con detalle.

Curso: "Economía Social e Emprendemento Cooperativo en Galicia"
Saber máis

Axudas