Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera

 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
 
[ 23 de Decembro de 2022 ]
 


 

Boas Festas!

Prezadas Cooperativas, Entidades, Organizacións e persoas Amigas do Cooperativismo:
A Unión de Cooperativas EspazoCoop, e a gran familia cooperativa galega, deséxavos Boas Festas e un Feliz aninovo para todas e todos. Que podamos seguir compartindo experiencias e bos momentos que nos fagan crecer e crear vínculos. Bo nadal!.

 




Xornada de Resultados de ES-MENTORING
[ Acompañamento á economía social ]

O programa ES-MENTORING, é unha iniciativa de mentorización novidosa desenvolvida conxuntamente entre Agaca e EspazoCoop, co apoio da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade co fin de apoiar e consolidar as entidades de economía social galegas. Preséntanse os resultados publicamente o próximo luns día 26 de decembro de 2022 en Santiago. Ler máis
 




"Intercooperación", un vídeo de boas prácticas
[ Programa Itinerario de Intercooperación ]

EspazoCoop desenvolveu un programa de impulso da intercooperación durante 2022, organizou 7 Encontros para estimular a práctica da intercooperación, xerar proxectos de colaboración, asesorar e acompañar a súa posta en funcionamento. Traballou cos sectores de ensino, tic, consumo, consultorías e cultura.  No marco deste programa elaborouse un vídeo de boas prácticas e casos na nosa comunidade que poden ser un modelo para outras cooperativas, empresas e organizacións da economía social. Coñece as protagonistas de varias experiencias de intercooperación galegas: Ben Mercado, Museo a Ceo Aberto, Expert Coop e a Comunidade Enerxética da Comunidade de Montes de Tameiga, neste enlace
 




A Talangreira do Beque en Campaña de Avais para financiarse con Coop57

Apúntaste? Queres ser parte das garantías dun Proxecto Cooperativo en Moaña?. A nosa cooperativa socia A Talangreira do Beque lanzou unha Campaña de recollida de avais, busca con elo acceder a  financiamento para o seu proxecto profesional a través da solicitude dun préstamo a Coop57. Esta entidade de servizos financeiros ofrece un tipo de finanzas éticas con maior implicación social que apoia proxectos da economía social, como A Talangreira do Beque S. Coop. Galega, un complexo deportivo e de lecer, nun lugar de alto valor paisaxístico, a Fraga de Moaña. Prazo: 30 de decembro de 2022. Ler máis




Asóciate! A Unión fai a forza

Queremos estimular entre as cooperativas galegas o interese por asociarse a EspazoCoop, por integrarse na asociación de cooperativas máis grande de Galicia en canto a número de socias, que actualmente conta cunha rede de máis de 235 empresas cooperativas.

Asóciate! A Unión fai a forza quere contribuír a incrementar o nivel de afiliación das cooperativas galegas, e en todo caso aumentar a visibilidade e o coñecemento sobre o labor e a función da Unión no cooperativismo da comunidade. Ler máis


 



Axudas 

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas.  As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste enlaceAxudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).  


 




Licitacións 

Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).

 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Travesía de San José 10, Ent.A. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104, baixo, esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Taboada Leal 15, entreplanta. 36203|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO