Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera

 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
 
[ 9 de Setembro de 2022 ]
 


 

Encontro 'Mellora Organizativa' | Programa Saímos Cooperando

Volvemos coas actividades para consolidar cooperativas!, o venres 16 de Setembro online.
Os
Encontros son unha actividade aberta a tódalas cooperativas galegas que se realiza no marco de Saímos Cooperando, un programa de acompañamento para empresas cooperativas. O próximo encontro do 16/09 será en horario de 9.30 a 11.30, baixo o título: “Ferramentas e boas prácticas para a Mellora Organizativa". Asistencia libre previa inscrición. Ler máis




Cooperativismo nos centros de ensino secundario e FP no Concello da Coruña

“A través do Cooperativismo” é un programa gratuíto para potenciar o emprendemento cooperativo entre o alumnado dos Centros de Ensino Secundario e FP do Concello da Coruña, que será implementado de setembro a decembro. A solicitude do programa está aberta para os centros interesados.
"A través do Cooperativismo" está impulsado dende a Unión de Cooperativas EspazoCoop, no marco do Convenio de Colaboración 2022 entre o Concello da Coruña e EspazoCoop. Ler máis





Xornada: Fomento do Cooperativismo de Consumo
[ Xoves 22 de setembro, en colaboración co Concello de Santiago de Compostela ]

A Xornada Fomento do Cooperativismo de Consumo é unha actividade realizada en colaboración co Concello de Santiago de Compostela, no marco do convenio que mantén con EspazoCoop para o ano 2022. Celébrase o 22 de setembro de 10 a 14 h. no salón de actos de Cersia Empresa.
Divulgaremos as vantaxes da cooperativa, os novos modelos de cooperativismo de consumidoras e usuarias e as experiencias que nos ofrece a economía social para o consumo. Tamén queremos detectar iniciativas que poidan ser impulsadas ou consolidadas.
Acceso libre previa inscrición.
Ler máis




Encontro | Aceleradora ImpulsoCoop

Martes 20 de Setembro online. EspazoCoop celebra un Encontro da Aceleradora da Unión #impulsocoop, en modalidade online de 9.30 a 11.30 h. Está destinado ás 10 cooperativas socias beneficiarias da Aceleradora, así como a outras cooperativas interesadas de recente constitución.
A través da Aceleradora buscamos apoiar o crecemento das novas cooperativas. Asistencia libre previa inscrición. Ler máis




Lanzamos 3 ofertas de contratación de servizos para EspazoCoop

A Unión de Cooperativas EspazoCoop lanza 3 ofertas de contratación para realizar varios servizos. As ofertas están destinadas ás cooperativas socias, que poderán candidatarse e presentar propostas para cada un dos servizos ata o 15 de setembro de 2022 ás 14 horas. Ler máis




Kracia s. coop. galega, organiza un sorteo de servizos

Sabedes que EspazoCoop conta como socia coa cooperativa de marketing dixital Kracia?.

A súa misión principal e facilitar o acceso ás ferramentas do marketing dixital a empresas. Polo que para que poidades probar os seus servizos habilitaron un sorteo nas súas redes sociais, no cal podedes participar seguindo os pasos indicados. Enlace landing page de inscripción: neste enlace
Animámosvos a participar a todas as cooperativas socias e a apoialos nos seus incios, é unha cooperativa de recente creación que quere impulsar os negocios no mundo dixital.

 


Asóciate! A Unión fai a forza

Queremos estimular entre as cooperativas galegas o interese por asociarse a EspazoCoop, por integrarse na asociación de cooperativas máis grande de Galicia en canto a número de socias, que actualmente conta cunha rede de máis de 235 empresas cooperativas.

Asóciate! A Unión fai a forza quere contribuír a incrementar o nivel de afiliación das cooperativas galegas, e en todo caso aumentar a visibilidade e o coñecemento sobre o labor e a función da Unión no cooperativismo da comunidade. Ler máis


 



Axudas 

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas.  As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste enlaceAxudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).  


 




Licitacións 

Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).



 



 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Travesía de San José 10, Ent.A. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104, baixo, esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Taboada Leal 15, entreplanta. 36203|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO