Xoves Cooperativos na Coruña e vía Streming, baixo o título: `Financiamento Alternativo´
[Pílula formativa, no marco do convenio de colaboración entre o Concello da Coruña e EspazoCoop]
A próxima sesión dos Xoves cooperativos organizados por EspazoCoop en colaboración co Concello da Coruña celebrarase o 9 de novembro de 10.30 a 12.30 h., abordando a temática "Financiamento Alternativo", unha pílula formativa que será impartida por Coop57 Galicia. A reserva de praza para participar xa está habilitada, ben presencialmente na Coruña, ben vía Streaming. Inscrición. Ler máis
Conversas en liña:
Xuventude e Cooperativas: Construíndo un futuro sostible e solidario
A nosa Confederación estatal, Coceta, organiza este encontro virtual ao que invita a participar inscribíndose para o día 31 de outubro de 12 a 14 h. Na conversa estarán intervindo dúas socias de EspazoCoop, as cooperativas galegas Xacias -comunicación- e Mala Herba -produción audiovisual-, así como representantes de Coceta e de Xuventude da Alianza Cooperativa Internacional. Ler máis
EspazoCoop asiste á presentación a 22 concellos rurais de Galicia que colaboran co proxecto europeo EC4RURAL para crear comunidades enerxéticas nos seus territorios
Os socios do proxecto europeo EC4RURAL, entre eles a Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop, reuníronse na sede da Fegamp cos representantes dos 22 concellos rurais galegos que, durante os próximos catro anos, participarán no piloto que se desenvolverá na comunidade para definir modelos de comunidade enerxética adaptados a cada realidade local. Son oito municipios da provincia da Coruña, tres de Ourense, sete de Lugo e catro de Pontevedra.O proxecto EC4RURAL, liderado pola UVIGO, está apoiado por un consorcio internacional con catro entidades galegas, e busca impulsar a transición igualitaria cara ás renovables e evitar a pobreza enerxética. Ler máis
"Intercooperación", un novo recurso audiovisual de casos reais
[ Programa Itinerario de Intercooperación ]
EspazoCoop conta cun Programa de Intercooperación apoiado pola Rede Eusumo-Xunta de Galicia, que durante 2023 organizou sete Encontros para estimular a práctica da intercooperación, xerar proxectos de colaboración, asesorar e acompañar na súa posta en funcionamento. Participaron cooperativas dos sectores de ensino, consumo, consultorías e cultura. Neste contexto, e como parte das actividades do programa, elaborouse un novo vídeo de boas prácticas e casos galegos que poden ser un modelo.
Coñece as protagonistas de varias experiencias de intercooperación: Alén do Azul (coas cooperativas 13 Grados e Catro Ventos Editora), Seguros Éticos para colexios cooperativos (coa Sectorial de Ensino de EspazoCoop e a cooperativa catalana Arçs) e Campamento O Feirón (coas cooperativas Aventeira e Scolé) neste enlace
Aínda hai prazas!
A formación xerencial de EspazoCoop arrincará cun primeiro curso de "Fiscalidade Cooperativa Avanzada"
A partir do día 7 de novembro, a Unión celebra 3 cursos gratuítos dentro do seu Programa Especializado de Formación Xerencial que realiza en colaboración co Concello da Coruña. Abordaranse materias especializadas sobre cooperativas co fin de mellorar a formación xerencial de socias e traballadoras de empresas cooperativas, ou doutras persoas e colectivos interesadas. A inscrición continúa aberta e se realizan na Coruña:
"Fiscalidade cooperativa avanzada" | 7 e 14 novembro 2023, dez horas.
Impartido pola cooperativa Xiama.
"Xestión societaria e laboral nas cooperativas" | 21 e 28 novembro 2023, dez horas.
Impartido pola cooperativa Xedega.
"Transformación de empresas mercantís en cooperativas" | 5 e 12 decembro 2023, dez horas. Impartido polas cooperativas Xedega, Cerne, Abeluria, e a Federación Andaluza de Empresas Cooperativas de Traballo Asociado (Faecta) Ler máis
Selo Colexios ODS Cooperativos
UECoE recoñece ás Cooperativas de Ensino por impulsar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible desde a aula.
A Unión estatal das Cooperativas de Ensino, UECoE, da que EspazoCoop fai parte, aliñándose cos plans de actuación para a consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) e a Axenda 2030, desenvolveu un Proxecto para potenciar a materialización dos 17 obxectivos e o coñecemento sobre os mesmos, de tal maneira que, a súa materialización real, déase nas escolas cooperativas, a través dun recoñecemento das actuacións realizadas nas mesmas, concedéndolles o Selo Colexios ODS Cooperativos. Nesta primeira edición presentáronse 100 centros cooperativos. Ler máis
Axudas
Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas. As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste enlace: Axudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).
Licitacións
Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).