Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera
 



 

 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
 
[ 7 de Xullo de 2023 ]
 



Cinco socias de EspazoCoop, recoñecidas nos Premios do Día do Cooperativismo Galego
 

O pasado 1 de xullo celebrouse o Día do Cooperativismo Galego, no que foron recoñecidas Alén S. Coop. Galega co Premio aos Valores Cooperativos, Enraizando S. Coop. Galega co Premio ao Mellor Proxecto Cooperativo, Ferrolana de Profesores de Autoescola, COFEPA S. Coop. Galega co Premio á Traxectoria Cooperativa, o Colexio cooperativo Mendiño co Accésit da modalidade de Proxectos Empresariais Cooperativos e a Cooperativa de ensino Luis Vives co Accésit da modalidade Actividades Cooperativizadas. Entrevistamos ás premiadas para coñecer estes proxectos cooperativos recoñecidos este ano. Ler máis



 




Xornada final +COOP: Apoio á creación de cooperativas

O venres 14 de xullo presentamos os resultados de +COOP, en "La Moda" Rural Lab de Silleda. A Unión de Cooperativas EspazoCoop vén desenvolvendo o programa +COOP, no período 2022-2023, en colaboración coa Rede Eusumo- Xunta de Galicia, Cepes e o FSE, co obxetivo principal de prestar servizos de apoio á cidadanía para crear empresas cooperativas e acceder con elo ao emprego, mediante a fórmula do autoemprego colectivo.  +COOP ofrece orientación, información, asesoramento e acompañamento especializado a quenes queren emprender, para facer das súas ideas de negocio e actividades profesionais, proxectos cooperativos viables, económica e socialmente. Ler máis


 




Aberto o rexistro para ser mentorizada polo programa ES-Mentoring

O programa ES-MENTORING, é unha iniciativa de mentorización novidosa desenvolvida conxuntamente entre Agaca e EspazoCoop, en colaboración coa Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade - Xunta de Galicia, co fin de apoiar e consolidar ás cooperativas e entidades de economía social galegas. Diríxese a aquelas empresas e organizacións que teñan unha necesidade específica, que están nun momento de crise, un proceso de cambio, transformación, innovación, etc, e están interesadas en recibir orientación e asesoramento sobre como enfocar a situación. Nesta edición 2023 hai 40 prazas e os servizos son gratuítos, sen custo para a empresa mentorizada.  Ler máis


 



Cooperativas e Sostibilidade
[Xoves cooperativos no Papagaio ]

Este ano o Día internacional das Cooperativas elexiu como lema `Cooperativas: aliadas para un Desenvolvemento Sostible´, neste sentido, o 13 de xullo nos Xoves cooperativos abordaremos este importante asunto para o que as cooperativas poden ser aliadas e existen moitos exemplos de que así o é. A sesión será impartida por dúas cooperativas especializadas en medio ambiente e economía circular: CEM s. coop. galega e ALÉN s. coop. galega, que estarán no Centro de Empresas Accede Papagaio, A Coruña, de 9.30 a 11.30 para guiarnos nesta temática. Asistencia gratuíta previa inscrición neste enlace. Ler máis


 




Actividades en Boiro para promover o cooperativismo

A finais de xullo celebraremos as actividades previstas para impulsar e informar sobre a creación de empresas cooperativas entre a poboación de Boiro (A Coruña). Trátase de dúas accións, unha Xornada, o mércores 26 de xullo de 2023, e un Obradoiro de 15 horas que se imparte os días 27 de xullo, 3 e 4 de agosto. Estas iniciativas fan parte do programa de colaboración que EspazoCoop mantén coa Deputación da Coruña. En concreto, fai parte dun conxunto de accións do “Itinerario de Emprendemento en Cooperativa” destinado a visibilizar as potencialidades que brinda o modelo cooperativo. Ler máis


 




Xornada de presentación ES Mentoring
Acompañando á economía social, 2ª edición
 

ES-MENTORING é un programa de acompañamento e asesoramento que se dirixe ás empresas da economía social que teñen necesidade de apoio nalgunha área ou tema específico e están interesadas en recibir orientación ou asesoramento sobre como enfocar a situación por parte doutras persoas expertas e empresas da economía social xa consolidadas e que poidan ter pasado por situacións similares con anterioridade. A Xornada de Presentación celébrase o 18 de xullo en Santiago, convidámoste a participar nela, abordará cuestións interesantes con persoas expertas no acompañamento a empresas da economía social. Ler máis

 

 

Axudas 

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas.  As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste enlaceAxudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).  




Licitacións 

Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).


 

 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Travesía de San José 10. Entreplanta dereita. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104. Baixo esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Marqués de Valladares 14, 2º. Oficinas 4-5. 36201|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO