Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera



 

 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
 
[ 31 de Marzo de 2023 ]
 


 

Galicia participa na reunión estatal do Consello de Fomento da Economía Social

O Consello de Fomento da Economía Social reuniuse este luns en Madrid e constatou o impulso que vive este modelo económico basado na participación e na xestión democrática.

No Consello estivo representada a economía social galega coa presenza da presidenta da Unión de Cooperativas EspazoCoop, Ana Olveira Blanco, nun encontro liderado polo Ministerio de Traballo e Economía Social e Cepes para analizar as melloras e avances do sector. Ler máis




EspazoCoop e representantes do Bng analizan o papel do cooperativismo galego

A Unión de Cooperativas Galegas e deputadas do BNG mantiveron unha xuntanza de traballo este xoves para analizar o importante papel do cooperativismo en Galicia, un modelo económico que medra cada ano na comunidade e representa un 7 % do PIB, ademais de defender valores como a igualdade, solidariedade ou o respecto polo medio. Desde a Unión salientouse o rol fundamental que ten o cooperativismo na comunidade e a importancia de apostar por el en sectores extratéxicos para o país. Ler máis
 




Xoves de cooperativismo no Papagaio
[Programa: Economía Social na Coruña 2023]

O próximo mes de abril arrancan os Xoves de Cooperativismo no Papagaio, unha das liñas de acción que EspazoCoop realiza para fomentar e dinamizar o cooperativismo en colaboración co Concello da Coruña durante 2023. O segundo xoves de cada mes, o público interesado poderá participar durante 2 horas en Almorzos Cooperativos, Pílulas Formativas, e Sesións "As cooperativas contan".
Apúntate á 1ª edición do Almorzo Cooperativo do xoves 13 de abril.
Ler máis




Coñece ás novas cooperativas socias

Para que vaian soando, deixamos a referencia das últimas cooperativas incorporadas como socias a EspazoCoopo, para coñecelas e que podan ser tidas en conta á hora de practicar un consumo ou comercio cooperativo, intercooperar, como aliadas á hora de realizar traballos en común ou facer redes no sector cooperativo. Son Mazariñas (Laxe), Outrora (A Guarda), Symbiose Xestión Natural (A Lama), e Magia en la Manga (Vigo). Ler máis




Curso en liña: "Impulsando un ecosistema emprendedor no cooperativismo"

O Concello de Santiago de Compostela e a Unión de Cooperativas EspazoCoop colaboran, un ano máis, na posta en funcionamento de actividades de fomento do cooperativismo. Entre elas a 3ª Edición da teleformación "Impulsando un Ecosistema Emprendedor no Cooperativismo e a Economía Social" que se celebra do 18 de abril ao 23 de maio na Aula Virtual de EspazoCoop. Unha formación para coñecer as empresas cooperativas e recomendar as mesmas nos procesos de traballo do persoal técnico de emprego e emprendemento, profesionais da creación de empresas, a orientación laboral, o desenvolvemento local, etc. A inscrición é gratuíta. Ler máis


 

 

A cooperativa alternativa de emprego para a mocidade galega

A 1ª edición do Programa: “A cooperativa alternativa de emprego para a mocidade galega”, mantén aberta a súa inscrición para os cursos de teleformación gratuíta que ofrece á mocidade galega proximamente:
- Habilidades e competencias para o traballo en equipo nas cooperativas | 20 horas
- Desenvolvendo a idea cooperativa | 20 horas
Desenvólvense na Aula Virtual de EspazoCoop e conta co apoio da Rede Eusumo. Infórmate e apúntate!
. Ler máis


 



Axudas 

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas.  As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste enlaceAxudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).  


 




Licitacións 

Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).


 




Asóciate! A Unión fai a forza

Queremos estimular entre as cooperativas galegas o interese por asociarse a EspazoCoop, por integrarse na asociación de cooperativas máis grande de Galicia en canto a número de socias, que actualmente conta cunha rede de máis de 240 empresas cooperativas.

Asóciate! A Unión fai a forza quere contribuír a incrementar o nivel de afiliación das cooperativas galegas, e en todo caso aumentar a visibilidade e o coñecemento sobre o labor e a función da Unión no cooperativismo da comunidade. Ler máis

 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Travesía de San José 10, Ent.A. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104, baixo, esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Taboada Leal 15, entreplanta. 36203|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO