Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera
 







 
 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZOCOOP
 
[ 17 de xaneiro de 2025 ]
 



EspazoCoop abordou os retos do cooperativismo na Estratexia Galega de Economía Social

A Xunta de Galicia celebrou esta semana a presentación da Estratexia Galega de Economía Social (EGAES)  - resultados 2024 e axenda 2025 -, acto no que participou a Unión de Cooperativas EspazoCoop nunha mesa na que se analizou a economía social galega dende diferentes perspectivas. No coloquio, Ana Olveira, presidenta da Unión, abordou os retos e desafíos futuros do cooperativismo, que en 2024, rexistrou en Galicia un máximo histórico na constitución destas empresas, 190 novas cooperativas, das cales 171 son de traballo asociado.
 

Saber máis


 
Continúan as sesións divulgativas de emprendemento cooperativo en Cangas do Morrazo, Narón e Ferrol

O primeiro paso para dinamizar e impulsar o emprendemento en cooperativa é sensibilizar sobre esta alternativa de autoemprego colectivo. A través do Programa de Sensibilización do Emprendemento Cooperativo de EspazoCoop achegamos ás persoas como é a realidade dunha cooperativa, as súas particularidades e as potencialidades deste modelo a nivel laboral.

 
Consolidadas: boas prácticas de cooperativas, no marco do programa Consolida+

Presentamos o primeiro dos tres vídeos realizados no marco do programa CONSOLIDA+ de EspazoCoop, unha iniciativa que brindou servizos de acompañamento a 41 cooperativas na súa pasada edición de 2024, ofrecendo un asesoramento especializado en distintas áreas de xestión.

Falamos con Árbore Consumo Consciente en Vigo, unha cooperativa que promove o consumo consciente, responsable e ecolóxico dende hai máis de vinte anos, froito da súa traxectoria recibiron o pasado ano o Premio aos Valores Cooperativos por parte da Xunta de Galicia.

Vídeo CONSOLIDADAS | Árbore Consumo Consciente S. Coop. Galega


 
 
Próximo curso de enerxías renovables, dentro do proxecto EC4Rural

A inscrición na seguinte edición do curso sobre comunidades enerxéticas renovables do proxecto EC4Rural abrirase do 1 ao 24 de febreiro a través dun formulario online.
 

En pouco máis dunha semana, a primeira edición do curso sobre comunidades enerxéticas renovables organizado por EC4RURAL cubriu a totalidade das case 50 prazas dispoñibles. Este éxito de convocatoria dá conta do interese da poboación por informarse, e formarse, sobre modelos de produción de enerxía sostibles. EspazoCoop fai parte do consorcio de socias do proxecto EC4Rural liderado pola UVigo: Fomentanto o compromiso local para a transición enerxética limpa no rural a través das comunidades enerxéticas.

Saber máis


 

UECoE e TeamLabs únense para impulsar a innovación educativa desde os valores da economía social
 
O 2025, declarado por Nacións Unidas como o Ano Internacional das Cooperativas, TeamLabs, laboratorio de aprendizaxe radical da universidade cooperativa Mondragón Unibertsitatea, e a Unión Española de Cooperativas de Ensino (UECoE), única entidade representativa en España das cooperativas de ensino e centros educativos de Economía Social, asinaron un convenio marco de colaboración co obxectivo de impulsar a innovación educativa desde os valores da economía social.

EspazoCoop e as súas cooperativas de ensino, como socia da Unión Española de Cooperativas de Enseñanza (UECoE), poderán beneficiarse da sinatura deste acordo con Teamlabs.
 
 
Súmate ao manifesto para recoñecer a Faecta coa Medalla de Andalucía

Federación Andaluza de Empresas Cooperativas solicita a todas aquelas institucións, entidades e/ou persoas vinculadas co sector cooperativo que se adhiran a este manifesto para respaldar a proposta de concesión de “Medalla de Andalucía” á Federación Andaluza de Empresas Cooperativas (FAECTA), co apoio da Consejería de Empleo, Empresa y Trabajo Autónomo, e coincidindo co 30 aniversario da organización empresarial e coa proclamación de 2025 como Ano Internacional das Cooperativas pola Asemblea Xeral de Nacións Unidas.


Saber máis




 


Axudas

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas. As asociadas podedes consultar as diversas referencias de axudas e acceder ás súas bases neste enlace: Axudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).


 



Licitacións
 
Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).
 

 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Praza do Papagaio s/n (Accede Papagaio). 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|República do Salvador 3, 2º D. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Marqués de Valladares 14, 2º. Oficinas 4-5. 36201|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO