Coñece ás novas cooperativas socias de EspazoCoop
Presentamos a un novo grupo de cooperativas, as últimas asociadas a EspazoCoop no ano 2024, deixamos a súa referencia para coñecelas e que podan ser tidas en conta á hora de practicar un consumo ou comercio cooperativo, intercooperar, como aliadas á hora de realizar traballos en común, ou para facer redes no sector cooperativo.
Saber máis
Resoltas as axudas á Economía Social do Concello de Santiago, o 78% das entidades beneficiarias son cooperativas da Unión
Un total de 27 entidades resultaron beneficiarias das axudas do Concello de Santiago destinadas a apoiar a empresas de economía social, unha convocatoria que vén de ser resolta pola Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais e á que se destinou un orzamento de 120.000 euros. Estas subvencións queren contribuir á consolidación do tecido empresarial do municipio, poñendo o foco no importante ecosistema da economía social co que conta Santiago.
O traballo representativo e de incidencia política de EspazoCoop contribúe ao impulso das políticas municipais de fomento do cooperativismo.
Saber máis
Entrevista á cooperativa A Feroz, participante no programa EspazoCoop Emprende
O programa "EspazoCoop Emprende. O teu Futuro é Cooperativa", impulsado pola Unión de Cooperativas, entrevista a A Feroz S. Coop. Galega, unha das cooperativas beneficiarias dos servizos de apoio ao emprendemento do programa: "Proporcionáronnos unha guía imprescindible e un acompañamento incalculable en todo o proceso de creación da cooperativa".
EspazoCoop Emprende é un programa Éfeso, que conta con financiamento do Fondo Social Europeo Plus para o período 2021-2027.
Saber máis
2025 Ano Internacional das Cooperativas
Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclamou oficialmente o ano 2025 como Ano Internacional das Cooperativas mediante a Resolución A/RES/78/289 , co patrocinio de Mongolia e Quenia.
Esta iniciativa subliña o papel vital das cooperativas na promoción do desenvolvemento sostible, a erradicación da pobreza e o fomento do crecemento económico inclusivo. O tema do ano, “As cooperativas constrúen un mundo mellor”, destaca o impacto global duradeiro das cooperativas, posicionándoas como solucións esenciais para os desafíos globais de hoxe.
Saber máis
Axudas