Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera
 









 
 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZOCOOP
 
[ 8 de maio de 2025 ]
 
                                                                            
                                                   
 

EspazoCoop presente no Parlamento de Galicia con motivo da declaración institucional polo Ano Internacional das Cooperativas

As cooperativas galegas, a través do Consello Galego de Cooperativas, impulsaron a declaración institucional aprobada por unanimidade na Cámara autonómica.

Representantes da Unión de Cooperativas EspazoCoop asistiron este martes ao Pleno do Parlamento de Galicia, xunto coas demais entidades que integran o Consello Galego de Cooperativas, no que se aprobou por unanimidade unha declaración institucional co gallo do Ano Internacional das Cooperativas 2025. A declaración parte precisamente dunha proposta consensuada no seo deste Consello, órgano de representación e participación do cooperativismo galego.

Saber máis


 

Asemblea de EspazoCoop, 23 de maio
"Somos Rede, Somos Impulso"

A Unión de Cooperativas EspazoCoop convoca ás cooperativas socias a súa Asemblea xeral ordinaria 2025, que se realizará o vindeiro venres 23 de maio na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.

A partir das 12 h. terá lugar un evento público para celebrar o Ano Internacional das Cooperativas 2025, a xornada "Somos Rede, Somos Impulso", á súa finalización ofrecerase un petisco cooperativo.

Saber máis




 


Presentación de UpmeUp
Portal de emprego da economía social e solidaria

Ecooo en colaboración con EspazoCoop organiza o vindeiro 15 de maio en Santiago de Compostela o Evento de Presentación de UpmeUp, o portal de emprego da economía social e solidaria impulsado polas cooperativas Facto de Catalunya, Tazebaez de Euskadi e Ecooo de Madrid.

UpmeUp é un proxecto sen ánimo de lucro e de software libre que ten pouco máis dun ano, durante este tempo colgáronse máis de 200 ofertas, rexistráronse máis de 2.000 usuarios/as e cada vez máis persoas están conseguindo traballo grazas a UpmeUp.

Saber máis


 


Programa de Intercooperación:
Encontro da Sectorial de Asesorías e Consultoras

EspazoCoop convida ás cooperativas socias asesorías e consultoras a participar no encontro que organiza o vindeiro venres 16 de maio, no marco do Programa de Intercooperación, para abordar temáticas de interese para o sector. Este programa conta co apoio da Rede Eusumo (Xunta de Galicia).

Saber máis


Teleformación:
Habilidades para o traballo en equipo en cooperativas

A Unión de Cooperativas EspazoCoop no marco do Programa formativo “Coopera Rural. Fortalecendo o tecido cooperativo no rural”, ofrece o curso de teleformación, gratuíto, impartido na Aula Virtual de EspazoCoop: "Habilidades e competencias para o traballo en equipo nas cooperativas", do 15 de maio ao 2 de xuño de 2025 (25 h.).

Esta actividade formativa conta co apoio da Rede Eusumo, e do programa EspazoCoop Emprende (Efeso).

Saber máis


 

Curso de Marketing Dixital para cooperativas

A Unión de Cooperativas Espazocoop dentro do seu Programa de Formación Especializada de Cooperativas 2025, que realiza co apoio do Concello de Santiago de Compostela ofrece o curso presencial e gratuíto:

Marketing dixital para cooperativas | 20 e 27 de maio | 10 h.
Impartido por Nakeep S. Coop. Galega (Fieito)

Queres mellorar a presenza en liña da túa cooperativa pero non sabes por onde comezar? Este curso está pensado para persoas sen coñecementos previos en márketing dixital, e axudará a entender os conceptos clave e a aplicalos ao seu proxecto. En dúas xornadas presenciais abordaranse temas como redes sociais, posicionamento en buscadores (SEO), publicidade dixital, email marketing e máis, con exemplos prácticos e recursos útiles. A formación será impartida polas persoas fundadoras de Fieito, marketplace galego de produtos sostibles, con experiencia real en comunicación e estratexia dixital.

Saber máis


 


Axudas


Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas. As asociadas podedes consultar as diversas referencias de axudas e acceder ás súas bases neste enlace: Axudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).

 

 



Licitacións
 
Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).
 

 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Praza do Papagaio s/n (Accede Papagaio). 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|República do Salvador 3, 2º D. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Marqués de Valladares 14, 2º. Oficinas 4-5. 36201|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO