Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera



 

 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
 
[ 24 de Marzo de 2023 ]
 


 

Teleformación para impulsar un ecosistema emprendedor no cooperativismo, en colaboración co Concello de Santiago

O Concello de Santiago de Compostela e a Unión de Cooperativas EspazoCoop colaboran, un ano máis, na posta en funcionamento de actividades de fomento do cooperativismo durante 2023. A próxima actuación que se ofrece é a III Edición do curso de teleformación "Impulsando un Ecosistema Emprendedor no Cooperativismo e a Economía Social" do 18 de abril ao 23 de maio na Aula Virtual de EspazoCoop. Trátase dunha formación para coñecer e recomendar as empresas cooperativas nos procesos de traballo de persoal técnico de emprego e emprendemento, profesionais da creación de empresas, a orientación laboral, desenvolvemento local, etc. A inscrición é gratuíta e xa está aberta. Ler máis


 

 

A cooperativa alternativa de emprego para a mocidade galega

A 1ª edición do Programa: “A cooperativa alternativa de emprego para a mocidade galega”, aínda ten aberta a súa inscrición para os cursos de teleformación gratuíta que ofrece á mocidade galega:
- Emprendemento cooperativo para a mocidade | 20 horas
- Habilidades e competencias para o traballo en equipo nas cooperativas | 20 horas
- Desenvolvendo a idea cooperativa | 20 horas
O primeiro dos cursos inicia o 28 de marzo, desenvólvense na Aula Virtual de EspazoCoop e conta co apoio da Rede Eusumo. Infórmate e apúntate!
. Ler máis


 


A nosa asociada, a cooperativa Alén, organiza o evento "Ser B talk Galicia" 

Alén s. coop. galega convida ás cooperativas socias da Union a participar no evento "Ser B talk Galicia" que organizan na Coruña co obxetivo de visibilizar o movemento BCorp e as empresas de impacto positivo. Dúas empresas galegas compartirán a súa experiencia e finalizarán cun networking. Luns 27 de marzo de 18-20 h. Ler máis




Última edición do Curso online "Plataformas Cooperativas Xa!"

Apúntate á sexta e última edición do curso online "PLATAFORMAS COOPERATIVAS XA!" que promove a economía dixital cooperativa e inicia o 27 de marzo de 2023. "Plataformas Cooperativas Xa!" é unha formación especializada sobre emprendemento en equipo que fomenta o desenvolvemento de novas plataformas dixitais cooperativas e a creación dunha comunidade global.
O curso está promovido pola Universidade de Mondragon – Mondragon Team Academy, a Unión de Cooperativas EspazoCoop é entidade colaboradora xunto a Florida Universitaria, Escola Andaluza de Economía Social e Tazebaez, a través dun consorcio apoiado por CEPES. Ler máis


 



Axudas "Mover os baixos" Coruña

As axudas lanzadas no programa "Mover os baixos" están en período de solicitude. Son incentivos económicos a empresas (pemes), persoas autónomas e entidades de economía social para mobilizar locais comerciais baleiros, ao tempo de mellorar o tecido económico e social da Coruña, no marco  do programa "Mover os baixos". Apoiarán a entidades que iniciasen unha nova actividade empresarial ou profesional, mediante unha subvención a fondo perdido, para minimizar os gastos iniciais promovendo a consolidación de empresas. Prazo ata o 31 de xullo ou ata esgotamento de crédito. Ler máis


 




Premios á Cooperación 2023 para as cooperativas galegas

Lembrámoste que a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade mantén aberta a convocatoria dos Premios á Cooperación 2023. O propósito desta convocatoria é fomentar e divulgar o cooperativismo, os seus principios e valores, así como recompensar publicamente o labor que as cooperativas veñen realizando no desenvolvemento do movemento cooperativo na Comunidade galega. Destinatarias: as cooperativas galegas, prazo: 28 de abril de 2023. Ler máis

 




Axudas 

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas.  As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste enlaceAxudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).  


 




Licitacións 

Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).


 




Asóciate! A Unión fai a forza

Queremos estimular entre as cooperativas galegas o interese por asociarse a EspazoCoop, por integrarse na asociación de cooperativas máis grande de Galicia en canto a número de socias, que actualmente conta cunha rede de máis de 235 empresas cooperativas.

Asóciate! A Unión fai a forza quere contribuír a incrementar o nivel de afiliación das cooperativas galegas, e en todo caso aumentar a visibilidade e o coñecemento sobre o labor e a función da Unión no cooperativismo da comunidade. Ler máis

 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Travesía de San José 10, Ent.A. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104, baixo, esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Taboada Leal 15, entreplanta. 36203|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO