Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador |
|
:
|
BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
[ 30 de Decembro de 2022 ]
Feliz Aninovo!
Deixamos 2022, chega un novo ciclo para enchelo de experiencias, aprendizaxes, retos, ilusións... Feliz Aninovo!.
EspazoCoop, Agaca e Xunta de Galicia colaboran no crecemento de entidades da economía social
A través do programa piloto Es-Mentoring, un proxecto para desenvolver procesos de mentoría, EspazoCoop, Agaca e a Xunta de Galicia colaboraron para a súa posta en funcionamento. Es-Mentoring pecha a edición 2022 con 18 empresas cooperativas e 2 asociacións do terceiro sector participantes, un programa para crecer e consolidar a súa actividade. Ademais, creouse unha rede conformada por máis de 50 persoas mentoras na economía social que compartiu os seus coñecementos para implementar melloras nas entidades. Esta semana presentáronse publicamente os resultado nunha xornada en Santiago de Compostela. Ler máis
Campaña "A Coruña, provincia cooperativa"
Durante o mes de decembro, desde EspazoCoop en colaboración coa Deputación da Coruña puxemos en marcha a campaña para promocionar e divulgar o modelo cooperativo, as cooperativas da provincia da Coruña, e as potencialidades para emprender e xerar actividade na economía cooperativa, contemplando a diversidade do territorio provincial. A provincia da Coruña conta cun tecido socioeconómico cooperativo moi importante e cunha grande presenza na actividade económica. É, das provincias galegas, onde hai un maior número de cooperativas, con máis de 600, aglutinando preto do 40% das 1.600 cooperativas activas en Galicia. E cada vez medramos máis.
Algúns dos materiais empregados para difundir as vantaxes que ten o modelo para as persoas emprendedoras foron este Folleto, o Cartel principal, e este VÍDEO. Ademais dunha variedade de recursos nas redes sociais de EspazoCoop, prensa dixital e escrita, radio e publicidade de rúa, para visibilizar os valores cooperativos.
Vídeo "Dinamizando o local desde o cooperativismo"
A Unión de Cooperativas EspazoCoop colabora dende hai máis dun lustro co Concello da Coruña na promoción do cooperativismo e a economía social. Facemos parte do Pacto Local de Emprego xunto a máis organizacións, neste contexto para valorizar esta alianza realizamos o pasado 15 de decembro a xornada "Dinamizando o local dende o Cooperativismo", na que presentamos este pequeno VÍDEO de posta en valor do traballo realizado co Concello da Coruña para fomentar o modelo cooperativo no ámbito local, esperamos que poida representar un referente para outros territorios.
Peche de oficinas de EspazoCoop do 2 ao 5 de xaneiro de 2023
Informamos que do 2 ao 5 de xaneiro de 2023 as oficinas de EspazoCoop de Vigo, Santiago e A Coruña estarán pechadas, por vacacións do persoal.
Asóciate! A Unión fai a forza
Queremos estimular entre as cooperativas galegas o interese por asociarse a EspazoCoop, por integrarse na asociación de cooperativas máis grande de Galicia en canto a número de socias, que actualmente conta cunha rede de máis de 235 empresas cooperativas.
Asóciate! A Unión fai a forza quere contribuír a incrementar o nivel de afiliación das cooperativas galegas, e en todo caso aumentar a visibilidade e o coñecemento sobre o labor e a función da Unión no cooperativismo da comunidade. Ler máis
Axudas
Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas. As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste enlace: Axudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).
Licitacións
Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).
|
|
|
|
ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop
A Coruña|Travesía de San José 10, Ent.A. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104, baixo, esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Taboada Leal 15, entreplanta. 36203|+ 34 986 866 149
|
|