Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera
 







 
 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZOCOOP
 
[ 24 de xaneiro de 2025 ]
 



EspazoCoop celebra as Xornadas de Planificación Estratéxica 2025
 

A Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop celebrou os días 23 e 24 de xaneiro as Xornadas Planificación Estratéxica que vén organizando habitualmente a principios de cada ano e que permiten facer avaliación do pasado ano, definir e programar o novo período, e establecer as principais liñas de acción para 2025. As xornadas celebráronse na sede da cooperativa AVADA, no lugar de Fontorto no concello de Mesía.


Saber máis


 
 
Sesión informativa online:
Axudas de Fiare a fondo perdido para Comunidades Enerxéticas

 

O próximo xoves 30 de xaneiro a Unión de Cooperativas EspazoCoop, en colaboración con Fiare Banca Ética, e en liña co proxecto do que é socia EC4Rural liderado pola UVigo (sobre transición enerxética limpa no rural a través das comunidades enerxéticas), organiza unha sesión informativa virtual sobre a convocatoria lanzada por Fiare para apoio económico ao desenvolvemento e a consolidación de Comunidades Enerxéticas, nos territorios das persoas socias de Fiare Banca Ética, co obxectivo de afortalar a colaboración mutua, contribuíndo á transición enerxética xusta e á loita contra o cambio climático.

Saber máis


 

 
Consolidadas: boas prácticas de cooperativas, no marco do programa Consolida+

Presentamos o segundo dos vídeos realizados no marco do programa CONSOLIDA+ de EspazoCoop, unha iniciativa que brindou servizos de acompañamento a 41 cooperativas na súa pasada edición, ofrecendo un asesoramento especializado en distintas áreas de xestión.

Falamos con Miraxe en Santiago de Compostela, un proxecto do ámbito das artes escénicas: son, iluminación e producións íntegras de pequenos e grandes eventos, como concertos, teatro, ou festivais.


Vídeo CONSOLIDADAS | Miraxe S. Coop. Galega

Saber máis


 
 
Próximo curso de Comunidades Enerxéticas Renovables, no marco do proxecto EC4Rural

A inscrición na seguinte edición do curso sobre comunidades enerxéticas renovables do proxecto EC4Rural abrirase do 1 ao 24 de febreiro a través dun formulario online.

A primeira edición do curso sobre Comunidades Enerxéticas Renovables organizado por EC4RURAL cubriu a totalidade das case 50 prazas dispoñibles. Este éxito de convocatoria dá conta do interese da poboación por informarse, e formarse, sobre modelos de produción de enerxía sostibles. EspazoCoop fai parte do consorcio de socias do proxecto EC4Rural liderado pola UVigo: Fomentanto o compromiso local para a transición enerxética limpa no rural a través das comunidades enerxéticas.

Saber máis


 
 
 
Axudas

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas. As asociadas podedes consultar as diversas referencias de axudas e acceder ás súas bases neste enlace: Axudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).


 



Licitacións
 
Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).
 

 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Praza do Papagaio s/n (Accede Papagaio). 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|República do Salvador 3, 2º D. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Marqués de Valladares 14, 2º. Oficinas 4-5. 36201|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO