2ª convocatoria das Bolsas "Talento Cooperativo" 2024
O programa “Talento Cooperativo” 2024 lanza a 2ª convocatoria para seleccionar 2 persoas con estudos empresariais para 2 Bolsas de EspazoCoop en cooperativas galegas de Ferrol e A Coruña.
A Unión de Cooperativas EspazoCoop, abre a 2ª convocatoria do programa Talento Cooperativo 2024, dentro da súa 12ª edición, para persoas menores de 30 anos, con preferencia a mulleres, en desemprego e con estudos en áreas da xestión empresarial. Prazo: 22 de novembro 2024. Ler máis

A Sectorial de Asesorías e Consultoras actualiza a marca en asesoría cooperativa ExpertCoop
A Sectorial de Asesorías e Consultoras de EspazoCoop, no seu último encontro presentou a marca ExpertCoop -asesoramento experto para cooperativas-, da Unión de Cooperativas EspazoCoop, entre outros temas abordados neste cita que celebrou a finais de setembro.
A marca ExpertCoop creouse en 2020 para identificar e comunicar a calidade e solvencia dos servizos de xestión e asesoramento que se prestan ás empresas cooperativas, un modelo empresarial que conta con particularidades que non sempre son coñecidas e polo tanto non incluídas na súa atención, en áreas como fiscalidade, contabilidade, laboral e xurídica que se prestan a empresas cooperativas. Ler máis

Xornada: "A transformación do emprendemento e axudas para alcanzala"
O vindeiro 18 de novembro en Ferrol, EspazoCoop participará na xornada "A transformación do Emprendemento e axudas para alcanzala", organizada pola Confederación de empresarios/as de Ferrolterra, Eume e Ortegal (COFER). A Directora Xerenta de EspazoCoop intervén na mesa " O Emprendemento en Economía Social", xunto ás cooperativas Larega e Alén. Programa - Inscrición

Foro Intercomunitario de Investigación Xuvenil, impulsado polo cooperativismo de ensino | 21-23 novembro, Vigo
Do 21 ao 23 de novembro celébrase en Vigo o Foro Intercomunitario de Investigación Xuvenil 2024 na Escola de Enxeñería Industrial da UVigo, que este ano celebra a súa edición número trece, no evento colabora EspazoCoop a través da súa Sectorial de Cooperativas de Ensino.
O Foro é unha iniciativa colaborativa, promovida pola escola cooperativa Colexio Plurilingüe Alborada de Vigo e o Institut El Cairat de Barcelona, xunto co Instituto Cultura Ciencia e Tecnoloxía (ICCT) e a Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop.
Contará coa participación de perto de 100 escolares de educación Secundaria e do último ciclo de primaria, pertencentes a 9 centros de ensino de Galicia e Cataluña, entre eles 2 cooperativas de ensino membros da Unión de Cooperativas EspazoCoop: Colexio Plurilingüe Alborada – Claimo S. Coop. Galega de Vigo e Colexio Santiago Apóstol S. Coop. Galega de Soutomaior. Ler máis

Encontro da Sectorial de Cultura, Turismo, Ocio, Patrimonio e Medio Ambiente de EspazoCoop en Culturgal 2024
Encontro en Pontevedra o día 29 de novembro ás 12 h. da Sectorial de Cultura de EspazoCoop e doutras empresas de economía social na Feira Culturgal, coa participación de representantes institucionais, como o Secretario xeral de emprego e relacións laborais, Pablo Fernández, entre outros.
A reunión realízase no marco da Feira das Industrias Culturais de Galicia, que se celebra en Pontevedra do 29 de novembro ao 1 de decembro de 2024, na que a Xunta organiza o Stand da Economía Social que acollerá a cooperativas socias do ámbito cultural promocionando os seus produtos e servizos neste espazo conxunto. Para participar no Encontro é preciso realizar a inscrición previa. Ler máis

A Milpa do Salnés pon en marcha unha Comunidade de Agricultura Biointensiva, e convida a facer parte dela
A Milpa do Salnés, cooperativa socia, ven de poñer en marcha a Comunidade Biointensiva, despois de máis de dez anos aprendendo o método biointensivo de agricultura, como unha forma máis estable e continuada no tempo para compartir a súa aprendizaxe con quen queira producir os seus propios alimentos de xeito autosuficiente. A Milpa convida a facer parte da súa comunidade dende a que poden brindar información de calidade, ademais de conectarte con outras produtoras de alimentos. Ler máis