Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador |
|
|
:
|
BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZOCOOP
[ 7 de marzo de 2025 ]
Fegamp e EspazoCoop estudian liñas de colaboración e de recoñecemento do cooperativismo
O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Alberto Varela, e Ana Olveira e Mar Pernas, presidenta e técnica de relacións institucionais respectivamente da Unión de Cooperativas EspazoCoop, mantiveron un encontro co fin de desenvolver actuacións de colaboración e recoñecemento do cooperativismo, como motor de desenvolvemento socioeconómico de Galicia, con motivo do Ano Internacional das Cooperativas 2025.
Saber máis

8M COOP | Día Internacional da Muller
As cooperativas rompen os estereotipos de poder e son exemplo de igualdade:
Mulleres de todo o mundo elixen o modelo cooperativo como unha ferramenta que ofrece posibilidades de acceso ao emprego, que permite participar, tomar decisións e exerxer a autonomía, poñendo en practica modelos de liderado novidosos e igualitarios, baseados nos principios cooperativos, que rompen cos estereotipos de poder. As cooperativas permiten mellorar a economía das mulleres en todo o mundo e o seu desenvolvemento persoal e profesional, xa que o modelo cooperativo conta con valores e estratexias poderosas para afrontar a desigualdade e os déficits de dereitos.
No 8 de marzo Día Internacional da Muller, EspazoCoop reivindica o modelo cooperativo como un recurso facilitador da igualdade e de dereitos para as mulleres e a sociedade.

Ourense e Chantada acollen en marzo charlas sobre emprendemento cooperativo
O primeiro paso para dinamizar e impulsar o emprendemento en cooperativa é sensibilizar sobre esta alternativa de autoemprego colectivo. A través do Programa de Sensibilización do Emprendemento Cooperativo de EspazoCoop achegamos ás persoas como é a realidade dunha cooperativa, as súas particularidades e as potencialidades deste modelo a nivel laboral. A actividade divulgativa que propón EspazoCoop consta dunha exposión divulgativa e da participación de experiencias reais de cooperativas en funcionamento.
A inscrición continúa aberta para as próximas sesións en Ourense o 20 de marzo, nas instalacións da Confederación Empresarial de Ourense (Ceo Ourense), e en Chantada o 21 de marzo na sede de Daveiga-Galletas Mariñeiras.
Saber máis
Entrevista á cooperativa Magia en la Manga, participante no programa EspazoCoop Emprende
O programa "EspazoCoop Emprende. O teu Futuro é Cooperativa", impulsado pola Unión de Cooperativas, entrevista a Magia en la Manga S. Coop. Galega, unha das cooperativas beneficiarias dos servizos de apoio ao emprendemento do programa: "Para nós, programas como EspazoCoop Emprende foron claves para poder crear a cooperativa".
EspazoCoop Emprende é un programa Éfeso, que conta con financiamento do Fondo Social Europeo Plus para o período 2021-2027.
Saber máis
Grupo para a intercooperación forma a través do informal
Convite para participar no Vermú Cooperativo Rosmón 2.0 impulsado por varias cooperativas da cidade de Vigo:
As cooperativas 13 Grados, Catro Ventos, Miudiño e A Morada, convídanvos a compartir con elas unha nova edición do Vermú Cooperativo Rosmón, unha actividade autofinanciada, que terá lugar o vindeiro xoves 13 de marzo de 12:00-14:00 h na A Morada (Enrique X. Macías, 6 - Vigo).
O obxectivo é establecer un punto de encontro para xente chulísima das cooperativas galegas, veciñas da comarca de Vigo ou arredores e mais aló, que permita coñecerse, rosmar sobre o que consideredes oportuno e incrementar as posibilidades de intercooperación entre vós, compartindo coas persoas asistentes o inicio da estratexia de intercooperación xurdida da anterior xuntanza.
Achégase o formulario para a inscrición previa e poder organizar mellor o encontro, sendo a data límite para facelo o 11 de marzo. Tende en conta que as prazas son limitadas así que logo non lle chores!
Axudas
Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas. As asociadas podedes consultar as diversas referencias de axudas e acceder ás súas bases neste enlace: Axudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).

Licitacións
Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).
|
|
|
|
ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop
A Coruña|Praza do Papagaio s/n (Accede Papagaio). 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|República do Salvador 3, 2º D. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Marqués de Valladares 14, 2º. Oficinas 4-5. 36201|+ 34 986 866 149
|
|