EspazoCoop participou nos Faladoiros dos Outonos Cooperativos 2025
Ana Olveira, Presidenta da Unión de Cooperativas EspazoCoop, participou esta semana nos `Outonos Cooperativos´, encontros inspiradores para visibilizar os valores da economía cooperativa a través de empresas asentadas no territorio galego, como é o caso da sesión dos faladoiros, en Bidafarama S. Coop. Galega (A Coruña), unha cooperativa que distribúe medicamentos a máis de 10.000 farmacias.
EspazoCoop falou no videopodcast presentado por "O Faiado Podcast", no que participaron tamén representantes de Bidafarma e Marta Mariño, Directora xeral de traballo autónomo e economía social.
Os `Outonos Cooperativos´ queren ser un espazo para que poñer o foco no papel transformador do modelo empresarial cooperativo no desenvolvemento sostible, a inclusión e o empoderamento das comunidades.
Foi unha iniciativa promovida pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e o Consello Galego de Cooperativas (Cogaco), no Ano Internacional das Cooperativas 2025.
Seguide as redes sociais de EspazoCoop e as da Rede Eusumo xa que proximamente estará dispoñible o videopodcast!

O próximo xoves 11 de decembro a praza da Quintana acolle a `Gala do Ano Internacional das Cooperativas 202´
A Consellería de Emprego, Comercio e Emigción e o Consello Galego de Cooperativas (Cogaco) promoven un acto de visibilización do Ano Internacional das Cooperativas 2025, o vindeiro xoves 11 de decembro, unha xornada concibida como recoñecemento ao papel esencial que desempeñan as cooperativas no desenvolvemento económico e social de Galicia. O evento terá lugar ás 17:30 h nun recinto cuberto situado na Praza da Quintana, en pleno corazón de Santiago de Compostela.
Unha gala conducida polas anfitrioas de O Faiado Podcast, chea de sorpresas, música, teatro... e coa participación dunha morea de cooperativas galegas.
Se buscas inspiración, conexión coa realidade galega e a confirmación de que é posible construír un futuro máis xusto e pleno, este é o teu sitio. Non é unha xornada máis, é unha celebración!
Baixo o lema “É posible vivir dentro do cooperativismo”, a gala destacará o valor d fórmula empresarial como motor de creación de emprego de calidade, promoción da igualdade e fortalecemento do tecido produtivo galego. A iniciativa pretende poñer en primeiro plano o compromiso das cooperativas coa sustentabilidade, a cohesión social e a economía do territorio.

Premios para as cooperativas polo seu bo facer e o compromiso cos valores
Decembro chegou cargado de premios para as nosas cooperativas socias. O cooperativismo é cada vez máis recoñecido, en todas partes, en tódolos sectores por valores que destacan no mundo da empresa e a economía, que fan delas un modelo a seguir.
Son empresas de xestión democrática, participativas, ligadas ao seu territorio, viables, sostibles, que aportan solucións alí onde se precisa, un modelo comprometido coa excelencia, a igualdade, a lingua e a cultura, a economía social, o desenvolvemento local, a profesionalidade, o talento ...
Sete cooperativas premiadas e oito premios acadados no último mes dan conta do seu dinamismo:
Comunidade Creativa, recibiu o Premio Comercio 2025, nos Premios Comercio Galego, da Xunta de Galicia.
Númax, Feitoría Verde, e 7h Cooperativa Cultural acadaron premios e unha mención nos Premios Excelencia Empresarial 2025, do Concello de Santiago.
Colaxe - Casas do Maior recibiu o primeiro Premio Interese Social 2025, nos XVI Premios Desenvolvemento Rural, da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.
Tako Group obtivo o Premio ao Mellor Proxecto de Economía Social do Concello da Coruña.
Aqueladas acadou o Premio Manuel Beiras 2025 polo uso do galego na empresa, da Cámara de Comercio e o Concello de Santiago.
Feitoría Verde foi unha das recoñecidas co Premio Luisa Villalta 2025 proxectos pola igualdade, da Deputación da Coruña.
Moitos parabéns a todas elas. Somos Coop, Somos Top!.
*Imaxe: vía web da Cámara de Comercio de Santiago

Mercado do Emprendemento de Pontevedra: un trampolín para o talento local e a innovación na cociña
Formar parte do Mercado do Emprendemento é unha oportunidade única que non debedes deixar pasar. Esta iniciativa, promovida polo Concello de Pontevedra permite poñer a proba un proxecto relacionado coa gastronomía, o turismo ou o comercio en condicións reais de mercado, xestionando durante un mes un posto no Mercado de Abastos, cun acompañamento técnico personalizado que axuda a mellorar a proposta, analizar resultados e fortalecer o modelo de negocio.
Ademais, participar neste programa ofrece vantaxes relevantes como: visibilidade directa fronte á clientela real, apoio profesional continuo, validación do produto ou servizo, un impulso para dar o salto ao mercado, consolidar unha marca propia ou iniciar un novo camiño profesional.
Saber máis

Axudas