| Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador |
|
|
| |
:
|
BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZOCOOP
[ 28 de novembro de 2025 ]
O cooperativismo cultural reivindica en Galicia a cultura como dereito
Tres días de encontros en Santiago, A Coruña e Pontevedra reunirán ao cooperativismo cultural de todo o Estado.
As xornadas SOMOS CULTURA, SOMOS COOP deron comezo o mércores 26 de novembro na Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, nun acto inaugural no que participaron Ana Olveira, Presidenta de EspazoCoop, e Amaya Delgado, Directora de Coceta. A inauguración marcou o inicio dun programa que situará a Galicia como punto de encontro estatal do cooperativismo cultural durante os días 26, 27 e 28 de novembro.
Saber máis

A economía social amosará no Culturgal a pegada que deixa no territorio
O stand, no que participan 20 entidades da economía social, demostrará a importancia do papel deste modelo empresarial no desenvolvemento social e medioambiental.
A 18º Feira das Culturas Galegas (Culturgal) acollerá, un ano máis, o Stand do sector cultural profesional da economía social de Galicia. Entre os días 28 e 30 de novembro, quen se achegue ao Pazo da Cultura de Pontevedra poderá visitar o posto promovido pola Secretaría Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e descubrir a diversidade de entidades que o conforman.
Nesta edición estarán presentes 20 empresas -18 cooperativas e 2 sociedades laborais- que amosarán a cidadanía, administracións, empresas, programadoras e técnicas culturais a pluralidade e riqueza dos proxectos, produtos e servizos culturais que deseñan e ofertan.
Participan nesta edición as cooperativas socias de EspazoCoop: A Casa das Redes, A Morada, Aventeira, Azul máis Verde, Cuarto de Inverno, Culturactiva, Fenda Studio Creativo, Magia en la Manga, Manchea, Miraxe, Miudiño, Noso, Númax, O Cable Inglés, Urdime, Xeitura Xestión Integral do Patrimonio Cultural, e 7h Cooperativa Cultural.
Saber máis

Este sábado EspazoCoop participa no II Encontro de Emprendemento do Concello da Coruña
O obxectivo do evento organizado polo Concello da Coruña é por en valor o ecosistema emprendedor local, para elo o próximo 29 de novembro no Mercado de San Agustín, de 10:30 a 19:00 horas levará a cabo o II Encontro de Emprendemento. A Unión de Cooperativas EspazoCoop terá a oportunidade de asistir cun posto informativo, e de intervir na mesa redonda de entidades de emprendemento.
O cooperativismo tamén estará presente nos postos de empresas coas cooperativas Tako Group, Leónikas e Manchea, ou na programación, con 50Pés, que intervirá nos "asesoramentos express" para abordar as finanzas éticas, concertando cita previa aquí, aínda que se o interese é asesorarse sobre empresa e organización pódese cocertar a cita aquí.
O encontro finalizará coa entrega dos premios ao empredemento desta segunda edición. Consulta o programa completo.
Saber máis

Outonos Cooperativos 2025
Chega unha nova entrega de Outonos Cooperativos da man do Consello Galego de Cooperativas, en colaboración coa Xunta de Galicia. Os ‘Outonos Cooperativos’ son encontros inspiradores para visibilizar a fórmula e os valores cooperativos a través de experiencias reais de cooperativas asentadas no territorio galego. Esta edición celébranse os días 4 e 5 de decembro nas cooperativas Bidafarma da Coruña e Clun de Touro, respectivamente.
Na nova edición EspazoCoop participará nos Faladoiros dos Outonos Cooperativos. A asistencia a esta iniciativa é libre previa inscrición.
Saber máis

A praza da Quintana escenario do evento: Ano Internacional das Cooperativas 2025
A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e o Consello Galego de Cooperativas promoven un acto de visibilización do Ano Internacional das Cooperativas 2025, o vindeiro xoves 11 de decembro, unha xornada concibida como recoñecemento ao papel esencial que desempeñan as cooperativas no desenvolvemento económico e social de Galicia. O evento terá lugar ás 17:30 h nun recinto cuberto situado na Praza da Quintana, en pleno corazón de Santiago de Compostela.
Unha gala conducida polas anfitrioas de O Faiado Podcast, chea de sorpresas, música, teatro... e coa participación dunha morea de cooperativas galegas.
Se buscas inspiración, conexión coa realidade galega e a confirmación de que é posible construír un futuro máis xusto e pleno, este é o teu sitio. Non é unha xornada máis, é unha celebración!
Baixo o lema “É posible vivir dentro do cooperativismo”, a gala destacará o valor desta fórmula empresarial como motor de creación de emprego de calidade, promoción da igualdade e fortalecemento do tecido produtivo galego. A iniciativa pretende poñer en primeiro plano o compromiso das cooperativas coa sustentabilidade, a cohesión social e a economía do territorio.

Continúa aberta a convocatoria da aceleradora de economía social:
ES-Factory Xunta-Impulsa
A Xunta de Galicia, no marco do Proxecto ES-Factory lanza a Aceleradora de Eocnomía Social ES-FACTORY XUNTA - IMPULSA. A aceleradora acompañará proxectos de economía social con potencial de crecemento, ofrecendo un itinerario especializado de profesionalización, formación e apoio técnico.
Convocatoria aberta ata o 3 de decembro ás 14 h. O programa de aceleración dará inicio durante o mes de decembro e extenderase ata maio de 2026.
A dita aceleradora fai parte das accións de ES-Factory, proxecto europeo liderado pola Xunta de Galicia nun consorcio de entidades de Galicia e o Norte de Portugal do que tamén é socia a Unión de Cooperativas EspazoCoop.
Saber máis

Axudas
Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas. As asociadas podedes consultar as diversas referencias de axudas e acceder ás súas bases neste enlace: Axudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).
Licitacións
Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).
|
|
|
|
|
|
ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop
A Coruña|Praza do Papagaio s/n (Accede Papagaio). 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|República do Salvador 3, 2º D. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Marqués de Valladares 14, 2º. Oficinas 4-5. 36201|+ 34 986 866 149
|
|