Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera

 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
 
[ 03 de febreiro de 2023 ]
 


 

Presentámosvos o CAMIÑO ESS. Queres facer parte deste proxecto de turismo responsable?

REAS Galicia está traballando no proxecto de turismo responsable CAMIÑO ESS. O proxecto vén de ser aprobado polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo e con el búscase contribuír ao desenvolvemento dun turismo máis sostible e responsable que poña no centro as persoas xerando impactos positivos no ámbito social, económico e ambiental nos territorios. Para iso deseñarase e porase en marcha un novo produto turístico (unha nova proposta turística) formada por iniciativas e entidades da ECONOMÍA SOCIAL E SOLIDARIA (ESS). Será executado en cinco territorios por diversas organizacións: REAS Galicia, “L´Olivera” (Cataluña), Reas Aragón, “El Colletero” (A Rioxa), e “Centro de Desarrollo Rural Carrión de los Condes” (Castela e León). Ler máis


 




Axudas PEL 2023 da Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña, no marco do Plan de Emprego Local, ven de publicar as bases reguladoras das axudas Plan de Emprego Local - PEL 2023: PEL- Emprende Investimento, PEL-Autónom@s, PEL-Pemes Creación e Ampliación e PEL-Pemes Mantemento. Prazo de solicitude: 10 de marzo de 2023 ás 14 h. Ler máis




Cooperativas de Plataforma Dixitais. Sexta edición.

A sexta edición do curso online que promove a economía dixital cooperativa inicia o 27 de marzo de 2023. Formación especializada sobre emprendemento en equipo que fomenta o desenvolvemento de novas plataformas cooperativas dixitais e a creación dunha comunidade global. O curso está promovido pola Universidade de Mondragon – Mondragon Team Academy, a Unión de Cooperativas EspazoCoop é entidade colaboradora xunto a Florida Universitaria, Escola Andaluza de Economía Social e Tazebaez, a través dun consorcio apoiado por CEPES (a Confederación empresarial española da economía social). Ler máis




Asóciate! A Unión fai a forza

Queremos estimular entre as cooperativas galegas o interese por asociarse a EspazoCoop, por integrarse na asociación de cooperativas máis grande de Galicia en canto a número de socias, que actualmente conta cunha rede de máis de 235 empresas cooperativas.

Asóciate! A Unión fai a forza quere contribuír a incrementar o nivel de afiliación das cooperativas galegas, e en todo caso aumentar a visibilidade e o coñecemento sobre o labor e a función da Unión no cooperativismo da comunidade. Ler máis


 



Axudas 

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas.  As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste enlaceAxudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).  


 




Licitacións 

Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).

 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Travesía de San José 10, Ent.A. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104, baixo, esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Taboada Leal 15, entreplanta. 36203|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO