Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera
 






 

 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
 
[ 15 de Setembro de 2023 ]
 



EspazoCoop celebrará unha xornada sobre Emprendemento Feminino o próximo 26 de setembro en colaboración co Concello de Santiago

[Somos Mulleres, Somos Emprendedoras, Somos Economía Social]

A Xornada `Emprendemento Feminino´, que se celebra o martes 26 de setembro no Cersia Empresa, é unha iniciativa realizada dentro do programa de colaboración co Concello de Santiago de Compostela. Busca dar a coñecer as oportunidades que ofrecen os modelos empresariais da economía social, fundamentalmente o cooperativismo, para os emprendementos que realizan as mulleres, debido ao seu carácter participativo, de recoñecemento da diversidade e de defensa da equidade.
Contarase
coa participación de María Rozas Pérez, Concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude. Primeira Tenenta de Alcaldesa do Concello de Santiago de Compostela, e Ana Olveira Blanco, Presidenta da Unión de Cooperativas EspazoCoop. Tamén participan 5 casos cooperativos formados por mulleres. A inscrición á mesma está aberta. Ler máis


 



 

Volven os Roteiros Cooperativos con datas en setembro e outubro

[Actividade dentro do Convenio de Colaboración co Concello de Santiago]

Tras as vacacións, volven as quendas do Roteiro Cooperativo de 2023, un xeito diferente de achegarse ás cooperativas de Santiago de Compostela, ao cooperativismo e a economía social. A segunda edición do Roteiro Cooperativo, a iniciativa promovida por EspazoCoop en colaboración co Concello de Santiago de Compostela, continúa coas súas dúas últimas quendas deste ano:

  • Martes 26 de setembro, de 16:00 a 19:00 horas
  • Xoves 5 de outubro, de 16:00 a 19:00 horas

Esta actividade consiste nunha ruta guiada por Santiago de Compostela para coñecer 4 cooperativas da cidade e achegarse ao cooperativismo e a economía social. Ler máis




Encontros Sectoriais
Cooperativas: Asesorías e Consultorías [Marca ExpertCoop]

[Dentro do Itinerario de Intercooperación de EspazoCoop]

Este programa de EspazoCoop busca impulsar procesos de intercooperación, e estimular a práctica deste Principio cooperativo fundamental, polo que celebramos o venres 22 de setembro un novo encontro online, o Encontro Sectorial das cooperativas asesorías e consutoras que son Marca ExpertCoop.
A intercooperación distingue especialmente a economía cooperativa e a súa cultura empresarial, polo que a través destes encontros as cooperativas poderán exercer a colaboración e a abordaxe en común de calquera tema que lles afecte ou que queiran desenvolver. Ler máis


 




Axudas 

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas.  As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste enlaceAxudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha). 




Licitacións 

Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).

 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Travesía de San José 10. Entreplanta dereita. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104. Baixo esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Marqués de Valladares 14, 2º. Oficinas 4-5. 36201|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO