Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera
 



 

 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
 
[ 21 de Abril de 2023 ]
 


 

A Asemblea da ONU adopta a primeira Resolución da súa historia para impulsar a economía social

A resolución da ONU insta aos estados a incorporar a Economía Social e Solidaria nos seus plans nacionais e pide ás organizacións internacionais e aos organismos financeiros internacionais a impulsala e reforzala. Insta a apoiar e potenciar esta economía como posible modelo de desenvolvemento económico e social sostible.
A resolución pioneira é un fito histórico que pode permitir que a economía social e solidaria experimente un gran crecemento. A vicepresidenta segunda e ministra de Traballo e Economía Social do goberno de España,Yolanda Díaz Pérez, tivo un papel clave e de liderado para esta aprobación, situando ao sector da ES do estado como referente en Europa e no panorama internacional.
A iniciativa desta resolución, denominada `Promover a economía social e solidaria para o desenvolvemento sostible´ foi impulsada hai dous anos dentro da Asemblea da ONU
polo Goberno de España, co apoio da OIT (Organización Internacional do Traballo), a UNCTAD (Conferencia das Nacións Unidas sobre Comercio e Desenvolvemento) e o Grupo de Traballo Interinstitucional das Nacións Unidas sobre Economía Social e Solidaria, e contou coa colaboración da Confederación Empresarial Española da Economía Social (CEPES).
Ler máis





Últimos días para inscribirse ao Programa Colectivos "A Solución é Cooperativa"

EspazoCoop desenvolve o Programa Colectivos “A Solución é Cooperativa”, conformado como un itinerario de 3 obradoiros gratuítos de teleformación.
O programa ofrece formación e orientación sobre a empresa cooperativa a colectivos de persoas en proceso de mellora da súa situación laboral e social. Dará inicio o próximo 25 de abril, co apoio da Rede Eusumo, e en colaboración co Concello de Lugo e Federación de Asociacións de Ámbito Social - FADAS Lugo. Cursos:
- Curso: Emprendendo en cooperativa. Inicio 25 de abril, vinte horas.
- Curso: Habilidades e competencias para o traballo en equipo nas cooperativas. Inicio 9 de maio, vinte horas.
- Desenvolvendo a idea cooperativa. Inicio 30 de maio, vinte horas.

Ler máis


 




Actividades en Sada para promover o cooperativismo

A segunda semana de maio a Unión de Cooperativas inicia as actividades previstas para impulsar e informar sobre creación de empresas cooperativas entre a poboación de Sada  (A Coruña). Trátase de dúas accións, unha Xornada, o luns 8 de maio de 2023, e un Obradoiro de 15 horas que se impartirá os días 10, 12 e 15 de maio no Salón de Plenos do Concello de Sada.
Estas iniciativas fan parte do programa de colaboración que EspazoCoop mantén coa Deputación da Coruña, destinado a visibilizar as potencialidades que brinda o modelo cooperativo.
Ler máis
 




En maio arrancan os cursos de contabilidade cooperativa

Convidámoste a participar nos cursos gratuítos de contabilidade cooperativa que inician o 2 de maio de 2023 en modalidade de teleformación. Esta formación está dirixida a diversos colectivos interesados no modelo de empresa cooperativa e tamén para cooperativas en funcionamento, e público interesado en xeral.
Contabilidade Cooperativa – nivel 0 | Inicio 2 de maio, vinte horas.
- Contabilidade Cooperativa – nivel Pro, supostos prácticos | Inicio 1 de xuño, vinte horas.

Os cursos fan parte do programa de actividades 2023 entre o Concello da Coruña e EspazoCoop. Ler máis
 




Formacións para mellorar as competencias no eido laboral
50pés consultoras S. Coop. Galega

A cooperativa 50pés Consultoras, socia da Unión, lanza unha nova formación presencial de 2 encontros para axudar a mellorar as competencias no eido laboral cun desconto especial do 20% para entidades asociadas a EspazoCoop. Ler máis


 



Axudas 

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas.  As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste enlaceAxudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).  


 




Licitacións 

Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).


 




Asóciate! A Unión fai a forza

Queremos estimular entre as cooperativas galegas o interese por asociarse a EspazoCoop, por integrarse na asociación de cooperativas máis grande de Galicia en canto a número de socias, que actualmente conta cunha rede de máis de 240 empresas cooperativas.

Asóciate! A Unión fai a forza quere contribuír a incrementar o nivel de afiliación das cooperativas galegas, e en todo caso aumentar a visibilidade e o coñecemento sobre o labor e a función da Unión no cooperativismo da comunidade. Ler máis

 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Travesía de San José 10. Entreplanta dereita. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104. Baixo esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Marqués de Valladares 14, 2º. Oficinas 4-5. 36201|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO