Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera
 



 

 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
 
[ 14 de Abril de 2023 ]
 


 

EspazoCoop participou no evento 'Cooperativas pola Sostibilidade' organizado por Coceta en Menorca 

Representantes da Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop participaron no evento 'Cooperativas pola Sostibilidade' e no Consello Reitor da Confederación estatal de cooperativas de traballo os días 30 e 31 de marzo en Menorca.
Emilia Candal e Claudia Rodríguez, do consello de EspazoCoop, asistiron a este evento que xirou ao redor do ODS 14 sobre Vida Submarina e a contribución das cooperativas, tamén dende a perspectiva do ODS 17 sobre Alianzas necesarias para lograr o conxunto dos Obxetivos de Desenvolvemento Sostible. Cobra sentido que a illa de Menorca e a organización Uctaib foran as anfitrioas polo longo percorrido que ven realizando en sostibilidade, para ilustrar ese traballo e compartilo a modo de boas prácticas nas que hai cooperativas implicadas. L
er máis




Catálogo 2023 de EspazoCoop - actividades e servizos - 

A Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop desenvolvemos e colaboramos en programas e estratexias que consoliden o cooperativismo e especialmente os que fagan máis fortes ás súas cooperativas socias.
Presentamos o Catálogo 2023 con distintas actividades e servizos programados co obxetivo de mellorar a visibilidade e o impacto que ten o cooperativismo na sociedade, apoiar e acompañar ás cooperativas socias na súa consolidación e evolución, prestar soporte na creación de novas cooperativas, e promover e difundir o cooperativismo entre a cidadanía. Ler máis




EspazoCoop inicia o programa 'Apoio á Función Xerencial' para potenciar ás cooperativas

A Unión de Cooperativas EspazoCoop puxo en marcha a 11 edición do programa 'Apoio á Función Xerencial en Cooperativas', unha iniciativa para mellorar as condicións nas que as cooperativas confrontan a función xerencial e os procesos de mellora nas súas organizacións.
As beneficiarias das bolsas de xerencia, na edición de 2023, son as cooperativas Árbore Consumo Consciente, Colexio Vila de Arenteiro, Labrecos e Geomático. Desde o seu inicio máis de 100 beneficiarias directas (54 cooperativas e 54 bolseiras) recibiron apoio  no marco deste programa e viron fortalecidas as súas competencias de xestión. Ler máis

 




En maio arrancan os cursos de contabilidade cooperativa

Convidámoste a participar nos cursos gratuítos de contabilidade cooperativa que inician o 2 de maio de 2023 en modalidade de teleformación. Esta formación está dirixida a diversos colectivos interesados no modelo de empresa cooperativa e tamén para cooperativas en funcionamento, e público interesado en xeral.
Contabilidade Cooperativa – nivel 0 | Inicio 2 de maio, vinte horas.
Contabilidade Cooperativa – nivel Pro, supostos prácticos | Inicio 1 de xuño, vinte horas.
Os cursos fan parte do programa de actividades 2023 entre o Concello da Coruña e EspazoCoop. Ler máis
 




Xornada de presentación El Camino ESS -Turismo responsable- en Redondela

Xornada de presentación do proxecto El Camino ESS -Turismo Responsable- impulsado por REAS Galicia que terá lugar o xoves 20 de abril de 11 a 13.30 h. nas instalacións da cooperativa Espaço Vivo (Camiño de Fixón, 64 baixo. Negros-Pontevedra).
Nela explicarán polo miúdo de que se trata, os valores do proxecto, a duración, ou os beneficios, para comezar con aquelas cooperativas, e outras empresas de economía social e solidaria que estén interesadas en facer parte. Neste evento ademais haberá un tempo para un pequeno almorzo.
Web El Camino EES // Confirmación de asistencia en: galicia@elcaminoess.com.



 


Últimos días para inscribirse ao curso en liña: "Impulsando un ecosistema emprendedor no cooperativismo"

O Concello de Santiago de Compostela e a Unión de Cooperativas EspazoCoop colaboran, un ano máis, na posta en funcionamento de actividades de fomento do cooperativismo. Entre elas está a
3ª edición do Curso: "Impulsando un Ecosistema Emprendedor no Cooperativismo e a Economía Social" que se celebra do 18 de abril ao 23 de maio na Aula Virtual de EspazoCoop.
Unha formación para coñecer as empresas cooperativas e recomendar as mesmas nos procesos de traballo do persoal técnico de emprego e emprendemento, profesionais da creación de empresas, a orientación laboral, o desenvolvemento local, etc. A inscrición é gratuíta.
 Ler máis


 

 

A cooperativa alternativa de emprego para a mocidade galega

A 1ª edición do Programa: “A cooperativa alternativa de emprego para a mocidade galega”, mantén aberta a súa inscrición para os cursos de teleformación gratuíta que ofrece á mocidade galega:
- Curso: Habilidades e competencias para o traballo en equipo nas cooperativas | Inicio 18 de abril, vinte horas.
- Curso: Desenvolvendo a idea cooperativa | Inicio 23 de maio, vinte horas.
Desenvólvense na Aula Virtual de EspazoCoop e conta co apoio da Rede Eusumo. Infórmate e apúntate!
. Ler máis


 



Axudas 

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas.  As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste enlaceAxudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).  


 




Licitacións 

Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).


 




Asóciate! A Unión fai a forza

Queremos estimular entre as cooperativas galegas o interese por asociarse a EspazoCoop, por integrarse na asociación de cooperativas máis grande de Galicia en canto a número de socias, que actualmente conta cunha rede de máis de 240 empresas cooperativas.

Asóciate! A Unión fai a forza quere contribuír a incrementar o nivel de afiliación das cooperativas galegas, e en todo caso aumentar a visibilidade e o coñecemento sobre o labor e a función da Unión no cooperativismo da comunidade. Ler máis

 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Travesía de San José 10, Ent.A. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104, baixo, esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Taboada Leal 15, entreplanta. 36203|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO