Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera

 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
 
[ 7 de Octubre de 2022 ]
 


 

Apúntate! a emprender en cooperativa, actividades coa Deputación da Coruña

A Unión de Cooperativas EspazoCoop e a Deputación Provincial da Coruña están colaborando no marco do convenio asinado este ano para realizar un ITINERARIO DE EMPRENDEMENTO COOPERATIVO destinado á cidadanía da provincia coruñesa.

O Itinerario está conformado por tres actividades e servizos gratuítos que apoian o modelo empresarial cooperativo no ámbito territorial da provincia da Coruña: un servizo de asesoramento e acompañamento a proxectos cooperativos, un curso sobre cooperativas online, e unha xornada de divulgación. A través deste programa preténdese ademais, detectar oportunidades para a actividade económica dende a vía cooperativa. Ler máis




Programa da axudas Xempre Emprendemento

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade abriu a convocatoria da subvención ‘Xempre Emprendemento’, mediante a que pemes, persoas traballadoras autónomas e sociedades cooperativas e laborais poderán financiar os investimentos realizados dende o 1 de xaneiro de 2022 ata a data da solicitude. O prazo para solicitala remata o 4 de novembro de 2022.

O obxectivo é outorgar liquidez ás iniciativas empresariais nacidas a partir do 1 de xaneiro de 2020 para contribuír a manter a súa actividade. Ler máis




Xerar e madurar Proxectos de Intercooperación

A Unión de Cooperativas EspazoCoop organiza un Encontro en liña, o xoves 19 de outubro. Entre as actividades que conforman o Programa Itinerario de Intercooperación de EspazoCoop, dinamizamos encontros de xeración de proxectos de colaboración entre cooperativas e outras empresas e entidades da Economía Social e Solidaria, en particular para os sectores como a cultura, ensino, asesorías, consumo, ou TIC, entre outros.
A próxima sesión para xerar e madurar intercooperacións será o 19 de outubro, en formato virtual de 9.30 a 11.30 h. Hai motivos para intercooperar, exerce a intercooperación!. Asistencia libre previa inscrición. Ler máis





XI Xornada de Tributación na Econonía Social - Cepes

10 de outubro de 10.30 a 13.30 h., organizada por Cepes "Xornada de Tributación na Economía Social. Novos retos para a economía social: a reforma laboral e outras novidades en materia social e fiscal". Imparten: Pilar Alguacil e Manuel Alegre. A xornada será en formato híbrido, presencial en Madrid e tamén en Streaming.  Ler máis


 


A cooperativa Metrópolis presenta o documental "Ciudad de la Selva"

A nosa socia, a cooperativa Metrópolis, presenta durante este mes de outubro un novo traballo audiovisual "Ciudad de la Selva". Fuxidos e Guerrilleiros nos Montes de Casaio, que conta a historia dos fuxidos do réxime franquista en torno á poboación galega de Casaio.

O documental saca á luz "a historia da derradeira fronte de batalla da guerra civil española. Tras a guerra civil, o conflito permanece vivo en moitas partes do Estado. Casaio é un destes lugares nos que conflúen guerrilla, forzas franquistas, falanxistas, espías internacionais e aldeáns; pero o único no que persiste unha fronte física de batalla até o ano 1946".
"Ciudad de la Selva supón o primeiro achegamento a esta historia oculta e tabú até agora, mostrándonos a realidade que se oculta tras o que, até hai apenas uns anos, era considerado practicamente un mito."

Este documental será presentado este mes en Redondela (día 7), A Rúa (días 11 e 12), Santiago de Compostela (día 13), Lugo (día 14) e Vigo (día 27).



 


Asóciate! A Unión fai a forza

Queremos estimular entre as cooperativas galegas o interese por asociarse a EspazoCoop, por integrarse na asociación de cooperativas máis grande de Galicia en canto a número de socias, que actualmente conta cunha rede de máis de 235 empresas cooperativas.

Asóciate! A Unión fai a forza quere contribuír a incrementar o nivel de afiliación das cooperativas galegas, e en todo caso aumentar a visibilidade e o coñecemento sobre o labor e a función da Unión no cooperativismo da comunidade. Ler máis


 



Axudas 

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas.  As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste enlaceAxudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).  


 




Licitacións 

Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).



 



 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Travesía de San José 10, Ent.A. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104, baixo, esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Taboada Leal 15, entreplanta. 36203|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO